mércores, 31 de outubro de 2018

Samaín

Hoxe o cole estivo rebosante de cabazas e contos e historias de medo. As cabazas deslumbraban pola súa orixinalidade, cada ano máis sorprendentes.



 Na nosa aula escoitámoslle a Cayetana un precioso conto de medo, Drácula, que empezaba falando de amores. Curioso inicio que promete un desenlace moi interesante e que aínda non coñecemos porque o tempo do contacontos foi breve. Quedamos con ganas de concluír a historia, pero será xa na biblioteca. Grazas Cayetana.










Para rematar,  hoxe foi a última representación da obra "A bruxa Regañadentes". Despois das sesións de onte na Escola da Pastora as nosas queridas contacontos completaron a xira no colexio noutra das aulas, desta volta sen Salomé, pero con táboas de sobra, para defender con firmeza o papel asignado. Mil grazas, raparigas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario