Este é o maio
hai que disfrutalo
Así empezaban algunhas das coplas compostas polos diferentes equipos e que cantou todo o cole acompañando a 6ºB arredor dun marabilloso maio feito polos máis pequenos.
Foi unha marabillosa festa na que grandes e pequenos festexamos un bonito día de primavera e o recordo das nosas tradicións.
martes, 30 de abril de 2019
venres, 26 de abril de 2019
Fabricando produtos
Seguimos na etapa de fabricación dos produtos seleccionados. Foi moi interesante ver o reparto do traballo, a implicación e colaboración de todos nas tarefas. Tamén foi preciso pasar un filtro de calidade e repetir o proceso de fabricación daquelas pezas que non cumprían os requerimentos establecidos. Seguiremos perfeccionando o proceso nos novos exemplares.
Teatro de inglés
Como en anos anteriores, onte estivemos no Auditorio disfrutando dunha fantástica representación de teatro en lingua inglesa na que dous dos alumnos desta clase foron tamén especiais protagonistas: Salomé e Xabier. De 6º A tocoulles subir a escena a Fabio e a Irene. Todos o fixeron moi ben e deixaron nun nivel moi alto ao noso colexio. Parabens a Camaleon Theatre e a todos os asistentes.ç
martes, 23 de abril de 2019
Día do libro
Para conmemorar o Día do Libro tivemos na aula unha edicción facsimil de "D. Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes Saavedra. Fomos lendo de forma continuada, case toda a mañá o capítulo XX que ten varias partes ben simpáticas, pero tamén seguimos a lectura a través dos ultraportátiles abalar que nos permitían ir descubrindo de maneira case inmediata o significado de palabras descoñecidas para nós que, se cabe se empregaban moito na época de Cervantes, e así puidemos entender mellor o texto. Repasamos o uso de guión nos diálogos de Sancho e D. Quijote, revisamos os textos argumentativos da man de Sancho, escoitamos un conto que quedou a medias e deixou a D. Quijote descolocado ...Malia que o tempo non deu para máis e non rematamos o capítulo. Podedes darlle unha ollada e rematalo pola vosa conta nesta ligazón:
Estruturas e máquinas simples
Nada máis chegar varios nenos trouxeron os deberes feitos e moi ben feitos e deixáronnos coa boca aberta amosando as estruturas que construíran e as súas máquinas simples: unha ponte, un pozo, unha bomba extractora ou unha polea nunha viga, todas moi traballadas. Bo traballo rapaces.
venres, 12 de abril de 2019
20.000 leguas de viaxe submagariños
Incrible mañá de xogos explorando o universo de Xulio Verne a voltas por todo o colexio; buscando libros, código secretos, pistas, mapas, códigos QR ... liderando aos pequechos, guiando, arroupando, axudando. Un verdadeiro encontro, aprendendo doutro xeito, áxil, entretido, compartido. Que máis se pode pedir:
E o equipo gañador, o da nosa marabillosa Candela. Parabéns, equipo, a vós e a todos.
xoves, 11 de abril de 2019
Conferencia con Asturias
Hoxe tivemos unha conferencia con Amaya (que nos falaba dende Asturias, por skype. Falamos sobre como marcar os prezos e moitas outras cousa importantes.
Graza Salo, Estela, Amaya. Grazas a todos, socios da cooperativa.
Graza Salo, Estela, Amaya. Grazas a todos, socios da cooperativa.
Teatro Caracol
Onte foi o gran día da posta en escena de Peter Pan para o cole grazas ao teatro Caracol. Sempre un privilexio velos en escea. Moitas grazas.
martes, 9 de abril de 2019
Folletos publicitarios
Hoxe estivemos falando na clase sobre a publicidade e as técnicas publicitarias xa que temos que preparar os anuncios, carteis e folletos publicitaris sobre a nosa cooperativa. Temos xa un montón de bocetos e ideas sobre a mesa e de aí sairán, de seguro, ideas fantásticas para publicitar a nosa empresa e animar á xente a coñecernos e a comprar os nosos produtos.
A semana pasada tivemos a última asemblea e xa estivemos en plena etapa de fabricación. Estamos a pleno rendimento.
martes, 2 de abril de 2019
Día internacional do Autismo
Hoxe, 2 de abril, é o Dia Internacional do autismo.
Na clase falamos deste transtorno, do que supón, dos noso coñecidos e amigos e de como axudarlles.
Pintamos parte dun puzzle e baixamos ata a Calzada. Alí había nenos de outros colexios. Fátima leu un manifesto na defensa dos dereitos das persoas con Autismo.
Montamos o puzzle coas pezas que fixeron outros cursos. Vimos moitos globos azuis e achegamos un anaquiño das nosas ganas de facer as cousas algo mellor para todos.
Na clase falamos deste transtorno, do que supón, dos noso coñecidos e amigos e de como axudarlles.
Pintamos parte dun puzzle e baixamos ata a Calzada. Alí había nenos de outros colexios. Fátima leu un manifesto na defensa dos dereitos das persoas con Autismo.
Montamos o puzzle coas pezas que fixeron outros cursos. Vimos moitos globos azuis e achegamos un anaquiño das nosas ganas de facer as cousas algo mellor para todos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)