Despois de tanto tempo, chegou o día tan esperado, a venta no mercado de Cambados. Os nosos alumnos e alumnas fixeron gala das súas competencias lingüísticas, matemáticas, do sentido de iniciativa, as habilidade sociais e cívicas, e así amosar o resultado de tanto tempo de traballo e preparación. Porque non se trataba so de fabricar produtos, ou de colaborar, como así o decidiron coas ONG de Cáritas e o Refuxio de Cambados. O programa ía moito máis alá. Aprenderon a facer actas, estatutoss, instancias, carteis publicitarios, a poñer etiquetas, a coidar o posto de venta, a pasar por un control de calidade cada produto ... En definitiva, a aplicar na vida real o que se ensina nos libros, nos pupitre, nas aular.Noraboa rapaces e rapazas.
Grazas a todas as familias que nos acompañaron, ao profesorado do centro, ao persoal e representantes do Concello, de Cáritas, do Refuxio, a toda a comunidade educativa que fai posible cada día esta realidade.
mércores, 12 de xuño de 2019
martes, 11 de xuño de 2019
Preparando a venta.
Estes días andamos a voltas co deseño dos carteis en ordenador para publicitar a venda de mañá no mercado de Cambados. Varios carteis xa quedaron colocados nos corredores do centro e algúns serán distribuídos hoxe pola tarde en algúns locais do pobo.
Ademais o director do centro e as presidentas das dúas cooperativas SA e FDA desplazáronse ata o Concello para recoller as autorizacións para o posto de venta e foron ao banco a pagar as taxas municipais correspondentes.
Unha das socias encargouse se supervisar o empaquetado de todos os produtos e a secretaria puxo ao día a contabilidade.
Con todo preparado, cos correspondentes identificativos e cos carteis distribuídos so queda coñecer as quendas de venda e serán as seguintes:

Invitámosvos a visitarnos!
Quendas
|
Caixeiros
|
Rexistro de ventas
|
Vendedor
|
Publicidade/
Loxística
|
10:00- 10:40
|
Mateo S
|
Maroa
|
Candela- David
|
Brais
|
10:40- 11:20
|
Carolina
|
Aldara
|
Martiño- Xabi
|
Olalla
|
11:20-12:00
|
Mencía
|
Iker
|
Vicki- Diego
|
Iago
|
12:00- 12:40
|
Mateo M
|
Gabriel
|
Gio
|
Pablo
|
12:40- 13:20
|
Irene
|
Mariña
|
Salomé
|
Nico
|
Pólvora, globos que se inchan sen soplar ...
Hoxe tivemos máis experimentos e un deles deixounos abraiados porque os dous nenos que o presentaron fixeron nada máis e nada menos que "pólvora" e ardeu de forma espectacular diante nosa.
Misterios das mesturas e as reaccións químicas que empezamos a estudar. Fascinante.
Outra das experiencias deu un resultado sempre chamativo pois vimos como inflar un globo sen soplar nadiña.
O experimento de Martiño quedou a medias e temos que seguir facendo hipóteses sobre cales serán as condicións idóneas para que flote a agulla. Aínda non o conseguimos, pero non imos abandoar!.
David, tamén conseguiu deixarnos coa boca aberta ao observar como a ausa sube soíña no vaso. Como o conseguiu. Recordades?
O experimento de onte de Iker a semana pasada tamén foi ben vistoso. Grazas ao mel, á auga e ao aceite vimos como se comportan os líquidos de diferentes densidades e onde se sitúan os sólidos que tentamos afundir: unha moeda, unha cenoria e un tapón de cortiza. Ti que cres ...?

mércores, 5 de xuño de 2019
Día Internacional do Medio Ambiente
Hoxe, grazas ao programa da Voz de Galicia "Prensa- escola" e ao xornal que recibimos todos os mércores, puidemos ler con detalle moitos dos artigos que nos falan da importancia do coidado do Medio Ambiente e volvemos recordar cando saímos a facer a limpeza das praias, a importancia de non tirar bolsas de plástico nas papeleiras abertas perto do mar, na importancia de non tirar lixo e de limpar o noso contorno polo noso propio ben ... e polo noso futuro.
venres, 31 de maio de 2019
O Libro Viaxeiro
Andamos xa cos últimos retoques para a entrega da edición deste ano do Libro Viaxeiro adicado a Xulio Verne. Nós traballamos co libro "Un capitán de quince anos" e démoslle unha voltiña ao mundo das viaxes que tanto lle apaixoou a Xulio Verne. Unha reflexión que nos fixo pensar en viaxes que van máis alá do turismo, o ocio, a aventura e que nos falan doutras viaxes máis cargadas de dor: a emigración, os refuxiados, os exiliados, as viaxes forzosas ás que someteron aos escravos noutro tempo ... ou tal vez neste?
Diseño de cartelería
Para preparar a publicidade que repartiremos polos establecementos de Cambados anunciando o mercado do vindeiro mércores, día 12, varios nenos e nenas andiveron dándolle voltas ao programa CANVAS de diseño por ordenador de carteis. Xa parecen proifesionais!
Sempre co logo corporativo. Recordade
Sempre co logo corporativo. Recordade
Operadores mecánicos
Gabriel presentounos hoxe unha impresionante roda dentada; unha sorprendente montaxe que permite observar con moita claridade e sinxeleza como se transmite o movemento. Moitas grazas, Gabriel.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)