Hoxe desprazámonos á Avda Rosalía de Castro, debaixo do arco da praza de Fefiñáns para escoitar varias pezas musicais e as intervencións dos nenos e adultos que nos amosaron as súas creacións en relación a Rosalía de Castro.
Tamén escoitamos a Xan Galbán, o chef do restaurante María Castaña de Santiago que nos situou no tempo de Rosalía e nos leu o poema "Caldo de gloria", para, deseguido, agasallarnos cun delicioso caldo que todos puidemos degustar.
Moitas grazas polo convite, as actuacións e o caldiño nun día tan especial.
Recordaremos un pouquiño máis o aprendido estes días na clase de Historia do século XIX; o tempo do Rexurdimento, o ano da morte de Rosalía que é tamén o ano da morte de Afonso XII, a chegada do tren de vapor a Vilagarcía, a situación das nosas xentes, especialmente das máis pobres ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario