mércores, 12 de xuño de 2019

No mercado de Cambados

Despois de tanto tempo, chegou o día tan esperado, a venta no mercado de Cambados. Os nosos alumnos e alumnas fixeron gala das súas competencias lingüísticas, matemáticas, do sentido de iniciativa, as habilidade sociais e cívicas, e así amosar o resultado de tanto tempo de traballo e preparación. Porque non se trataba so de fabricar produtos, ou de colaborar, como así o decidiron coas ONG de Cáritas e o Refuxio de Cambados. O programa ía moito máis alá. Aprenderon a facer actas, estatutoss, instancias, carteis publicitarios, a poñer etiquetas, a coidar o posto de venta, a pasar por un control de calidade cada produto ... En definitiva, a aplicar na vida real o que se ensina nos libros, nos pupitre, nas aular.Noraboa rapaces e rapazas.
Grazas a todas as familias que nos acompañaron, ao profesorado do centro, ao persoal e representantes do Concello, de Cáritas, do Refuxio, a toda a comunidade educativa que fai posible cada día esta realidade.

martes, 11 de xuño de 2019

Preparando a venta.

Estes días  andamos a voltas co deseño dos carteis en ordenador para publicitar a venda de mañá no mercado de Cambados. Varios carteis xa quedaron colocados nos corredores do centro e algúns serán distribuídos hoxe pola tarde en algúns locais do pobo.
Ademais o director do centro e as presidentas das dúas cooperativas SA e FDA desplazáronse ata o Concello para recoller as autorizacións para o posto de venta e foron ao banco a pagar as taxas municipais correspondentes.
Unha das socias encargouse se supervisar o empaquetado de todos os produtos e a secretaria puxo ao día a contabilidade.
Con todo preparado, cos correspondentes identificativos e cos carteis distribuídos so queda coñecer as quendas de venda e serán as seguintes:
Invitámosvos a visitarnos!

Quendas
Caixeiros
Rexistro de ventas
Vendedor
Publicidade/
Loxística
10:00- 10:40
Mateo S
Maroa
Candela- David
Brais
10:40- 11:20
Carolina
Aldara
Martiño- Xabi
Olalla
11:20-12:00
Mencía
Iker
Vicki- Diego
Iago
12:00- 12:40
Mateo M
Gabriel
Gio
Pablo
12:40- 13:20
Irene
Mariña
Salomé
Nico

Pólvora, globos que se inchan sen soplar ...

Hoxe tivemos máis experimentos e un deles deixounos abraiados porque os dous nenos que o presentaron fixeron nada máis e nada menos que  "pólvora" e ardeu de forma espectacular diante nosa.
Misterios das mesturas e as reaccións químicas que empezamos a estudar. Fascinante.
Outra das experiencias deu un resultado sempre chamativo pois vimos como inflar un globo sen soplar nadiña.
O experimento de Martiño quedou a medias e temos que seguir facendo hipóteses sobre cales serán as condicións idóneas para que flote a agulla. Aínda non o conseguimos, pero non imos abandoar!.

David, tamén conseguiu deixarnos coa boca aberta ao observar como a ausa sube soíña no vaso. Como o conseguiu. Recordades?

O experimento de onte de Iker a semana pasada tamén foi ben vistoso. Grazas ao mel, á auga e ao aceite vimos como se comportan os líquidos de diferentes densidades e onde se sitúan os sólidos que tentamos afundir: unha moeda, unha cenoria e un tapón de cortiza. Ti que cres ...?

mércores, 5 de xuño de 2019

Día Internacional do Medio Ambiente

Hoxe, grazas ao programa da Voz de Galicia "Prensa- escola" e ao xornal que recibimos todos os mércores, puidemos ler con detalle moitos dos artigos que nos falan da importancia do coidado do Medio Ambiente e volvemos recordar cando saímos a facer a limpeza das praias, a importancia de non tirar bolsas de plástico nas papeleiras abertas perto do mar, na importancia de non tirar lixo e de limpar o noso contorno polo noso propio ben ... e polo noso futuro.

venres, 31 de maio de 2019

O Libro Viaxeiro

Andamos xa cos últimos retoques para a entrega da edición deste ano do Libro Viaxeiro adicado a Xulio Verne. Nós traballamos co libro "Un capitán de quince anos" e démoslle unha voltiña  ao mundo das viaxes que tanto lle apaixoou a Xulio Verne. Unha reflexión que nos fixo pensar en viaxes que van máis alá do turismo, o ocio, a aventura e que nos falan doutras viaxes máis cargadas de dor: a emigración, os refuxiados, os exiliados, as viaxes forzosas ás que someteron aos escravos noutro tempo ... ou tal vez neste?

Diseño de cartelería

Para preparar a publicidade que repartiremos polos establecementos de Cambados anunciando o mercado do vindeiro mércores, día 12, varios nenos e nenas andiveron dándolle voltas ao programa CANVAS de diseño por ordenador de carteis. Xa parecen proifesionais!
Sempre co logo corporativo. Recordade

Operadores mecánicos

Gabriel presentounos hoxe unha impresionante roda dentada; unha sorprendente montaxe que permite observar con moita claridade e sinxeleza como se transmite o movemento. Moitas grazas, Gabriel.

Máis experimentos

Xabier tiña preparado un experimento fantástico: unha reacción química que transformaba o zume de limón, por acción da calor, noutra substancia que permitía ver nun papel, o que ata ese intre parecía invisible. Pero o experimento non saíu como era de esperar, dado que achegou a candea ao papel tanto que o papel se queimou, para susto de Xabi e de media clase. En calquera caso atopámonos ante outra reacción química: a combustión, segundo a cal, un combustible (papel, neste caso) xunto co osíxeno e a enerxía (o calor da candea) dan lugar a cinzas, anhídrido carbónico e vapor de auga. O papel seguíu ardendo xa no chan; era o intre de aplicar os coñecementos adquiridos no curso pasado cando fomos visitar o parque de bombeiros e o helicóptero: como apagar un lume; "eliminándo o osíxeno", por exemplo, isto é, pisándoo. Pero xa se apagou soíño ao pouco de chegar ao chan. Así é que acabamos falando e vivindo moi de preto dúas reaccións químicas nada menos.

Hoxe foi Nicolás o que nos presentou a experiencia do ovo saltarín. Tróuxonos un ovo que xa tiña preparado ao efecto da casa para ver o resultado final, un ovo "saltarín". Para conseguilo meteu o ovo en vinagre. Vai quedar todo o fin de semana na clase e o luns veremos como está. Será tempo suficiente? Haberá que velo e tomaremos nota. Polo de pronto estamos ante unha nova reacción química. Vemos que unha substancia aceda, como o vinagre e a cáscara caliza do ovo reacciónan (reactivos) e a casca do ovo transfórmarase nunha substancia distinta (produtos).

Por último foi Olalla a que nos preparou o sempre sorprendente fluído newtoniano. De certo todos volvemos quedar abraiados ao comprobar como un aparente líquido no que metemos os dedos con facilidade e nolos molla se convirte nun sorprendente sólido ao golpealo con forza. A explicación deste fenómeno quedará aprazada ata o instituto.

mércores, 29 de maio de 2019

Benvida Maroa

Temos unha compañeira nova na clase. Para darlle a benvida o noso compañeiro Iago preparou unha marabillosa presentación sobre a súa terra e ela puido confirmar que, de certo, así eran as comidas, os costumes, os monumentos dos que el nos falou. En breve faémoslle unha presentación da nosa terra para que coñeza Galicia máis polo moúdo.
Benvida Maroa.
Moitas grazas Iago

Letras Galegas

O Día das Letras Galegas celebrouse o pasado día 17 de xuño. O noso centro e os demais centros do concello de Cambados asistiron á calzada para facer alí a ofrenda floral a Cabanillas e recitar ou cantar poemas e cantigas en recordo do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas Fragua. A nosa clase, xunto con 6º A representou ao colexio. Cantamos a canción do carro, fixemos unha foto xa co cartel rematado e escoitamos algunhas canción dun simpático grupo de teatro.





martes, 28 de maio de 2019

Instancia para o Concello

Hoxe, despois dunha intensa sesión no día de onte recollendo ideas, propostas e argumentos de distinto tipo, a nosa presidenta redactou a instancia para  enviarlle a alcaldesa solicitando permiso para a venda dos nosos produtos no mercado de cambados e a colocación da publicidade.


Tamén estamos preparando carteis para ese día.


Experimentos coa materia

Iniciamos unha nova etapa cos experimentos sobre a materia. Aos que xa realizamos o ano pasado iremoslle engadindo as novas presentacións dos compañeiros.
Inicio esta rolda Gio facendo un experimento sobre a medición da acidez dun líquido.



Desta volta forn Candela e Carolina as que nos sorprenderon cun experimento sobre a flotabilidade cunha mandarina: flota coa monda e afunde cando esta destonada! Foi moi interesante escoitarlles a explicación deste feito sorprendente.
De seguido foi a quenda de Mencía que nos explicou como a porosidade da materia (capacidade para absorver unha materia outra distinta)facía que os palillos "se movesen".
Grazas rapazas.

luns, 27 de maio de 2019

Visita ao instituto

Hoxe demos o primeiro paso cara o futuro: o paso ao instituto, xa tan perto!

xoves, 23 de maio de 2019

Mónica Varela no cole

Hoxe visitounos Mónica Varela, unha marabillosa poeta que nos falou da chave para descubrir o misterio dos poemas e dos libros. E esa chave témola nós. Nas nosas mans está o empregala e descubrir novos mundos e soñar.



Mil grazas Mónica por acompañarnos e descubrirnos a poesía dos teus versos, versos e bolboretas.

A nosa cooperativa en Vigo

O pasado  martes, 21 de maio, a nosa cooperativa Sandías Artesás e tamén FDA estiveron na rúa Príncipe de Vigo onde puxeron á venda os produtos que estivemos preparando ao longo do ano. Todo un éxito.

Podedes pinchar nesta ligazón para ver as fotos e a noticia: Mercado de Vigo



















Antes da venta o proceso de preparación levou o seu tempo e moito traballo, dende o etiquetado, o control de calidade, a loxística, a preparación da publicidade, as prácticas de venta o día antes no cole ...
Etiquetado:




 Publicidade: folletos e carteis

 Loxística

 Control de calidade:


 Práctica de venta:






luns, 6 de maio de 2019

O Latexo das Verbas

Coas Letras Galegas, ferven e latexan as palabras e as emocións. Todos escribimos preciosos poemas que xa están presentados ao concurso e tamén expostos no panel da clase: Unha visión xeral e o poema de Mariña, unha mostra pequeniña!


Preparando o Cartel das Letras Galegas

A vindeira semana celetraremos o Día das Letras Galegas, polo que estamos xa preparando o Cartel que este ano presentará o colexio e que terá que estár rematado este venres.
A semana pasada iniciaron o debuxo e plantexamento do cartel Candela, Carolina, Irene, Olalla e Vicki. Hoxe seguiron co traballo Salomé, Stella, Mariña e Olalla.
Xa vai collendo forma. Olalla estivo con medicións moi detalladas para conseguir o mesmo tamaño das letras; un traballo ben minucioso!




Pola mañá movémonos polos corredores para recadar información sobre Antonio Fraguas e logo expuxémola na clase. Un bo traballo e unha ssesión formidable de repaso da nosa historia recente.




xoves, 2 de maio de 2019

Máis estruturas e máquinas

Ao longo da semana fomos descubrindo máis máquinas simples, máquinas compostas e distintas estruturas. Todas moi  ben feitas e ben interesantes. Aínda nos quedan algunhas por descubrir. Como serán?







Así quedaron xuntiñas.