Xa están creados os equipos dos compañeiros e compañeiras que ides traballar xuntos este ano.
Ben sabedes que non son grupos de amigos, senon de traballo.
Cada un ten que aportar o mellor de si mesmo para progresar a nivel intelectual, emocional e social, pero moi especialmente, para que todos os compañeiros do equipo melloren.
Xuntos imos conseguilos.
Grazas pois aos Porquiños, Cadeliños, Libronautas, Cazafantasmas e Frecha de Ouro. Sodes os mellore.
venres, 30 de setembro de 2016
xoves, 29 de setembro de 2016
Observando o mundo con lupa
Pois si! A iso andamos. Observamos o mundo que nos rodea coa lupa binocular e o microscopio e non deixa de sorprendernos. Puidemos ver as células e descubrir as súas partes.
mércores, 28 de setembro de 2016
Visita ao Pazo Torrado
Hoxe fomos visitar o pazo Torrado. Alí unha monitora, Bea, xunto con Jose, o responsable da biblioteca Municipal, estiveron amosándonos aspectos moi interesantes sobre o pazo e a súa historia; vimos a cheminea, a lareira, os xardín, o piorno e o pombal. Logo amosáronos polo miudo cada unha das fotografías que compoñen a exposición e que recollen os premios finalistas de foto-xornalismos dos paises de fala lusa. Moitas das fotografías deixáronos impactados. Trataban aspectos relevantes da actualidade: ocio, espectáculos e deportes, a crise e a pobreza, o medio ambiente ... Queda pendente o debate que iniciamos na exposición e que remataremos na clase. Grazas por convidarnos a esta exposición.
martes, 27 de setembro de 2016
Reunión Xeral
Hoxe temos a reunión xeral de inicio de curso.
Será ás 17:00 na Aula de Usos Múltiples. Alí coñeceredes aos novos profesores do colexio e algúns aspectos xerais que fan este curso moi especial.
De seguido viremos á aula de 6º B e contarémosvos polo miudo algúns aspectos fundamentais que van configurar a última etapa dos vosos fillos e fillas na educación primaia e neste centro. Tamén marcaremos a data das entrevistas individuais.
Será un momento perfecto para tentar resolver todas as dúbidas que teñades sobre o estudio dos vosos fillos e fillas.

venres, 23 de setembro de 2016
Eleccións de delegados: Votacións
Hoxe tivo lugar o momento das votacións para a elección de delegado e subdelegado de clase. Aprendemos moitas cousas: cales son os votos en branco, os votos nulos, as decisións que pode tomar a Xunta Electoral, que un candidato pode votar por si mesmo, a aceptar a derrota ...
Raúl fixo de excelente Vocal secretario e Brais de vocal (Mariña axudou no reconto).
Despois dun momento de grande incertidume, porque estiveron moi igualados os resultados temos xa Delegada e Subdelegada de clase:
Delegada: Sabela Seijo Rodríguez
Subdelegada: Iria Varela Carro
Noraboa ás dúas e a todos os que participáchedes no proceso como os excelentes cidadámns que xa sodes.

xoves, 22 de setembro de 2016
Estudando os arredores
O luns pasado realizamos unha saída polos arredores do centro para observar o proceso da vendima, os tipos de cultivos que temos nesta época, os ecosistemas que atopabamos e os sectores de produción implicados na elaboración e comercialización do viño. Un bo repaso ao nivel de quinto para iniciar con forza o nivel de sexto. Tamén foi o momento de pasar da escrita de textos informativos (noticia) ou literarios (diario) a textos expositivos máis formais. Queda moito por andar.
Elección de Delegados: presentación de candidaturas
Hoxe tivo lugar a presentación das candidaturas para Delegados de clase. Algunhas delas moi traballadas tanto na publicidade como no programa electoral que presentaron. As propostas tamén foron moi interesantes. Agora toca un tempo de reflexión. Mañá seránas votacións.
So queda agradecerlles aos candidatos o seu esforzo e adicación no traballo por unha clase mellor. Grazas a todos: Lara, Érika, Brais, Román Sabela S, Raúl e Iria.
Contamos con vós.
So queda agradecerlles aos candidatos o seu esforzo e adicación no traballo por unha clase mellor. Grazas a todos: Lara, Érika, Brais, Román Sabela S, Raúl e Iria.
Contamos con vós.
xoves, 15 de setembro de 2016
Tea de araña
Os primeiros días temos moitas cousas que contarnos. Tan importante como contar é saber escoitar o que nos din os compañeiros. Unha maneira de aprender a escoitarnos mellor é co xogo da "Tea de araña".
Este ano dámoslle a benvida a un novo compañeiro: Mateo. Esperamos que pases un moi bo curso.
Este ano dámoslle a benvida a un novo compañeiro: Mateo. Esperamos que pases un moi bo curso.
xoves, 8 de setembro de 2016
Benvidas a todas, benvidos raparigos
O novo curso comeza. Xa todo está preparado. As aulas esperan a vosa alegría e as vosas ganas inmensas de aprender e descubrir o mundo que vos rodea.
Esperámosvos o luns.
Esperámosvos o luns.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)