Xabier tiña preparado un experimento fantástico: unha reacción química que transformaba o zume de limón, por acción da calor, noutra substancia que permitía ver nun papel, o que ata ese intre parecía invisible. Pero o experimento non saíu como era de esperar, dado que achegou a candea ao papel tanto que o papel se queimou, para susto de Xabi e de media clase. En calquera caso atopámonos ante outra reacción química: a combustión, segundo a cal, un combustible (papel, neste caso) xunto co osíxeno e a enerxía (o calor da candea) dan lugar a cinzas, anhídrido carbónico e vapor de auga. O papel seguíu ardendo xa no chan; era o intre de aplicar os coñecementos adquiridos no curso pasado cando fomos visitar o parque de bombeiros e o helicóptero: como apagar un lume; "eliminándo o osíxeno", por exemplo, isto é, pisándoo. Pero xa se apagou soíño ao pouco de chegar ao chan. Así é que acabamos falando e vivindo moi de preto dúas reaccións químicas nada menos.
Hoxe foi Nicolás o que nos presentou a experiencia do ovo saltarín. Tróuxonos un ovo que xa tiña preparado ao efecto da casa para ver o resultado final, un ovo "saltarín". Para conseguilo meteu o ovo en vinagre. Vai quedar todo o fin de semana na clase e o luns veremos como está. Será tempo suficiente? Haberá que velo e tomaremos nota. Polo de pronto estamos ante unha nova reacción química. Vemos que unha substancia aceda, como o vinagre e a cáscara caliza do ovo reacciónan (reactivos) e a casca do ovo transfórmarase nunha substancia distinta (produtos).
Por último foi Olalla a que nos preparou o sempre sorprendente fluído newtoniano. De certo todos volvemos quedar abraiados ao comprobar como un aparente líquido no que metemos os dedos con facilidade e nolos molla se convirte nun sorprendente sólido ao golpealo con forza. A explicación deste fenómeno quedará aprazada ata o instituto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario