xoves, 31 de xaneiro de 2019

Día da Paz

Onte celebramos no colexio o día da Paz. Como en anos anteriores todo o alumnado, coas súas mestras e mestres baixou ao patio cuberto. Ademáis de distintas actuacións musicais de varios cursos,este ano escoitamos dous contos dramatizados:
"Unha longa viaxe" e
  "Wangari y los árboles de la paz", nos que o alumnado de 6º tivo un papel fundamental.



Tamén escoitamos o recitado de dous poemas e un conto musicado ambientado en África. A canción que interpretamos en 6º B tiña unha parte en brasileiro e a outra en hindú. Fixemos un pequeno percorrido polo mundo buscando paz, como nos ensinou Julio Verne nas súas marabillosas obras. Cabe felicitar a todo o alumnado do centro e moi especialmente ao alumnado de 6º que tanto traballou na celebración deste día tan especial.
Noraboa, rapaces.
Foi unha mágoa non poder soltar as pombas ou ver voar o globo que tan minuciosamente programamos co profe Juan. Outro día será.

martes, 29 de xaneiro de 2019

venres, 25 de xaneiro de 2019

O tunel do termpo

Os nenos e nenas do colexio de Atios fixeron un excelente resumo da historia da humanidade axudándose de ilustracións e de dramatizacións. Aprendemos un pouco máis de historia con eles. De seguro sós saberemos facelo así de ben.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Coñecendo as ONG do noso contorno

O pasado luns empezou a rolda de exposicións sobre as ONG do noso contorno. A algunha delas irán destinados parte dos beneficios da nosa cooperativa. Polo momento foi Martiño o que nos falou polo miúdo de Cáritas e moi concretamente da labor que se desenvolvve na casa de San Cibrán na que son acollidas persoas e familias sen fogar e sen recursos e ás que se ensina non so a convivir con esperanza senón a desenvolver un traballo nos invernadoiros e nas terras da Casa.
Moitas grazas, Martiño.


Juan ensínanos a construír un globo de papel

O profe Juan Piñeiro estivo na nosa clase o pasado venres e tamén o mércores. Deixounos encargada a busca de información sobre os globos aerostáticos e tamén que estudaramos como se calcula a lonxitude dunha circunferencia, a área do círculo e a usar unha folla de cálculo. Nós, alumnos ben aplicados, démolo aprendido todo e fomos seguindo paso a paso os cálculos que hai que facer para construir o globo. O mércores, día da Paz  botarémolo a voar. Veremos como quederon os cálculos. Moitas grazas, profe Juan.