mércores, 26 de decembro de 2018
Visita ao Asilo
No medio da inmensa dor que o última día do cole nos embargaba a todos saímos camiño do Asilo, para acompañar aos nosos maiores, facerlles un pouco máis ledo o día e desexarlles unha moi felices festas.
xoves, 20 de decembro de 2018
Día de loito na clase
Hoxe a nosa clase viviu, como todo o cole, como todo o pobo de Cambados momentos moi grandes de dor pola morte dos tres mariñeiros do Sin Querer 2, no día de onte, un deles pai da nosa querida alumna en prácticas Mirian e tío do noso compañerio David.
Ao longo da mañá escribimos poemas para amosar a nosa dor e o noso pesar e fixemos entre todos un barco grande no medio do mar en recordo do acontecido.
Baixamos ás once ao patio cuberto e alí, entre un profundo silencio escoitamos palabras e poemas que os nenos de distintas clases prepararon para amosar o seu cariño e cercanía para cos nosos compañeiros.
Un saúdo e o noso máis sentido pésame para todos os familiares que están a pasar estas duras horas de dor.
luns, 17 de decembro de 2018
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
Este libro tan orixinal e curioso foi o motivo de que de novo, as nosas preciadas actrices e actores, os nosos contacontyos visitasen de novo a EEI a Pastora para faceren partícipaes aos máis pequechos das aventuras de Martiño nesa noite tan especial.
E deixáronos con ganas de máis.
mércores, 12 de decembro de 2018
Cooperativa
Exposicións orais
Chegou o momento das exposicións orais dos grupos. Onte foi o equipo Escurridizo o que fixo unha fantástica exposición sobre As plantas. Hoxe era a quenda de Tomatides que empezou a falarnos dos fungos, pero aínda nos quedamos na metade. Mañá rematarán. Preparados os demais? Recordade que é tan importante ter preparada a propias exposición oral como o foi a preparación dos materiais. Adiante.
luns, 10 de decembro de 2018
Estrelas de Nadal
Chega o Nadal. É tempo de adornar as casas, as rúas, a clase ... Así é que ide practicando como podedes facer estrelas de Nadal. Imos poñer en práctica varias técnicas. Esta será unha delas:
xoves, 6 de decembro de 2018
Excreción
Por se non vos resultou doado responder as preguntas do xogo sobre a excreción adiántovos este vídeo no que podedes aprender moito sobre o funcionamento dos aparatos implicados na mesma.
Tamén podedes ler o voso libro e ir aprendendo o fundamental.
Tamén podedes ler o voso libro e ir aprendendo o fundamental.
mércores, 5 de decembro de 2018
Novos produtos para a cooperativa
Constitución e Estatuto.
Hoxe, todo o colexio estivo na aula de usos múltiples. Alí fomos lendo e escoitando os artigos da Constitución e do Estatuto que cada curso tiña preparado.
Este ano nós centámonos no artigo 167 que fala da Reforma da Constitución por dous motivos; un, porque é un tema constante de debate nestes momentos e dous, porque estamos traballando as fraccións e víñanos moi ben para aplicar os coñecementos matemáticos ás ciencias sociais. Así ensinámoslle aos máis pequenos como se calcula a maioría de tres quintos no Congreso e o Senado, a maioría absoluta no Senado, a maioría de dous terzos ou a décima parte de deputados e senadores que podería solicitar o Referendum de calquera proposta de Reforma. Vimos a diferenza entre maioría simple, maioría absoluta e maioría cualificada. O luns teremos que escoller o logo para a cooperativa. Farémolo por maioría simple, absoluta ou cualificada???
En canto ao Estatuto lemos o artigo 18 que fala do Presidente da nosa Autonomía e de cando procede ou non que sexa detido, inculpado, xulgado ... e por quen. Viña moi a conto dalgún dos acontecementos recientes que vimos de vivir.

Semana da ciencia en galego: Mencía e Martiño, Irene e Xiana
Martiño e Mencía trouxeron a clase unha impactante estrutura de volcán. Logo procederon meticulosamente a poñer en funcionamento unha estudada mestura de ingredientes que ía simular a erupción volcánica e así foi. Mágoa que non desbordade a erupción pola ladeira do volcán. Aínda así foi todo un éxito. Noraboa, rapaces.--
martes, 4 de decembro de 2018
Cine co SPAD
Hoxe, da man de Ángeles, a responsable do SPAD de Vilagarcía, asistimos a unha sesión de cine. Desta volta visionamos a película "Sang Woo y su abuela". Unha historia na que todos nos puidemos ver un pouco reflectidos en canto a comportamento se refire. Pola parte das profesoras tamén nos veu ben aprender a ensinar con algo máis de dozura e paciencia, como a avoa de Sang Woo. Procurarei telo presente, polo que a min se refire. Non é doado, pero cada un de nós pode intentar mellorar un pouquiño e conseguirémolo.
sábado, 1 de decembro de 2018
Xogando aprendemos mellor
Hoxe déixovos un xogo no que podedes comprobar canto sabedes sobre o aparato excretor.
Eleccións ao Consello Escolar
Tiveron lugar o venres as eleccións ao Consello Escolar nos tres sectores.
Cabe felicitar ao noso compañeiro Mateo Santos que foi escollido polo alumnado como o seu representante neste importante órgano de goberno do centro.
Noraboa, Mateo! Queda un gran traballo por diante.
Cabe felicitar ao noso compañeiro Mateo Santos que foi escollido polo alumnado como o seu representante neste importante órgano de goberno do centro.
Noraboa, Mateo! Queda un gran traballo por diante.
Exposicións
Estamos coa parte final do trimestre e xa iniciamos a rolda das exposicións orais dos traballosrealizados nos diferentes grupos. Polo momento fonos os Melóns os que nos expuxeron un excelente traballo sobre as Bacterias, os Tomatoides expuxeron a súa maqueta sobre o curso do río, como moi ben fixeran antes os Espárragos. En breve escoitaremos as propostas e os traballos dos demais compañeiros.
Publicidade
Susana, a educacora social do SPAD (Servizo de prevención e asistencia de drogodependencias de Vilagarcía de Arousa) explicounos as técnicas que utilizan as emprezar para anunciar e prmocionar os seus produtos ou as actividades que realizan e dalas a coñecer. Aprendemos moitas cousas sobre a publicidade e falamos de aspectos relacionados co coidado da nosa saúde e das persoas que queremos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)