Diario de aula

Xoves, 13 de maio de 2019

Matemáticas. Páxina 202 e 203. Repasade as fórmulas do cadrado, triángulo, círculo, rombo, polígono regular, rectángulo, o perímetro, a lonxitude da circunferencia, o nome das figuras planas e poliedros regulares, os tipos de triángulos... Repasade tamén como calcular a media, moda, mediana e rango, así como o cálculo de probabilidade. Repasade o cambio de unidades do SMD.  (40 min).


Castelán: Discurso de agradecemento. (20 min). O discurso será a base da vosa exposición oral de 2 minutos.



Mércores, 12 de maio de 2019

Matemáticas. Páxina 202 e 203. Todos agás os exercicios 6 e 10, xa están feitos.  (40 min).

Castelán: Discurso de agradecemento. (20 min). O discurso será a base da vosa exposición oral de 2 minutos.


Luns, 10 de maio de 2019


C. da Natureza. Estudar para o exame do martes  especialmente todas as definicións, repasade e repetide os esquemas e tratade de comprobar que respondedes correctamente ás preguntas que vos mesmos fixéstes. Fichas de repaso. (50 min)

Matemáticas. Páxina 203. Exercicio 10 (10 min). As sumas e as restas deben resolverse usando o método de produtos druzados e tamén o de m.c.m.



Venres, 7 de maio de 2019

C. da Natureza. Estudar para o exame do martes  especialmente todas as definicións, repasade e repetide os esquemas e tratade de comprobar que respondedes correctamente ás preguntas que vos mesmos fixéstes.  (60 min)


Xoves, 6 de maio de 2019, Día do Medio Ambiente


C. Sociais. Estudar para o exame do venres  especialmente todas as definicións, repasade e repetide os esquemas e tratade de comprobar que respondedes correctamente ás preguntas que vos mesmos fixéstes. Fichas de repaso. (60 min)



Mércores, 5 de maio de 2019, Día do Medio Ambiente

C. Sociais. Estudar para o exame do venres  especialmente todas as definicións, repasade e repetide os esquemas e tratade de comprobar que respondedes correctamente ás preguntas que vos mesmos fixéstes. (20 min)

Galego: Estudar a unidade 12 e os verbos. Escribide a ficha sen mirar e comprobade logo que tendes todo perfecto. Fixádevos ben nos acentos e moi especialmente no pluscuamperfecto de indicativo, para non confundilo co imperfecto de subxuntivo. (30 min)


English: Exercises. (10 min)

C. da Natureza. Preparamos o experimento e o informe sobre o mesmo para expoñer mañá.



Martes, 28 de maio de 2019

C.  da Natureza. Páxina 102, todos. Preparade o esquema que recolla as propiedades da luz que vimos hoxe  e outro sobre o calr (definición, aparato de medida. equilibrio térmico ... (40 min)

Castelán: Pensade en como resumir o conto que vos tocou representar cos títeres e como escribir os diálogos que lle corresponderán a cada personaxe.  Preparade tamén a exposición oral de dous minutos dun discurso de agradecemento que recolla a vosa hostoria persoal no CEP A Magariños. Practicade na casa a exposición oral  (10 min).

English: Exercises. (20 min)

Nota: Preparade os experimentos para a clase de C. da Natureza  e ide estudando os esquemas.



Luns, 27 de maio de 2019

C. Sociais. Lemos o tema completo, facemos o esquema correspondente e estudamos os termos propios do mundo empresarial. Preparamos o folleto publicitario da nosa empresa. (20 min)

Galego: Diario de aula: Robots. (20 min).

English: Exercises. (20 min)


Nota: Preparade os experimentos para a clase de C. da Natureza de mañá.


Venres, 31 de maio de 2019

C. Sociais. Lemos de novo e facemos o esquema sobre a definición de empresa e o tipo de empresa segundo o número de traballadores ou segundo o tipo de organización. Revisamos o mundo da publicidade. Estudamos o tema. Exercicios da páxina 131. O luns recollerei as libretas para puntuar. A vindeira semana teremos o control. Preparamos o cartel ou folleto publicitario sobre a nosa cooperativa (20 min)

Matemáticas: Ficha. (20 min)


C. da Natureza. Preparamos o experimento e o informe sobre o mesmo para expoñer martes. (20 min)


Xoves, 30 de maio de 2019

C. da Natureza. Páxinas94, 95 e 96. Esquema sobre as reaccións químocas (definición, fórmula e tipos con debuxos e exemplos; Definición de luz e propiedades da luz. Exercicios 8 e 9. Preparamos o experimento e o informe sobre o mesmo para expoñer luns. (20 min)

Galego: Páxina 181, exercicios 4 e 5. Páxina 183, exercicios 1, 4, 5 e resumo. (30 min) Estudade o resumo e que son os arcaismos.


English: Exercises. (10 min)


Mércores, 29 de maio de 2019

C. Sociais. Lemos de novo e facemos o esquema sobre os departamentos que ha de ter unha empresa.Estudamos o tema. A vindeira semana teremos o control. Preparamos o cartel ou folleto publicitario sobre a nosa cooperativa (20 min)

Matemáticas: Páxinas 188 e 189, exercicios 2, 3 e 4. (20 min)

C. da Natureza. Preparamos o experimento e o informe sobre o mesmo para expoñer mañá. (20 min)


Martes, 28 de maio de 2019

C. da Natureza. Lemos de novo e facemos o esquema sobre os seis métodos de separación da materia así como dos dous tipos de cambis (físicos e químicos e as características de cada un deles) Hai que memorizar, e polo tanto, repetir, repetir e repetir algúns dos conceptos propios do tema: densidade, flotabilidade, decantación, destilación, filtración evaporación condensación. etc. Cada día estudamos un pouco,; do contrario non dominaremos cada un deles cando tñamos que expoñer. Recordade que cada experimento virá acompañado do seu respectivo informe escrito cun mínimo de cinco pácxinas no que se ha de apreciar o dominio da materia. O informe terá estas partes: índice, introdución ou plantexamento do problema, hipótese que manexamos, experimentación (materiais e proceso), conclusín e explicación correspondente e por último a bibliografía empregada (cando usamos internet hai que escribir a referencia exacta da páxina consultada). Adiante.Os experimentos están quedando ben bonitos. Facede os exercicios da separación de mesturas no caderno xunto cos esquemas.(20 min)

Galego: Busca no diccionario (analóxico ou dixital) a significado dos seguintes termos e escribe as definicións no caderno: viaxe, exiliado, refuxiado, turista, inmigrante.. (32 min).

English: Exercises. (10 min)

Matemáticas: Lede a información que tedes no texto sobre probabilidade para podela explicar na clase oralmente con exactitude.  


Luns, 27 de maio de 2019

C. Sociais. Lemos o tema completo, facemos o esquema correspondente e estudamos os termos propios do mundo empresarial. Preparamos o folleto publicitario da nosa empresa. (20 min)

Galego: Carta ao amigo do instituto que nos escicribiu a carta explicándolle que vimos e as nosas impresións sobre o instituto neste día; o que máis nos gustou, o que nos preocupa... Instancia para a alcaldesa de Cambados na que, despois de expoñer os argumentos que consideramos oportunos , solicitamos permiso para a venta no mercado o 12 de xuño e tamén o permiso para poñer a publicidade. (30 min).

English: Exercises. (10 min)


Nota: Preparade os experimentos para a clase de C. da Natureza de mañá.


Venres, 24 de maio de 2019

Matemáticas
 Rematamos os exercicios. (30 min)

C. Sociais. Lemos o tema completo, facemos o esquema correspondente e estudamos os termos propios do mundo empresarial. Preparamos o folleto publicitario da nosa empresa. (20 min)


Galego: Texto libre sobre a venta no mercado de Vigo. Poema ou noticia sobre Mónica Varela e a poesía. (10 min)



Xoves, 23 de maio de 2019

C. da Natureza
  Lemos as páxinas traballadas na aula, facemos un esquema na libreta e aprendemos a definición de materia, as características específicas, os Estados e especialmente os cambios de estado. Tamén a diferenza entre substancias puras  e mesturas. (10 min)

C. Sociais. Lemos as páxinas 132 e 133 sobre a publicidade e pensamos como preparara o folleto publicitario da nosa empresa. (20 min)

Galego: Texto libre sobre a venta no mercado de Vigo. Poema ou noticia sobre Mónica Varela e a poesía. (30 min)





Mércores, 22 de maio de 2019

C. Sociais
:  Lemos as páxinas 128 e 129, facemos un esquema na libreta e tratamos de aprendelo diferenciando os tipos de gasto e como podemos gardar os aforros. Lemos as páxinas 132 e 133 sobre a publicidade e pensamos como preparara o folleto publicitario da nosa empresa. (10 min)

Castelán: Páxina 197, exercicios  7, 8 e 9 e preparación do ditado  "El mito de las sirenas". Estudamos o recadro das normas de puntuación. (10 min)


English: Study for exam. (40 min)



Luns, 20 de maio de 2019

Matemáticas
:  Páxina 181, exercicio 1, 2; páxina 182, exercicios 1, 2 e 3; páxina 183, exercicios 1 e 2; páxina 184, exercicios 1 e 2. Se tendes dúbidas relede a teoría que vos aparece nos recadros azuis do texto. O mércores revisarémolos. (45 min)

English: Exercises and study for exam. (15 min)


Luns, 13 de maio de 2019

Galego:  Aprendemos o himno galego e lemos a lectura da unidade 12. (30 min). Volvede a estudar os verbos.


Música: Estudade a letra da canción do Carro e o himno galego.

English: Pupil´s Book, page 6, exercise 3. (15 min)



Venres, 10 de maio de 2019

C. Sociais:  Lemos e estudamos o sectores de produción en España e en Europa e repasamos o tema completo. Recoméndovos que fagades un mapa mental co que aprendemos hoxe na clase sobre o sector terciario e revisedes os mapas mentais que xa fixéchedes sobre os sectores primario e secundario. Un último paso sería facer un último mapa mental  que recollese a información fundamental sobre os tres sectores. Logo queda repetir, repetir e repetir para memorizalo e explicalo mellor. O luns teremos o exame deste tema (30 min).

Música: Estudade a letra da canción do Carro.



Xoves, 9 de maio de 2019. Día de Europa

Galego:  Temos que escribir tres textos en lingua galega e ilustralos axeitadamente. O primeiro terá formato de diario e versará sobre o Concerto didáctico no Auditorio e a nosa vivencia do mesmo. O segundo terá formato de texto informativo (noticia ou artigo de opinión) e tratará sobre a charla que nos ofreceu Antón Mascato arredor da figura de Antonio Fraguas, como mínimo aportaredes catro datos relevantes sobre este autor e algunha  das reflexións sobre as que nos fixo pensar. Por último falaremos da montaxe do carro e escolleremos o formato carta, de xeito que lle expliquemos a algún dos amigos ou coñecidos que aprendemos pola mañá sobre as partes do carro, a súa montaxe, as ferramentas coas que se constrúe, a maneira de guialo, o tipo de madeira coa que se fai ... , podemos tamén comentarlle algo sobre a canción que estamos a preparar para o Día das Letras Galegas.(45 min).


Música: Estudade a letra da canción do Carro.


Matemáticas: Repasade os conceptos matemáticos que mañá tendes que demostrar que dominades: tipos de ángulos (agudos, obtusos, rectos, complementarios, suplementarios, adxacentes, opostos polo vértice ...) tipos de triángulos (equiláteros, escalenos, isósceles, acutángulos ...), tipos de cuadriláteros e corpos xeométricos; áreas do cadrado, do triángulo, do círculo de calquera polígono regular; volumes de ortoedros, cubos, cilindros...; a escala no plano, os eixos de oordenadas, a simetría, a traslación e os xiros, a posición das rectas a respecto da circunferencia (tanxentes, secantes ...), os elementos dun círculo e dunha circunferencia (sector circular, segmento circular, coroa,; corda, arco, diámetro, centro, radio ... . .Xa sabedes: repetir, repetir e repetir debuxando moito. No exame deixareivos usar as fórmulas para calcular áreas e volumes de corpos xeométricos, pero non as de un polígono regular, dun triángulo, dun círculo ...(15 min)




Mércores, 8 de maio de 2019. 

C. Sociais:  Lemos e estudamos o sector terciario en España e en Europa e repasamos o tema completo. Recoméndovos que fagades un mapa mental co que aprendemos hoxe na clase sobre o sector terciario e revisedes os mapas mentais que xa fixéchedes sobre os sectores primario e secundario. Un último paso sería facer un último mapa mental  que recollese a información fundamental sobre os tres sectores. Logo queda repetir, repetir e repetir para memorizalo e explicalo mellor. O luns teremos o exame deste tema (30 min).

Música: Estudade a letra da canción do Carro.



Matemáticas: Problemas 11, 12 e 13. Non tendes que escribir os enunciados desta volta, Facede os debuxos, colocade os datos, escribide a fórmula remarcada e logo procedede como na aula poñendo os datos paso a paso no lugar correspondente que a fórmula vos indica. É imprescindible escribir sempre as unidades en todos os pasos que imos dando. As operacións deben estar escritar no caderno e sin borrar dado que é fundamental repasar constantemente a multiplicación e a división con decimais. (30 min). 




Martes, 7 de maio de 2019. 

Matemáticas. .Estudade o vocabulario propio deste tema: tipos de triángulos e cuadriláteros, diferenza entre poliedros e corpos redondos, entre poliedro e pirámide, poliedros regulares e os seus nomes, tipos de ángulos e a diferenza entre suplementarios, complementario, adxacentes, obtusos, agudos; posicións entre circunferencias e recta (tanxente, secante, exterior) simetrías, traslacións ... Son moitas palabras que xa estudáchedes en cursos anteriores, pero que non podedes confundir. Unha boa parte do exame do venres será de vocabulario. Recoméndovos que fagades os debuxos vós e poñades os nomes de cada figura sen copiar para logo comprobar que os tendes dominados. (30 min).

Música: Estudade a letra da canción do Carro.(5 min)

Castelán: Lede a lectura da unidade 12. Pensade como resumila en seis oracións sinxelas e moi breves. Mañá traballaremos sobre a mesma (10 min)


English: Exercises  (15 min). 


Luns, 6 de maio de 2019. 

C. Sociais: Páxinas 109, exercicios 16, 17, 18, 19 e 20. Páxina 110- todos.  (45 min). Lemos e estudamos o sector terciario. Recoméndovos que fagades un mapa mental co que aprendemos hoxe na clase sobre o sector secundario para memorizalo e explicalo mellor.

Música: Estudade a letra da canción do Carro.


English: Pupil´s Book, page 64, exercises 1, 2 & 3 (15 min). 


Venres, 3 de maio de 2019. 

Interdisciplinar:  Acordádevos de rematar o folleto informativo sobre a cooperativa.(30 min).

Música: Estudade a letra da canción do Carro (10 min).
Plástica: Traede os materiais que poidades precisar para seguir realizando os traballos da cooperativa.

C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía así como a diferenza entre as necesidades básicas e secundarias.Lemos e estudamos as páxinas 104 e 111. (20 min). Aprendemos as características dos sectores primario e secundario en España e en Europa. Para que vos sexa máis doado estudar e recordar, ademais de repetir, repetir e repetir, debedes facer un esquema ou un mapa mental que recolla o que debedes aprender. O facerdes os debuxos axudaravos a recordar e diferenciar zonas e características de cada unha.


Xoves, 2 de maio de 2019. 

Linguas: Repaso final do tema 11. Memorizade o resumo, revisade as actividades, asegurádevos de que sabedes ben a diferenza de cada tipo de oracións, e de que sabedes como identificar as oracións pasivas ou como pasar oracións activas a pasivas e viceversa. Mañá faremos o exame de castelán.(30 min). Acordádevos de rematar o folleto informativo sobre a cooperativa.

Música: Estudade a letra da canción do Carro (15 min).
Plástica: Traede os materiais que poidades precisar para seguir realizando os traballos da cooperativa.

C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía así como a diferenza entre as necesidades básicas e secundarias.Lemos e estudamos as páxinas 104 e 105. (15 min). Aprendemos as características do sector primario en España e en Europa.


C. da Natureza: Ide pensando os experimentos que queredes presentar na clase relacionados con reaccións químicas, as propiedades da materia e os cambios de estado, propiedades da luz, a cor ou o son.Os traballos poden ser individuais ou en pequeno grupo.




Martes, 30 de abril de 2019. 

Linguas: Repaso final do tema 11. Memorizade o resumo, revisade as actividades, asegurádevos de que sabedes ben a diferenza de cada tipo de oracións, e de que sabedes como identificar as oracións pasivas ou como pasar oracións activas a pasivas e viceversa  Xoves faremos e exame do tema 11 e o venres faremos o de castelán.(30 min). Acordádevos de rematar o folleto informativo sobre a cooperativa.

Música: Estudade a letra da canción do Carro (15 min).
Plástica: Traede os materiais que poidades precisar para seguir realizando os traballos da cooperativa.

C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía así como a diferenza entre as necesidades básicas e secundarias.Lemos e estudamos as páxinas 104 e 105. (15 min). 

C. da Natureza: Ide pensando os experimentos que queredes presentar na clase relacionados con reaccións químicas, as propiedades da materia e os cambios de estado, propiedades da luz, a cor ou o son.Os traballos poden ser individuais ou en pequeno grupo. 



Luns, 29 de abril de 2019. 

Galego: Páxinas 168- 169 Estudar as normas de uso deo punto e coma e dos puntos suspensivos. Realizade todos es exercicios agás o 5. (30 min). Xoves faremos e exame do tem a11 e o venres faremos o de castelán.

Música: Estudade a letra da canción do Carro (15 min). Traede fiunchoe pampulllos para facer o maio mañá.

C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía así como a diferenza entre as necesidades básicas e secundarias.Lemos e estudamos as páxinas 104 e 105. (15 min). 

Venres, 26 de abril de 2019. 

Linguas: Pensade rimas para cantar no maio. Rematade os exercicios de castelán: Páxina 179, exercicios do 6 ao 12. (15 min). Luns faremos o exame dos verbos en castelán.



C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía. (15 min). 

Matemáticas: Páxina 176, exercicios 8 e 9, páxina 177, exercicio 12, so a parte das áreas (cos debuxos coloreados, sempre escribindo a fórmula e as unidades paso a paso). (30 min)

Música: Estudade a letra da canción do Carro (15 min)


Xoves, 25 de abril de 2019. 

Linguas: Noticia sobre o teatro de Inglés. Mínimo 15 liñas. (15 min). Ide pensando no poema para o Latexo das Verbas. Ha de falar dende o voso interior, das vosas emocións, do que sentides, do que esperades e queredes.

Matemáticas: Páxina 171, exercicios 1 e 2 (cos debuxos coloreados). (15 min)


C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía. (15 min). 


Música: Estudade a letra da canción do Carro (15 min)

Voluntario: O traballo na cooperativa.Gozade coa lectura (15 min)


Mércores, 24 de abril de 2019. 

C. Sociais. Lemos e estudamos cales son os axentes económicos e os factores que inciden na economía. (5 min). 

Linguas: Estudade  os verbos. Mañá teremos a proba dos verbos de galego. (15 min)

Matemáticas: Páxina 170, exercicios 1 e 2 (cos debuxos coloreados). (15 min)

C. da Natureza. Estudade as definicións e o mapa mental sobre estruturas, máquinas simples e operadores mecánicos das máquinas compostas. O exame será mañá (20 min). 

Música: Estudade a letra da canción do Carro (5 min)







Martes, 23 de abril de 2019. Día do Libro


C. da Natureza. Fichas. Facede o mapa mental sobre estruturas, máquinas simples e operadores mecánicos das máquinas compostas. O exame será o xoves (20 min). 

Linguas: Seguide repasando os verbos. O xoves teremos a proba. (20 min)
Lede e pasade unha marabillosa tarde gozando dun bo libro. Si vos apetece descubrir de que trataba e comoremataba aaventura á que ía enfrontarde D. Quijote e que tiña atemorizado a Sancho, seguide esta  ligazón :   El Quijote, capítulo XX

Voluntario: Noticia ou páxina de diario sobre o Día do libro e as nosas Tacitas Literarias. (10 min)

English: Exercises (10 min)





Xoves, 11 de abril de 2019

Matemáticas. Páxina 167, exercicios 1 e 2. (10 min). 


Linguas: Valoración do 2º trimestre
Voluntario: Noticia ou páxina de diario sobre o Teatro Caracol e a conferencia por Skype con Amaya (desde Asturas) sobre a  cooperativa. (10 min)

English: 6 woksheets. Activity Book. Page 55, exercises 1,2 3; page 56:  1, 2; and page 57:  2 (40 min)



Mércores, 10 de abril de 2019

Matemáticas. Páxina 165, exercicios 1 e 2. Páxina 166, exercicios 1, 2 e 3 (30 min). En cada un dos exercicios tendes que facer o debuxo, escribir a fórmula e indicar as unidades de medida nas operacións e no resultado

Linguas: Valoración do 2º trimestre (dous folios mínimo (30 min).



Martes, 9 de abril de 2019

Castelán. Lede a lectura da unidade 11 "Un navío majestuoso", pensade en como resumila en seis oracións sinxelas e mirade as actividades de comprensión da lectura. Mañá faremos a proba de cronolectura.  Estudade que son os estranxeirismos e as técnicas publicitarias das que vos fala o texto na páxinas 182 e 183. Responde no caderno ás actividades da páxina 183 (30 min)

C. da Natureza: Estudade as características e tipos de estruturas, os seis tipos de máquinas simples e os catro tipos de operadores mecánicos das máquinas compostas. Moitas delas xa as coñecedes pero para que non vos quede ningunha atrás preparade un mapa mental para expoñer na clase. (20 min) Recordade que nun mapa mental a prioridade son as imaxes e que ha de ter pouco texto; so as palabras claves a estudar. (20 min)



Música: Practicade a frauta. (10 min)



Luns, 8 de abril de 2019

Linguas. Rematar ou pasar a limpo os escritos pendentes: Xinfu, Autismo, Entrevista, Aves, Deputación, Rosalía, Entroido, Paz ...


Música: Practicade a frauta. (10 min)



Venres, 5 de abril de 2019

Linguas. Rematar ou pasar a limpo os escritos pendentes: Xinfu, Autismo, Entrevista, Aves, Deputación, Rosalía, Entroido, Paz ...

Música: Practicade a frauta. (10 min)




Xoves, 4 de abril de 2019

Plástica. Rematar as láminas incompletas dos praballos que non rematáchedes na clase..

Linguas. Rematar ou pasar a limpo os escritos pendentes: Xinfu, Autismo, Entrevista, Aves, Deputación, Rosalía, Entroido, Paz ...


English. Exercises. (10 min)

Música: Practicade a frauta. (10 min)

Interdisciplinar: Ide rematando as exposicións orais. Mañá empezaremos cos diferentes grupo.



Mércores, 3 de abril de 2019

C. da Natureza: Fichas de repaso da unidade. Podedes respondelas ou non, pero escribir as respostas axudaravos máis a reter a información. Intentade respondelas primeiro sen buscar a información no libro. Logo comprobade pregunta a pregunta que as vosas respostas foron correctas. Repetide os esquemas, especialmente os dos hábitos saudables. Recordade que é fundamental dominar os pasos a seguir para aplicar os primeiros auxilios  en feriras, queimaduras, picaduras, torceduras, insolación .... (60 min)

Nota: Revisade tamén os escritos que tendes na casa para pasar a limpo, porque esta semana teñen que estar todos entregados.


Martes, 2 de abril de 2019

Interdisciplinar. Escribide un texto argumentativo, no idioma que queirades, sobre as persoas con autismo e como podemos axudarlles. No primeiro parágrafo falade do acto de hoxe e  facede unha proposta sobre o que podemos facer para que as persoas con autismo  se sintan mellor con nós . Nos seguintes parágrafos explicade os argumentos que defenden a vosa tese, a vosa proposta. No último parágrafo escribide unha conclusión que resuma a proposta e os argumentos que fixéchedes. (15 min)
 Como sempre o texto terá un mínimo de 15 liñas, título destacado ...


C. Sociais: Fichas de repaso da unidade. Podedes respondelas ou non, pero escribir as respostas axudaravos máis a reter a información. Intentade respondelas primeiro sen buscar a información no libro. Logo comprobade pregunta a pregunta que as vosas respostas foron correctas. Repetide os esquemas e a liña do tempo. (45 min)


Luns, 1 de abril de 2019

Castelán. Estudade as unidades 9 e 10. Recoméndovos que fagades as actividades finais de cada tema e a autoavaliación, polo memos oralmente. Con todo sempre o recordaredes mellor se o escribides. (30 min)

English: Exercises (10 min).


C. Sociais: Estudar a liña do tempo do século XX. Teremos o exame da historia contemporánea, século XX  o mércores. 

Interdisciplinar: Escrtibide un texto no idioma que queirades e en formato libre sobre Adrián Morgade (Mínimo 15 liñas). Sorprendédeme! ( 15 min)


Venres, 29 de marzo de 2019

Galego. Estudade as unidades 9 e 10. Recoméndovos que fagades as actividades finais de cada tema e a autoavaliación, polo memos oralmente. Con todo sempre o recordaredes mellor se o escribides. (30 min)


C. Sociais: Páxina 87, exercicios 30, 31 e 32 . Páxina 91, todos. Non tendes que escribilos, so lédeos a buscade a resposta no libro se non a sabedes. Realizade  de novo a liña do tempo cos novos datos e estudádea.  Facede un esquema  ou un mapa mental que recolla as 10 características da sociedade española actual das que falamos na clase. Ide colocando debuxos que vos axuden para aprender a liña do tempo do século XX. Teremos o exame da historia contemporánea, século XX o vindeiro mércores. (30 min)


Xoves, 28 de marzo de 2019. 

Galego. . Páxina 151, exercicios 4 e 5, páxina 153 , última oración do exercicio 2, exercicios 4 e 5 (15 min).

C. da Natureza: Estudar  o tema completo. Realizar e completar o esquema das páxinas 76 e 77 coa información do texto e realizar os exercicios as páxinas 78 cos debuxos correspondentes. recoméndovos facer esquemas parciais que recollan os datos dos avances científicos que permitiron a mellora na esperanza de vida ( alimentos, médicos ...) e a parte relacionada co alcohol e o tabaco, as drogas que conteñen e os órganos aos que lles afecta.  (40 min)

Música: Ide rematando as ppt que tendes que presentar para música Practicade na frauta a canción de yellow submarine.(5 min).


Mércores, 27 de marzo de 2019. Día Mundial do Teatro

Matemáticas. Páxina 159, exercicios 11 e 12 (30 min).

C. Sociais: Estudar  as páxinas 84, 86 e 87. Debuxade de novo a liña do tempo cos novos daros e estudádea.  Ide colocando debuxos que vos axuden para aprender a liña do tempo do século XX. Teremos o exame da historia contemporánea, século XX o vindeiro luns. (20 min)

Música: Ide rematando as ppt que tendes que presentar para música Practicade na frauta a canción de yellow submarine.(10 min).



Martes, 26 de marzo de 2019

Caslelán. Páxina 159, todos (30 min).

Galego: Páxinas 153, exercicios  2,  3, 4 e 5 (20 min)


English: Exercises (10 min).


Luns, 25 de marzo de 2019

Matemáticas. Páxina 158, todos (40 min).

Galego: EPáxinas 142- 143, exercicios 1, 2 e 3 (10 min)

English: Exercises (10 min).

C. Sociais: Estudar a liña do tem`po do século XX. Teremos o exame da historia contemporánea, século XX o vindeiro luns. 


Venres, 22 de marzo de 2019

Matemáticas. Páxina 154, todos (30 min).

Castelán: Exercicios de ortografía  Uso de coma e punto e coma. Todos (20 min)

C. Sociais: Estudar de novo provincias e Comunidades Autónomas. Ide practicando de novo cos mapas interactivos. (10 min)





Xoves, 21 de marzo de 2019, día da Síndrome de Down e día internacional da poesía

Matemáticas. Páxina 152, exercicio 2 e 3. (15 min).

C. Sociais: Estudar de novo os países e capitais dos países da UE as súas institucións, representantes e sedes. O venres volverei preguntarvolo nun pequeno control. Cubride a ficha sobre a UE despois de estudar países e capitais, anos de incorporación á UE, institucións, sedes e tratados. A A ficha que ten o equema co resumo da unidade 4 tendes que facela íntegra no caderno (esquema incluído). Ide practicando ademais cos mapas interactivos. (45 min)

http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/europ_union2e.html





Música: Ide rematando as ppt que tendes que presentar para música pois teñen que estar entregadas todas a vindeira semana.

Mércores, 20 de marzo de 2019

Matemáticas. Páxina 150, exercicio 1. (15 min).

C. Sociais: Estudar de novo os países e capitais dos países da UE as súas institucións, representantes e sedes. O venres volverei preguntarvolo nun pequeno control. Cubride a ficha sobre a UE despois de estudar países e capitais, anos de incorporación á UE, institucións, sedes e tratados. A A ficha que ten o equema co resumo da unidade 4 tendes que facela íntegra no caderno (esquema incluído). Ide practicando ademais cos mapas interactivos. (45 min)


Música: Ide rematando as ppt que tendes que presentar para música pois teñen que estar entregadas todas a vindeira semana.


Luns, 18 de marzo de 2019

Matemáticas. Páxina 161, exercicio 4. (20 min).

Galego:  Páxina 137, exercicios 3, 4, 5 e 6. (10 min)

English: Exercises (20 min)

C. Sociais: Estudar de novo os países e capitais dos países da UE as súas institucións, representantes e sedes. O venres volverei preguntarvolo nun pequeno control. Tamén  tendes que repasar de novo provincias de España e Comunidade Autónomas. Polo tanto ide practicand de novo cos mapas interactivos. (10 min)

Música: Ide rematando as ppt que tendes que presentar para música pois teñen que estar entregadas todas a vindeira semana.


Venres, 15 de marzo de 2019


Casteláns. Páxina 140, todos, agas o  11 (60 min).


Xoves, 14 de marzo de 2019


Educación Física. Traballo en equipo ou individual para elaborar a normativa do xogo que inventáchedes na clase. Tipo de texto: instrutivo. (60 min).


Mércores, 13 de marzo de 2019

Matemáticas. Páxina 142, todos (60 min).



Martes, 12 de marzo de 2019

Galego. Páxina 138- 139, todos (20 min).

C. da Natureza
. PEstudar o procedemento de actuación e primeiros auxilios, páxinas 72  (10 min)


English: Pupil´s Book, page 48, exercise 3. Interrogative sentences  Notebook (10 min)

Castelán: Estudar as unidades 7 e 8 para o exame de mañá, especialmente a ortografía, os enlaces e os tipos de suxeito  (20 min)



Luns, 11 de marzo de 2019

Matemáticas. Páxina 138, exercicio 2 e páxina 142, exercicio 6 (10 min).

C. Sociais
. Páxina 80, exercicio 12 completo, exercicio  13, preguntas a e b (Non hai que debuxar os mapas pero si estudar os apartados que explican a zona sublevada ou a nacional). Páxina 81, exercicios 14  e 15   (40 min)


English. Exercises. (10 min)



Xoves, 7 de marzo de 2019

Galego. Noticia. Entroio. Te des que entregar o borrador e o texto en limpio xa mellorado.

Castelán. Páxinas 128 e 129, Todos (30 min)

English. Exercises. (10 min)


1 de marzode 2019
Clasifica 
Nota: Preparade as unidades 7 e 8 de galego e de castelán porque teremos as probas de control á volta do Entroido. Estudade ben as normas de ortografía e preparade os ditados con algún dos maiores ata non terdes ningún erro. O demáis xa o facedes moi 1ben. Recordade que tendes que darlle un bo repaso aos tempos verbais porque unha boa parte do exame será de novo sobre os verbos.

Polo demais, pasádeo moi ben nestes días do Entroido.


Xoves, 28 de febreiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 136. Exercicio 1 e copiado da táboa. (20 min).

Galego: Texto instrutivo. Podedes escoller dous temas: disfrace ou atrapasoños.  O texto ha de ter catro partes, unha introdución na que expliquedes o porqué ides falar dese tema, un apartado cos materiais, outro enumerando paso a paso o proceso de elaboración e unha última parte coa valoración persoal sobre o traballo realizado. O texto virá acompañado dun debuxo ou varias viñetas tipo cómic que expliquen o proceso. (40 min)


Nota: Mañá podedes traer ao cole para compartir orellas, filloas e doces propios do Entroido.



Mércores, 27 de febreiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 135. Resolvemos todos os problemas recordando que so podemos facelos cando todos os datos os poñemos na mesma unidade. Escribide  os enunciados completos, os datos, as operacións, a solución e un debuxo esquemático que vos axude a entender que vos piden (se o precisades). Rematade o plano da clase no papel milimetrado tendo en conta as indicacións da clase de hoxe. (50 min).

Castellano: Páxina 127, rematamos os exercicios ata o 9 (10 min)

Nota: Os alumnos que poidan e así o desexen poden vir hoxe pola tarde entre as cinco e media e as oito para confeccionar o disfrace de Entroido.



Martes, 26 de febreiro de 2019

Galego:  Reportaxe de dúas páxinas como mínimo. Unha parte será informando do que aconteceu no día de hoxe coa viaxe á Deputación. Haberá polo menos tres parágrafos de ampliación nos que informaremos sobre o traballo que estamos a realizar na cooperativa, os pasos que demos, o que imos facer ... Tamén podemos sinalar aspectos que nos chamaron a atención do traballo de  outros centros e que podemos incorporar para mellorar o nosos. Por útimo escribiremos un mínimo de cinco liñas que recollan a nosa opinión e valoración sobre esta experiencia.. (30 min).


C. da Natureza: Aprendemos que é saúde, enfermidade, síntoma, signo e aquelas enfermidades producidas por viros ou producidas por bacterias. (15 min)


Luns, 25 de febreiro de 2019

Galego:  Páxina 122- 123. Todos. Exercicios sobre o suxeito léxico e gramatical. (30 min).

C. Socias: Páxina 79. Todos. Exercicios sobre España no século XX. No último exercicio faredes unha estrevista nun folio a unha persoa maior sobre a súa infancia, os xogos, a escola, a igrexa, a rúa, a televisión, o que pasaba no gonerno de España e de Galicia naquel tempo. (30 min)



Matemáticas:  Páxina 133, exercicio 1 e copiado da táboa, páxina 134, exercicio 1-  Rematade a plano da clase no papel milimetrado. (15 min).

Nota: Acordádevos de traer os rolos de papel para facer maceteiros mañá

Venres, 22 de febreiro de 2019

Galego:  Diario: Día de Rosalía e visitá á exposición no Concello. Tendes que escribir unha páxina de diario na que relatedes a experiencia de hoxe na conmemoración do día de Rosalía de Castro e a posterior visita á exposición no Concello encol da igualdade da muller. Recordade que tendes que presentar  nun folio a maiores un debuxo que represente unha das imaxes que máis vos impactaron na exposición.  A páxina do diario terá tamén unha  pequena ilustración relacionada co acto de Rosalía de Castro. (50 min).

C. Sociais: Buscade información sobre a parte da historia do século XX que queredes expoñer en grupo na clase no vindeiro mes de marzo. (10 min)


Matemáticas: Rematade a plano da clase no papel milimetrado. Tendes que entregalo luns.


Interdisciplinar: Houbo varios nenos que se responsabilizaron, na asamblea de hoxe, de mercar os materiais que imos precisar para a elaboración dos produtos na cooperativa. Acordádevos de que é indispensable traer o recibo da compra.

Familias: Prégase ás nais e pais do alumnado que participen na enquisa sobre a convivencia escolar entrando na páxina de convives.gal, no apartado de Convivencia 2015, ligazón convivenciaxestion e na parte de familias. Grazas.


Xoves, 21 de febreiro de 2019

Galego:  Páxina 121 , exercicios 3, 4 e 5. (10 min). Preparade as propostas para o programa de radio que ides facer en equipo. Empezaremos a vindeira semana cos programas. (10 min).

C. da Natureza.: Buscade información sobre a enfermidade que ides propoñer para preparar en grupo. Recordade que tendes que presentar a información en cartolina e tamén en ppt a mediados de marzo. (20 min)


Matemáticas: Rematade a plano da clase no papel milimetrado. Tendes que entregalo mañá. (20 min). 


Mércores, 20 de febreiro de 2019


C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XX.  Completade o esquema que tiñamos na pizarra e que recolle as catacterísticas políticas, económicas, sociais e culturais que comentamos na clase. (20 min)

Matemáticas: Completade o plano da clase coas medidas a escala. Revisade os exercicios para o exame de mañá. (30 min)

Interdisciplinar: Ide aprendendo a copla de Entroido e practicádea coa música ata sabervola ben.  (10 min)



Martes, 19 de febreiro de 2019

Galego:  Páxina 114 , exercicios 4 e 5. (10 min)

C. da Natureza.: Estudar o esquema e ler o tema 4 completo. (20 min)

Matemáticas: Páxina 128 exercicios do 1 ao 7. (30 min). Xoves,  exame.


Luns, 18 de febreiro de 2019

Galego:  Páxina 108 e 109, 1, 2, 3 e 5. (20 min)

C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XX.  Completade o esquema que tiñamos na pizarra e que recolle as catacterísticas políticas, económicas, sociais e culturais que comentamos na clase.  (20 min)


English: Pupil´s Book, page 44, exercise 2, 3. Activity Book, page 42, exercise 1 & page, 43, exercises 1,2  & 3. Worksheet, page 11. (20 min)

Interdisciplinar: Preparade a roupa que vaiades precisar para o disfrace de Entroido


Venres, 15 de febreiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 128, exercicio 8 e páxina 129 exercicio 9. (40 min)

Galego: Crea a letra para o Entroido coa música de Star Wars ou Odisea no Espazo  (20 min)



Xoves, 14 de febreiro de 2019

Galego:  Páxina 107, todos. (10 min)

C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XIX.  Completade o esquema que tiñamos na pizarra e que recolle as catacterísticas políticas, económicas, sociais e culturais que comentamos na clase. (Acordádevos de introducir no esquema o Rexurdimento e os seus representantes). Recordade que tendes que investigar sobre un personaxe importante do século XIX. Teremos o exame mañá venres. (30 min)


English: Pupil´s Book, page 44, exercise 1. Activity Book, page 40, exercise 2, 3 & page, 41, exercises 1,2  & 3. Worksheet, page 10. (20 min)


Mércores, 13 de febreiro de 2019

C.Sociais: Fichas. Estudiar, repetir os esquemas, buscar información  sobre os impresionistas, sobre a desamortizacón de Mendizábal, sobre a abolición da escravitude en España ... Facede de novo a liña do tempo cos principals acontecementos .. 


Martes, 1 de febreiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 123, todos e o de razoamento. (20 min)


Interdisciplinar: Escribir unha reportaxe sobre a cetrería. Ha de ter varias partes, a primeira informativa relatando o acontecido hoxe no colexio, a segunda de ampliación con información detallada sobre algunha das aves, polo que podemos consultar a información en libros, enciclopedias ou en internet e  por último un parágrafo dun mínimo de cinco liñas que  recolla a vosa opinión sobre a actividade da cetrería e a súa importancia. Mínimo de dous folios. A presentación virá coidada e con algún debuxo. Acordádebos de poñer un encabezado que destaque e de poñer debaixo do encabezado o nome do xornalisa e o lugar dende o que escribe.(40 min)




Luns, 11 de febreiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 122, exercicio 2. (20 min)

C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XIX.  Completade o esquema que tiñamos na pizarra e que recolle as catacterísticas políticas, económicas, sociais e culturais que comentamos na clase. (Acordádevos de introducir no esquema o Rexurdimento e os seus representantes). Ficha. Teremos o exame o vindeiro venres. (20 min)


C. da Natureza: Estudar para o exame de mañá. (10 min). Ollo cos nomes de gameto, cigoto, feto, embrión, libramento, implantación, fecundación ...


English: Study for exam (10 min)



Venres, 8 de febreiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 121, exercicio 3. (10 min)

C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XIX. Tema completo. Estudade os esquemas da libreta e intentade facelos sen mirara. Teremos o exame o vindeiro venres. (30 min)

C. da Natureza: Estudar para o exame do martes. (20 min). Ollo cos nomes de gameto, cigoto, feto, embrión, libramento, implantación, fecundación ...


Xoves, 7 de febreiro de 2019
Galego: Páxina 10 5, exercicios 4 e 5. (1O min) 

English: Activity Book. Page 41, exercise 2. Page 43, exercises  1 & 2 (10 min) 

C. da Natureza: Páxina 60, todos. (40 min) .



Mércores, 6 de febreiro de 2019

Galego:  Microrelato. Mínimo 200 palabras e máximo de 300. (30 min). Completar as coplas para a canción de Entroido. (10 min)

C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XIX. Páxinas 64 a 67 (20 min)



Martes, 5 de febreiro de 2019

Galego:  Páxina 104, exercicios 8, 9 e 10 (10 min).

C. da Natureza: Esuema de debuxos das etapas do emparazo de das etapas do parto. Páxinas 56 e 57  (20 min)


English  Activity Book, page 39, exercises 1 & 2. Woksheet (15 min)

Matemáticas. Páxina 112, exercicios 5, 6 e 8. (15 min). Mañá faremos o exame desta unidade.


Luns, 4 de febreiro de 2019

Galego: (30 min). Repasade as unidades 5 e 6 para o exame do vindeiro martes. Estudar os verbos, poder, ir, ser ...

C. Sociais: Estudar o que ocorre en España a comenzos do século XIX. Páxinas 64 a 67 (15 min)

English Pupil´s Book. Page 41, exercise 1. Activity Book, page 37, exercises 1 & 2, page 38, exercises 1 & 2  . Woksheet (15 min)



Venres, 1 de febreiro de 2019

Galego: (30 min). Repasade as unidades 5 e 6 para o exame do vindeiro martes.


Traballáchedes moito. Traballáchedes moi ben. Disfrutade dun bo libro e da conversa cos vosos maiores sobre historia e a súa infancia



Xoves, 31 de xaneiro de 2019

Galego: Páxinas 94 e 95, exercicios do 1 ao 6 e preparade o ditado. Estudar as regras de ortografía. (30 min). Repasade as unidades 5 e 6 para o exame do vindeiro martes.

English Pupil´s Book. Page 39, exercise 2. Activity Book, páge 36, exercises 2 & 3. Notebook: write interrogatives and negatives. (30 min)




Mércores, 30 de xaneiro de 2019

Matemáticas :  Páxina 104, exercicio 3 e páxina 1055 exercicios 1 e 2 (As divisións con proba sempre) (20 min)

Galego: Diario ou artigo de opinión sobre o festival e a celebración do día da Paz. Debe incluín unha reflexión persoal sobre o que implica para cada un de nós o traballo pola Paz. (20 min)

Plástica: Debuxo dalgunha das actuación no festival . O debuxo ha de incluír necesariamente persoas (20 min). 



Martes, 29 de xaneiro de 2019

Matemáticas :  Páxina 105 exercicios 1 e 32 (As divisións con proba sempre) (20 min)

Galego: Terminade os exercicios sobre a lectura (do 5 ao 10 e facede o resumo). (10 min)

C. da Natureza: Copiade o debuxo do óvulo e do espermatozoide e escribide as sete diferenzas entre ambos. Estudade que é a fecundación e como se produce. (20 min)

English: Pupil´s Book, page 38 exercises  1 (10 min). 



Interdisciplinar: Estudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. .



Luns, 28 de xaneiro de 2019

Castelán: :  Páxina 106 e 107, lede "Una artista" e as preguntas sobre a comprensión da páxina 108. Pensade no resumo da historia en seis frases sinxelas. Mañá fareivos a cronolectura de castelán e o ditado das 100 palabras.  (20 min)

Galego: Preparade o ditado das cen palabras en galego para mañá. (10 min)

C. Sociais: Ler o que ocorre en España a comenzos do século XIX e situar na liña do tempo estes nomes: liberais, absolutistas, Goya, Napoleón Bonaparte, Fernando VII, Isabel II, cortes de Cádiz, (20 min)

English: Exercises (10 min). 


Interdisciplinar: Estudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. .



Venres, 25 de xaneiro de 2019

C. Sociais: Mirade o vídeo sobre "O tunel do tempo" (Páxina principal) que fixeron os nenos e nenas do colexio de Atios (15 min). Traede completo o estudo de mercado.


Castelán: Repasade as unidades 6 e 6 para o exame de luns (45 min)


Xoves, 24 de xaneiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 101, rematar os exercicios de repaso trimestral (20 min). Estudar para o exame do venres as unidades 5 e 6.

C. Sociais: Liña do tempo cos debuxos claves das etapas da historia e tres características claves de cada etapa mínimo (20 min)

English: Exercises (10 min). 



Interdisciplinar: Estudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. (10 min).



Mércores, 23 de xaneiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 99, rexercicios 3, 7 ata o 12  (30 min). Estudar para o exame do venres as unidades 5 e 6.

English: Worksheet (10 min). 

Interdisciplinar: Estudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. (10 min).


Martes, 22 de xaneiro de 2019

Matemáticas:  Páxina 98, exercicios 3, 7,8, 9, 10, 11 e 12 (30 min). Estudar para o exame do venres as unidades 5 e 6.

Castelán: Páxina 98. Exercicios de 4 ao 10 (10 min)

C. da Natureza: Esquema dos caracteres primarios e secundarios e debuxo dos aparatos reproductores masculino e feminino coas súas partes (15 min)


InterdisciplinarEstudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. (5min).


Luns, 21 de xaneiro de 2019

English: Pupil´s Book. Page 32, exercise 1 (10 min). Study for exam 30 min.

Música: Preparade a instrumentación do Himno a alegría. (10 min)

InterdisciplinarEstudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. (10 min).




Xoves, 16 de xaneiro de 2019

English: Exercises   (15 min)


Sociais: Repasade o que xa aprendemos da historia en anos anteriores. Venres faremos un control oral sobre as etapas anteriores á Idade Contemporánea. Páxinas 60 e 61. Recoméndovos facer un esquema ou un mapa conceptual para estudalo mellor (45 min). Sequide falando cos vosos maiores da súa infancia e os seus recordos, dos seus libros e obxectos de xogo ... (todo o tempo do mundo)




Mércores, 16 de xaneiro de 2019

Matemáticas: Páxina 98, exercicios 5 e 6 ( 20 min)

Castelán: Páxina 97, exercicios  do 10 ao 14.   (15 min)

Sociais: Repasade o que xa aprendemos da historia en anos anteriores. Venres faremos un control oral sobre as etapas anteriores á Idade Contemporánea. Páxinas 60 e 61. Recoméndovos facer un esquema ou un mapa conceptual para estudalo mellor (15 min). Sequide falando cos vosos maiores da súa infancia e os seus recordos, dos seus libros e obxectos de xogo ... (todo o tempo do mundo)


Interdisciplinar: Estudar as dúas cancións para o día da Paz e a instrumentación de música. (10 min).


Martes, 15 de xaneiro de 2019

Matemáticas: Páxina 93, exercicios 5 e 6 ( 30 min)

Castelán: Páxina 95, exercicios  6, 7  e 8.   (15 min)

English: Activity Book, page 32, exercises 2 e 3; page 33, exercises 1, 2 & 3 (15 min).

Galego: Páxina 90, exercicios do  5 ao 12. (30 min).


Luns, 14 de xaneiro de 2019

Matemáticas: Páxina 91, exercicios 5 e 6 ( 15 min)

Galego: Páxina 88-89-90 Preparar a lectura e comprobar que entendemos a lectura. Repasar os verbos das páxinas finais do 1º trimestre.   (30 min)

English:Activity Book, page 31, exercises 2 e 3 ( 15 min).

Interdisciplinar: Preparade as cancións para o día da Paz. (10 min)


Venres, 11 de xaneiro de 2019

Interdisciplinar: Aprendemos a letra da canción "Si me pusiera en tu piel" que cantaremos con todo o colexio o Día da Paz. O luns traballarédela na clase de música polo que a letra xa ten que estar aprendida. (15 min)



Tamén ide aprendendo a que cantaremos so os de 6º.




Satchita


Peça a Deus,
Que os homens encontrem seus passos perdidos
E que os sonhos dispertem esses olhos dormidos,
Que o amor transborde e que vivamos em paz;
Qua os dias terminem com os braços cansados
E que a sorte só queria estar ao seu lado
Que a dor não me assombre, nem me cause desespero,
Peça a Deus.

Sat-chit ananda parabrahma,
Purushotamah, paramahtma,
Sri bhagavathi sametha,
Sri bhagavathe namahah
Oh oh oh oh oh oh oh oh oh oh

Peça a Deus,
Que nos mande do céu muita sabedoria,
Um amor verdadeiro, que ninguém passe fome,
Um abrço de irmão e que vivamos em paz;
Qua terminem as guerras e também a pobreza,
Encontrar alegrias entre tanta tristeza,
Que a luz ilumine as almas perdidas e um futuro melhor.

Sat-chit ananda parabrahma,
Purushotamah, paramahtma,
Sri bhagavathi sametha,
Sri bhagavathe namahah
Oh oh oh oh oh oh oh oh oh oh

C SociaisLemos o tema completo dos inicios da  Idade Contemporánea e tomamos nota do que aínda non sabemos e do que imos aprender nesta unidade. (15 min). Preguntámoslle aos nosos avós, avoas, bisavós e bisavoas, ás persoas maiores como eraa súa infancia, como vivían, como estaba Galicia e España, como xogaban e cando ... (Todo o tempo do mundo)

Interdisciplinar: Investigade sobre algunha ONG de Cambados que vos gustaría doarlle parte dos beneficios da nosa cooperativa. Podedes preparar unha exposición oral ou ensinarnos algunha presentación ppt. (30 min)





Xoves, 10 de xaneiro de 2019

Galego: Páxina 77, exercicios 4, 5, 6 7 e resumo.  Páxina 76 copiar o cadro azul de "saber máis" e estudalo  (30 min)

English: Pipils Book, páxina 31, exercise 1(15 min).


C. da Natureza: Lemos o tema completo da reprodución e tomamos nota do que aínda non sabemos e do que imos aprender nesta unidade. (15 min).


Mércores, 9 de xaneiro de 2019

Matemáticas: Ficha de problemas. (15 min)

Galego: Carta para o amigo invisible. (15 min)

C. da Natureza: Estudar para a proba de control de mañá: músculos, ósos, sistema nervioso central e periférico ... (30 min)


Martes 8 de xaneiro de 2019

Matemáticas ; Páxina 78- 79 Exercicios do 1 a 5. Ficha de problemas. (20 min)

C'astelán
: Resumo da lectura Amelia Earthart (páginas 90 e 91) (15 min)

English: Pupils Book, page 28, exercise 1, Activity Book, page 26 exercises 2 & 3 (20 min)



Nadal 2018
Galego: Estudar os verbos regulares e irregulares que temos no apéndice do libro do 1º trimestre: regulares (andar, varrer e partir) e irregulares (estar, ser, ir, haber e ter). Se non levastes o libro de galego podedes estudalos no dicionario da RAG (tendes que escribir o nome do verbo e pinchar en "conxugar".


Matemáticas: Practicamos cada día unha división aproximando a dous decimais no cociente e facéndolle a proba. Imáxinádevos un problema para cada unha. Non tendes que escribilo. 
C. Naturais: Estudamos o sistema nervioso central e o periféricos, así como os osos e músculos que leváchedes na ficha. Podedes axudarvos desta canción



Xoves, 20 de decembro de 2018

Galego: Páxina do diario na que deixamos reflexada a dor deste día polo falecemento dos tres mariñeiros cambadeses e dun desaparecido. Logo escribimos un poema cun mínimo de dúas estrofas que ilustramos cun debuxo que recolla o noso pesar.



Luns, 17 de decembro de 2018

C da Natureza: Páxina 38, todos  (50 min)

English: Exercises (10 min).

Música Estudade as cancións de música e inglés e practicade coa frauta.



Venres, 14 de decembro de 2018

Matemáticas: Páxina 82, exercicio 1  (30 min)


Música Estudade as cancións de música e practicade coa frauta (20 min).


English: Study the song (10 min)


Xoves, 13 de decembro de 2018

C. da Natureza: Ide practicando coas actividades interactivas sobre a excreción que están na Aula Virtual (cor verde). O martes teremos o exame.  (10 min)


C Sociais Repasade países e capitais de Europa, ríos, montes, fronteiras naturais, climas e paisaxes (especialmente a vexetación: tundra, taiga, landa ...) así como a Unión Europea (que é, obxectivos, símbolos, institucións ... Podedes usar como guía a ficha de autoavaliación que leváchedes hoxe. . Teremos o exame o venres.(40 min).

English: Worsheet and study (10 min)


Mércores, 12 de decembro de 2018

C. da Natureza: Ide practicando coas actividades interactivas sobre a excreción que están na Aula Virtual (cor verde). O martes teremos o exame.  (20 min)

C Sociais Repasade países e capitais de Europa, ríos, montes, fronteiras naturais, climas e paisaxes (especialmente a vexetación: tundra, taiga, landa ...) así como a Unión Europea (que é, obxectivos, símbolos, institucións ... Podedes usar como guía a ficha de autoavaliación que leváchedes hoxe. . Teremos o exame o venres.(30 min).

Plástica:Traede para mañá rolos de papel hixiénico  que os imos precisar en plástica. Practicade a preparar estrelas de Nadal covo vos propón o vídeo que temos na páxina principal. (10 min).


Martes, 11 de decembro de 2018

C. da  Natureza: Ide practicando coas actividade sobre a excreción que están na Aula Virtual . O martes teremos o exame. Recordade que no repaso de hoxe había algunhas partes que estaban algo verdes. Que vaian madurando! (30 min)

English: Exercises and study (10 min)

Música: Canción e frauta. (10 min)


Plástica: Ide gardando rolos de papel hixiénico para o xoves que os imos precisar en plástica. Practicade a preparar estrelas de Nadal covo vos propón o vídeo que temos na páxina principal. (10 min).



Luns, 10 de decembro de 2018

C. Sociais: Ficha da Unión Europea. Estudar que é a UE, os seus obxectivos, os dereitos dos cidadáns e os órganos de goberno e sedes onde se ubican. (30 min)

English: Exercises and study (20 min)

Música: Canción e frauta. (10 min)

Plástica: Ide gardando rolos de papel hixiénico para o xoves que os imos precisar en plástica

Mércores, 5 de decembro de 2018

Galego:  . Escribide un artigo de opinión sobre o acto da Constitución e do Estatuto que hoxe celebramos no colexio. Recordade incluír unha minuciosa valoración sobre o que puidemos aprender con esta efeméride.  E non esquezades poñer un titular ben chamativo, non so polas cores, seón pola mensaxe.(20 min).

C. da Natureza: Escribide o proceso da circulación maior e menor do sangue tal e como vimos na clase empezando pola entrada do sangue na aurícula dereita que chega pola vea cava cargadiño de dióxido de carbono.... (40 min). Non esquezades ningunha parte do seu percorrido e tampouco o nome das veas e arterias implicadas. Podedes darlle unha ollada ao vídeo seguinte.



Martes, 4 de novembro de 2018

Galego:  Estudade para o exame os cadros das unidades 3 e 4 e o verbo andar, ser, estar, ir, facer, saber . (40 min). Escribide un resumo da película de Sang Woo y abuela e a vosa valoración sobre o que puidemos aprender con esta historia. (20 min)


Luns, 30 de novembro de 2018

Galego:  Estudade para o exame os cadros das unidades 3 e 4 e o verbo andar, ir e ser. (40 min). 

C. Sociais: Esquema sobre o quecemento global, o efecto invernadoiro,, as súas causas e consecuencias. Logo escribide un decálogo con 10 acción que permitan un desenvolvemento sustentable (libreta de C. Sociais) 20 min)



Venres, 30 de novembro de 2018

Galego:  Estudade para o exame os cadros das unidades 3 e 4 e o verbo andar. (40 min). Escribide un artigo de opinión ou unha noticia sobre a charla que tivemos onte de "Publicidade" (20 min)


Xoves, 29 de novembro de 2018

Galego:  Estudade para o exame os cadros das unidades 3 e 4 e o verbo andar. (60 min)



Mércores, 28 de novembro de 2018

English:  Study for exam. (60 min)


Martes, 27 de novembro de 2018

Castelán: Rematar os exercicios da páxina 67: do 1 ao 6, acabalos (textos e enunciados completos) Estudar o verbo vivir completo. Mañá teremos o exame. (10 min)

Galego: Páxina 68 Resumo e exercicios do 4 e 5. Venres teremos o exame das unidades 3 e 4. Estudar todos os recadros das unidades 3 e 4, moi especialmente o verbo andar e as palabras que temos que diferenciar polo acento diacrítico. (40 min)

Sociais Estudade países e capitais de Europa. Mapas interactivos Clicade no mapa para practicar. Teremos o exame mañá.(10 min).


Luns, 26 de novembro de 2018

Sociais Estudade países e capitais de Europa. Mapas interactivos Clicade no mapa para practicar. Teremos o exame mércores.(10 min). Facede unha táboa como a que tivemos na pizarra coa información sobre os seis climas de Europa (nome, temperaturas, precipitacións, localización) e as paisaxes correspondentes (flora e fauna) (20 min). 




English:  Studen´s Book, page  24, exercise 2 and three sentences (20 min).

Castelán: Estudade o verbo vivir completo. Teremos o exame o mércores.

Interdisciplinar: Rematade as tarefas pendentes. (30 min) Disculpade pola sobrecarga de tarefas no día de onte.





Venres, 16 de novembro de 2018

Galego Estudar o verbo andar e os resumos das unidades 3 e 4. Na vindeira semana  teremos o exame. (30 min).


Sociais Estudade países e capitais de Europa. Mapas interactivos. Teremos o exame o mércores (30 min).



Xoves, 15 de novembro de 2018

English:  Worksheet (20 min)

Galego: Magosto. Artigo de opinión na que se ha de incluír unha valorción tamén sobre os xogos  populares que nesta semana tivemos no patio. (30 min). Estudar o verbo andar.


Sociais Estudade países e capitais de Europa. Mapas interactivos. (10 min).



Mércores, 21 de novembro de 2018

Sociais Estudade países e capitais de Europa. Mapas interactivos. (30 min).











Interdisciplinar: Rematade as tarefas pendentes. (30 min) Disculpade pola sobrecarga de tarefas no día de onte.

Nota: Comunicádelle aos vosos pais que se abriu un prazo extraordinario para presentar candidaturas ao Consello escolar ata mañá xoves ás 11:00 horas. Animádeos a presentarse.



Martes, 20 de novembro de 2018

English:  Netebook: numbers, hour, sentences in interrogative and negative. The sentences about friends and otrher companig animals with humans (20 min).

Castelán: Rematar os exercicios da páxina 61: 5, 6, 7 e 8 (textos e enunciados completos). Páxina 68 Resumo e exercicios do 1 ao 7. Mañá teremos o exame das unidades 3 e 4 (40 min)



Luns, 19 de novembro de 2018

English:  Worksheet (20 min) and exercises.

Plástica. Rematar o libriño do produto da cooperativa. (10 min).


Galego: Rematar os exercicios , páxina 63 e o resumo. Estudar  o verbo andar completo. (20 min)

Sociais Estudade países e capitais de Europa. Mapas interactivos. (10 min).



Venres, 16 de outubro de 2018

Galego: Artigo de opinión. A visita á panadería. (20 min)

Castelán: Estudar o verbo comer da segunda conxxugación. Teremos a proba o luns. (20 min)

Sociais: Aprender ríos, montes, illas e penínsulas principais de Europa. Control escrito o luns. (20 min)


Xoves, 15 de novembro de 2018

English:  Worksheet (10 min)

Matemáticas/ Plástica. Rematar a gráfica do tempo e a greca. (15 min).

Galego: Rematar os exercicios , páxina 61 e o resumo.Estudar  o verbo andar completo. (20 min)

C. da Natureza:  Practicade co rap da dixestión para explicar o proceso completo de forma correcta.. (15 min)



Mércores, 14 de novembro de 2018

Sociais Estudade ben os montes e ríos e montes de Europa Faremos o exame o luns. Practicade cos mapas interactivos. Os que xa os sabedes estudade penínsulas, illas arquipélagos, cabos e golfos principais.(30 min)
Xa podedes empezar tamén a estudar os países e capitais europeas.
        

Castelán: Estudar  o verbo comer completo Temos o exame o luns. (10 min). Exercicios de prefixos. páxina 59 todos.(20 min)



Martes, 13 de novembro de 2018

English: Letter to Helena. Worksheet (20 min)

Matemáticas. Páxina 59, exercicios 1, 2 e razoamento. (10 min).

Galego: Estudar  o verbo andar completo. (10 min)

C. da Natureza: Debuxar o aparato dixestivo, colorealo e escribir as súas partes e o roceso completo. Practicade co rap que vos puxen na páxina principal. (20 min)


Luns, 12 de novembro de 2018

English: Letter to Helena. (20 min) Worksheet (20 min)

Sociais: Escribide as vertentes na libreta de sociais cos ríos correspondentes a cada vertente. Estudade os ríos e os montes (20 min).




Venres, 9 de novembro de 2018

C. Sociais: En un folio, completar a información sobre o país europeo que  vos tocou por sorteo: superficie,poboación, densidade de poboación, idioma, moneda, xeografía, historia, cultura, monumentos, gastronomía, economía, curiosidades .... (30 min).
Castelán: Estudar os verbos da segunda conxugación.



Xoves, 8 de novembro de 2018

English: Exercises and worksheet. (15 min)

Castellano. Estudar o verbo "viajar". Tendes que escribilo completo, todos os tempos modos e persoas, todas as formas verbais de indicativo, subxuntivo e imperativo, formas persoais e non persoais simples e compostas. Escribide todas as formas para comprobar que non esquecedes nin un acento gráfico. Recordade que non é o mesmo "viajo" que "viajó". (45 min)



Miércoles, 7 de novembro de 2018

Plástica: Debuxo de logo e siglas da cooperativa (20 min)

Castellano. Estudiade o verbo "viajar".
Podedes practicar cos exercicios interactivos destas páxinas. Tendes que escoller a opción de tempos verbais..  Antes de xogar aprendédeos ben con este:  

Conjugador de verbos.

 Tiempos verbales 1


    E para practicar a análise: Analiza 


Martes, 6 de novembro de 2018

C. Sociais: Buscade as respostas a todas as preguntas que fixemos  na clase e que aínda non dominades, Estudade poñendo en marcha un bo método: inventade as preguntas escribide as respostas e comprobade, buscando a  información no libro que non tendes erros. Repetide, repetide e repetide as definicións ata telas dominadas. Tendes que usar con precisión un vocabulario científico. Comparade os climogramas e fixádevos ben nas diferenzas de precipitacións e temperatura entre eles. Por último buscade imaxes de diferentes zonas de España e de como son as árbores propias de cada paisaxe, como son as faias, o tabaibo, a aciñeira, o maquis .....Repasade as características dos rísos de cada unha das vertentes e repasade de novo os montes e picos máis elevados. Unha parte do exame de mañá será de desenvolvemento do tema. Levade preparada unha boa organización.(60 min)



Luns, 5 de novembro de 2018

English: Activity Book, page 15, exercises 1, 2 &3. Pupils Book, page 17, exercise 3. . (20 min).

C. Sociais: Buscade as respostas a todas as preguntas que fixemos hoxe na clase e que aínda non dominades, porque o mércores tedes o exame..(10 min)

C. da Natureza: Estudar as características de cada grupo dos animais vertebrados e invertebrados, as partes da célula, diferenzas entyre célula animal e célula vexetal, niveis de organización, características dos 5 reinos ... para o exame de mañá. (20 min) Facede esquemas e escribide as respostas a preguntas inventadas; comprobade que son correctas. Recordade  que despos do exame teredes que escribir nun folio en branco todo o que sabedes do tema, polo que é moi importante que hoxe preparedes ben como ides a organizar a información e explicar cada parte da unidade 1.(30 min)


Mércores, 31 de outubro de 2018

English; Workseet: 20 min

C. da Natureza: Estudar as características de cada grupo dos animais vertebrados e invertebrados, as partes da célula, niveis de organización, características dos 5 reinos ... para o exame de marte. (20 min) Facede esquemas e escribide as respostas a preguntas inventadas; comprobade que son correctas.

Linguas: Estudade a unidade 3 enteira: prefixos, acentuación, indefinidos e numerais (nome dos ordinais), lírica ... para o vindeiro exame. (20 min)


Martes, 30 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 46 , exercicios 3, 4 y 5   (15 min). Mañá teremos o control de matemáticas da unidade 3.

Castelán: Páxina 46, exercicios do 3 ao 8 (20 min)

C. Sociais: Practicade nos mapas interactivos as provincias e comunidades de España. O vindeiro mércores faremos o control das mesmas.(15 min)

English: Worksheet (10 min)


Luns, 29 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 46, exercicios 1 e 2 (cos debuxos) 20 min.

Galego: Páxina 44, exercicios do 1 ao 2. (20 min). Preparamos a exposición oral dunha receita. 

English: Worksheet (10 min)

C. Sociais: Practicade nos mapas interactivos as provincias e comunidades de España. O vindeiro mércores faremos o control das mesmas.(10 min).Opcional: rematar os climogramas.

Galego: Preparade a exposición oral da receita tendo en conta  o vocabulario que tendes que empregar: tixola, coitelo, tesoiras, quentar ...

Nota: Podedes ir preparando, cando teñades un ratiño, o libriño que fala do produto que presentáchedes á cooperativa. Tamén tendes que ir pensando en como combinar o nome e o logo da cooperativa. 



Venres, 26 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 45, exercicios 5 e 6 (cos debuxos) 30 min.

Castellano: Páxina 45, exercicios do 2 o 9. (20 min). Preparamos a exposición oral dunha receita. 

C. Sociais: Practicade nos mapas interactivos as provincias e comunidades de España. O vindeiro mércores faremos o control das mesmas.(10 min)


Xoves, 25 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 43 , exercicios 5, 6 e Razoamento   (15 min).


Plástica: Mañá deben estar os produtos na aula coa correspondente ficha. Na ficha tedes que facer un debuxo do produto presentado Procurade que destaque a súa orixinalidade e a calidade dos acabados. (15 min)

C. Sociais: Practicade nos mapas interactivos as provincias e comunidades de España. O vindeiro mércores faremos o control das mesmas.(30 min)



Mércores, 24 de outubro de 2018
Matemáticas: Páxina 40- 41 , exercicios 3 y 4   (10 min).

English: Exercises and study for exam. (20 min).

Plástica: Ide pensando e preparade antes do xoves o produto que ides presentar para vender na cooperativa este curso. Procurade que destaque a súa orixinalidade e a calidade dos acabados. (15 min)

Castelán: Páxina 42, exercicios do 1 ao 10. (15 min)

C. Sociais: Practicade nos mapas interactivos as provincias e comunidades de España. O vindeiro mércores faremos o control das mesmas.


Martes, 23 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 39, exercicios 3, 4 e 5. (10 min).

English: Exercises and study for exam. (30 min).

Plástica: Ide pensando e preparade antes do xoves o produto que ides presentar para vender na cooperativa este curso. Procurade que destaque a súa orixinalidade e a calidade dos acabados. (20 min)

Castelán: Ide preparando os argumentos para defender a posición que vos correspondeu no debate sobre os deberes e os exames na clase.

C. Sociais: Practicade nos mapas interactivos as provincias e comunidades de España. O vindeiro mércores faremos o control das mesmas.

Luns, 22 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 37, exercicio 1. (20 min).

English: Exercises and study for exam. (15 min).

C. Sociais: Páxina 16, exercicios 5 e 6. Estudar as definicións de réxime, caudal, lonxitude, cunca hidrográfica e vertente dun río (10 min).

Plástica: Ide pensando e preparade antes do xoves o produto que ides presentar para vender na cooperativa este curso. Procurade que destaque a súa orixinalidade e a calidade dos acabados. (15 min)


Venres, 19 de outubro de 2018

Galego: Tendes que elaborar unha reportaxe cun mínimo de dous folios a unha cara. Nela falaredes da excursión que fixemos onte a Vigo para aprender aspectos interesantes da vida e obra de Julio Verne. De seguido faredes un amplo apartado con información sobre este autor (vida, obra, curiosidades, importancia dos seus libros ...). Remataredes a reportaxe incluíndo a opinión dos asistentes a esta viaxe, á exposición ou aos descubrimentos que presenciamos no barco.Como toda reportaxe ha de contar con algunha imaxe co respectivo pé de foto. Procurade que o titular sexa impactante e acordádevos de escribir en terceira persoa e de poñer o voso nome e o lugar dende o que escribides debaixo do titular. (60 min)

Plástica: Ide pensando e preparade antes do xoves o produto que ides presentar para vender na cooperativa este curso. Procurade que destaque a súa orixinalidade e a calidade dos acabados.


Mércores, 17 de outubro de 2018


Matemáticas. Páxina 33, exercicio 14 (20 min)

C. Sociais: Ide pensando sobre os países de Europa que vos gustaría investigar para o traballo en grupo. Tamén en como facer unha maqueta que explique a tectónica de placas ou as  tres partes do curso dun río, en 3D (15 min).

C. da Natureza: Xa sabedes o Reino que lle correspondeu traballar a cada equipo.  Así é que toca empezar a investigar non so sobre a información que queredes presentar, senóntamén sobre a forma de presentala para facela atractiva aos demais. (15 min)

Linguas: Como mañá nos imos de excursión e toda a viaxe xira arredor de Julio Verne, é un momento prefecto para investigar sobre este escritor incrible. A ver que descubrides! (10 min)



Martes, 16 de outubro de 2018

Matemáticas: Repasade os exercicios que fixéchedes na libreta. Fixádevos especialmente naqueles que non vos saíron ben, buscade a información no propio libro sobre a forma correcta de realizar as operacións, revisade os cálculos.  Volvede facer nun papel vello os exercicios que tivéchedes ben (un de cada tipo) e comprobade que tendes un resultado correcto. Intentade facer os problemas, especialmente os relacionados coas potencias. (45 min).

English: . Activity Book:  page 12, exercise 3; page 13, ecercise 1, 2 & 3.  (15 min).


Luns, 15 de outubro de 2018

Castelán: Memorizade os resumos das unidades 1 e 2. Resisade moi especialmente  como analizar os demostrativos e posesivos. Procurade revisar os exercicios sobre as funcións de cada palabra no Grupo Nominal ... Por último revisade ben as normas de acentuación e como diferenciar os ditongos dos hiatos. Non esquezades aprender ben a diferencia entre eses monosílabos que levan acento gráfico dos que non a levan (45 min).

English: . Activity Book:  page 11, exercise 1 & 2; page 12, ecercise 1.  (15 min).


Xoves, 11 de outubro de 2018

Castelán: Páxina 20, exercicios do 1 ao 8. Páxina 36, exercicios do 1 ao 8 (60 min). Recordade que o luns temos o exame de castelán das unidades 1 e 2. Facer os exercicios valeravos como repaso do aprendido nestas unidades.

English: . Studen´s Book:  page 15, exercise 2. Worksheet. (15 min).


Mércores, 10 de outubro de 2018

Matemáticas: Páxina 32, exercicios do 4 ao 12.  (30 min)

English: Activity Book, page 10 exercises 1,2 & 3; page 11, exercises 1 & 2. Studen´s Book:  page 14, exercise 2. (15 min).

Galego: Repasade algúns conceptos básicos para a proba de galego de mañá: grupo nominal, demostrativos e posesivos, uso de maiúsculas, medición dos versos, prefixos, sufixos, palabras compostas e recordade que imos facer o ditado das 100 palabras. Repasade aquelas que non tendes seguras. Ánimo! (15 min)


Martes, 9 de outubro de 2018

Galego: Páxina 29 exercicios 3, 4 e 5. Páxina 31, exercicios de 1 ao 4. Non tendes que copiar o texto do exercicio 3. (30 min)

English: Exercises. Activity Book, page 10 exercises 1,2 & 3; page 11, exercises 1 & 2. Studen´s Book:  page 14, exercise 2. (10 min)

C. Sociais. Estudade o relevo de España para o exame de mañá. Ademáis dos sistemas monteñosos, dos seis grandes ríos e dos montes máis altos tendes que saber os principais cabos e golfos da Península (ficha de repaso que leváchedes hoxe. Practicade cos mapas interactivos. (20 min)


Luns, 8 de outubro de 2018

C. Sociais: Lede a parte da unidade titulada "O relevo e os ríos" e facede as actividades 1, 2 e 3 (Páxina 15) Coloreade o debuxo. (20 min). Repasade o relevo de España e os ríos pois faredes o exame o mércores. Recordade que debedes saber situar na vertente cantábrica os ríos Eo, Nalón, Navia, Narcea e Bidasoa; na vertente Mediterránea o Xúcar e o Segura e na costa galega o Miño (e o Sil), o Umia, o Ulla e o Tambre. Acordádevos de estudar ben os cabos e golfos da Península. Logo mirade na páxina principal a teoría da tectónica de placas. (10 min).

Galego; Normas do xogo de "polis e Cacos" en lingua galega. Recordade as indicacións que vimos hoxe na aula para escribir os textos normativos. (20 min)

English: Student´s Book. Page 12, exercise 1. Worsheet. (10 min)
Venres, 5 de outubro de 2018

Matemáricas: Páxina 27 , exercicio 2 (10 min)

C. Sociais: Practicade cos mapas interactivos o relevo de España (10 min). 

Música: Traballo sobre a música na historia. (40 min) Recordade que para a sesión do luns tendes que traer un vaso. Debedes escoller unha época da historia e buscar a información que responda a estas preguntas: En que ocasións se tocaba música, con que  instrumentos, en que época (anos), autores ou obras máis destacadas, curiosidade. En folio ou cartolina cunha presentación exquisita.




Xoves, 4 de outubro de 2018

Matemáricas: Páxina  , exercicios 3 e 4 (10 min)

C. Sociais: Practicade cos mapas interactivos o relevo de España (20 min). 

English: Student´s Book, page 12, exercise 1. Worksheet (10 min)

Música: Traballo sobre a música na historia. (30 min) Recordade que para a sesión do luns tendes que traer un vaso. Debedes escoller unha época da historia e buscar a información que responda a estas preguntas: En que ocasións se tocaba música, con que  instrumentos, en que época (anos), autores ou obras máis destacadas, curiosidade. En folio ou cartolina cunha presentación exquisita.




Mércores, 3 de outubro de 2018

Matemáticas: Raíces cadradas. páxina 28, exercicios 1 e 2 (10 min)

Galego: Texto normativo. Escribe as normas do xogo "polis e cacos". Recorda que has de escribir un mínimo de 15 liñas. Indíca o número de xogadores, o lugar no que se pode xogar, o tempo que pode durar.Enumera as normas do xogo. Por último aclara con detalle que accións non son válidas no xogo (o se considera facer "trampa"). 40 min

Castelán: Páxina 31, exercicios 6, 7 8 e 9. (10 min)

Nota: Anotade sempre a lapis o tempo que vos leva facer cada bloque de exercicios.
Cando vos vaia sobrando algo de tempo practicade cos mapas interactivos o relevo de España (montes, ríos e costa) e preparade o traballo de Música. Recordade que debedes escoller unha época da historia e buscar a información que responda a estas preguntas: En que ocasións se tocaba música, con que  instrumentos, en que época (anos), autores ou obras máis destacadas, curiosidade. En folio ou cartolina cunha presentación exquisita.


Martes, 2 de outubro de 2018

English: Activity Book, pages 8, exercises 1, 2 3; page 9, exercise 1. Studenst´s Book, page 11, exercise 1. Worksheet. (30 min)

Matemáticas: Páxina 24, exercicios 3 e 4. No exercicio 4 hai que poñer tres exemplos en cada pregunta e logo elaborar unha resposta cunha oración completa. (10 min)

Galego; Páxina 27, exercicios 3, 4 5 e 6 (procurade facer o exercicio 6 sen o diccionario, pero podedes usalo, mesmo o diccionario dixital deste blogue) (10 min)

C. da Natureza. Páxina 13, exercicios do 13 ao 16. (10 min)

Nota: Anotade sempre a lapis o tempo que vos leva facer cada bloque de exercicios.
Cando vos vaia sobrando algo de tempo practicade cos mapas interactivos o relevo de España e preparade o traballo de música.



Luns, 1 de outubro de 2018

English: Activity and Students Book. Pages 6, 7, 8. Exercises 3, 2, 3, 3 (20 min)

Música: Buscade información sobre a historia da música para facer un traballo sobre este tema. Podedes presentalo en folio ou cartolina cunha presentación moi coidada e as ilustracións necesarias. (20 min)

Galego: Lectura silenciosa "As castañas da terra". Pensade en como resumir brevemente a historia que se vos relata. Mañá teredes que escribir o resumo. (10 min)

C. Sociais: Repasade o relevo de España: montes, ríos, cabos e golfos. O mércores da vindeira semana teremos o exame. Os que xa os teñades ben aprendidos empezade a memorizar xa os datos do relevo de Europa, que estudaremos próximamente. (10 min)
Recordade que podedes practicar na páxina de mapas interactivos, como no curso pasado.


Venres, 28 de setembro de 2018

Matemáticas, Páxina 18 exercicios do 4 ao 10 (40 min)

C. Sociais. Buscade as coordenadas xeográficas dalgún lugar que vos gustaría visitar. (5 min)

Castellano: Buscade os datos que precisades para facer a reseña do libro sobre o que queredes escribir. (15 min)


Xoves, 27 de setembro de 2018

English: Activity Book. Pages 5 % 6, exercises 3 & 1 (20 min)

Matemáticas: Páxina 14, exercicios 1, 2 e 3. (20 min)

Naturais: Preparade a exposición oral dos Cinco Reinos (20 min) 


Mércores, 26 de setembro de 2018

Matemáticas: Páxina 8, exercicios 2 e 3 (15 min)

Castellano: Acentuación. Exercicios do 3 ao 7 (15 min). Recordade que as oracións inventadas han de ter un mínimo de 7 palabras.

C. Sociais: Memorizar as definicións de escala, lenda,  mapa, globo terráqueo ... que vimos na aula. Recordade a importancia na precisión e uso da linguaxe no nivel de sexto. (15 min)

English: Study: 15 min.


Martes , 25 de setembro de 2018

English: Activity Book, exercises (15 min)

C. da Natureza: Completar os mapas mentais e melloralos. Preparar as exposicións orais de dous minutos. Completar a información cos apuntes que tendes na libreta do curso pasado, especialmente do Reinos das plantas. Rematar o debuxo das células animal e vexetal co correspondente esquema das partes da mesma (30 min). Podedes ver o vídeo sobre a célula que tendes no diario de 6ºA.

Matemáticas: Páxina 12, exercicios 1 e  2. (15 min).



Luns, 24 de setembro de 2018

Galego: Exercicios 2 e 3 sobre o grupo nominal (15 min)

C. da Natureza: Preparade a exposición oral sobre os 5 Reinos a partir do mapa mental (15 min)

English: Activity Book and interrogatives (15 min)

C. Sociais: Respondede na libreta ás cinco cuestións plantexadas. As respostas serán con oracións completas. Completade o mapa coas coordenadas xeográficas de calquera punto da Terra. (15 min)


Venres, 21 de setembro de 2018

Matemáticas: Páxinas 10 e 11, exercicios 2, 3 e 4. (40 minutos) Realizade as operacións con calma e comprobade as respostas.

Nota: Recordade que debedes traer os exames asinados e rematado o mapa mental para o martes. Seguide estudando ben as definicións, semellanzas e diferenzas entre meteorito, asteroide, satélite, cometa, planeta ...


Xoves, 20 de setembro de 2018

English:  Exercises. (10 min)

C. da Natureza: Mapa mental dos cinco reinos. Recordade: non escribades frases, so palabras clave; incluíde datos importantes (clase de animais, clases de plantas, funcións vitais, características ...). (50 min)

Mércores 19 de setembro

Castelán: Pasade a limpo a carta. Rematade os exercicios de prefixos e sufixos. (10 min)

Galego: Pasade a limpo o texto sobre como vos gustaría que fose 6º. Disfrutade dun bo libro. (20 min)

C Sociais: Lede o texto completo sobre o universo. Estudade as características dos meteoritos, asteroides, cometas e satélites para descubrir a diferenza entre eles. (30 min)

Ningún comentario:

Publicar un comentario