mércores, 5 de decembro de 2018

Constitución e Estatuto.

Hoxe, todo o colexio estivo na aula de usos múltiples. Alí fomos lendo e escoitando os artigos da Constitución e do Estatuto que cada curso tiña preparado.
Este ano nós centámonos no artigo 167 que fala da Reforma da Constitución por dous motivos; un, porque é un tema constante de debate nestes momentos e dous, porque estamos traballando as fraccións e víñanos moi ben para aplicar os coñecementos matemáticos ás ciencias sociais. Así ensinámoslle aos máis pequenos como se calcula a maioría de tres quintos no Congreso e o Senado, a maioría absoluta no Senado, a maioría de dous terzos  ou a décima parte de deputados e senadores que podería solicitar o Referendum de calquera proposta de Reforma. Vimos a diferenza entre maioría simple, maioría absoluta e maioría cualificada. O luns teremos que escoller o logo para a cooperativa. Farémolo por maioría simple, absoluta ou cualificada???

En canto ao Estatuto lemos o artigo 18 que fala do Presidente da nosa Autonomía e de cando procede ou non que sexa detido, inculpado, xulgado ... e por quen. Viña moi a conto dalgún dos acontecementos recientes que vimos de vivir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario