venres, 28 de outubro de 2016

Emprende coa miña escola

Hoxe iniciamos o camiño dunha nova aventura. A creación dunha empresa, en concreto, por decisión unánime da clase, dunha cooperativa. Xa iramos contando de que se trata. Polo momento temos que pensar no produto que imos elaborar para vender.

Que medo!

Que medo pasamos! Que gritos, que sustos!
Que historias contamos para os nosos afillados, pero ... cánto riron tmén. Foi un gustazo descubrir as actitudes artísticase creativas dun gran equipo de amigos e compañeiros traballando xuntos. Moitas grazas rapaces!



xoves, 27 de outubro de 2016

Preparando o Samaín

Xa o cole está cheo de cabazas e historias de medo.


Ensaiamos no recreo:



 



 Pero mañá poremos o peche de ouro coa representación que imos ter cos afillados. Preparados?



luns, 10 de outubro de 2016

Estudando a natureza

Hoxe saímos á horta para observar os cambios que se produciron dende o inicio de curso,

 medimos algunhas plantas e debuxámolas. Temos que expresar con palabras tamén o observado, pero será noutra sesión.
Na clase estudamos os cinco niveis de organización dos seres vivos, dende a célula que observamos no microscopio, aos tecidos, órganos, aparatos e sistemas e organismo. Foi máis difícil de recordar do que podía parecer. Así é que hai que reler ben a información no libro cos exemplos que nos poñías, pensar nas actividades ou volver mirar o vídeo: "La célula y los seres vivos" .

Estudamos hoxe os cinco reinos.
 Vimos animais (un paxaro morto cun abellón arredor)
, plantas e fungos (moi grandes e de dous tipos.



Logo, co vídeo,  recordamos o Reino das bacterias (organismos unicelulares que so puidemos ver no microscopio), e o Reino dos protistas (propozoos e algas). Tamén vimos moi de perto tres tipos de artrópodos: un arácnido (subíalle unha araña a Román polo lombo), dous insectos (a mantis e unha mosquiña pequecha, e un miríapodo (un cempés). Seguirán na aula varios días para estudalos de perto.

Educación Responsable: Reflejarte

Hoxe, na clase de plástica exploramos unha técnica nova. Realizamos unha "perfoemance" na que cada equipo, plasmou nun papel continuo no chan a esencia dos animais xogando coas témpera negra e os elementos da natureza. Os resultados son ben curiosos. Alonxámosnos do papel e percibimos sensacións diferentes. Traballamos partindo da técnica da artista J. Jonas. Seguiremos explorando.

xoves, 6 de outubro de 2016

Solidarios

Hoxe unha compañeira de clase trouxonos dúas fotografías moi especiais; na primeira aparece co pelo curto e na segunda amósanos a súa preciosa coleta que acababa de cortar e que, moi xenerosamente, ofreceu en doazón para que as persoas con cancro ás que lles cae o pelo poidan ter perrucas de pelo natural.
Moitas grazas por ese xesto tan fermoso e solidario.

mércores, 5 de outubro de 2016

Mediadores

Hoxe no Plan lector, o equipo de mediadores do colexio fixo unha pequena posta en escena dun conflito entre dúas compañeiras e de como interveñen os mediadores para resolvelo de forma pacífica. Unha boa lección para todos. Recordades os pasos a seguir?