Hoxe todos na clase lemos e escollemos poemas, ilustrámolos dun xeito propio e persoal, compartímolos cos compañeiros, empaquetámolos en caixiñas de agasallo e ímolos enviar por todos os comercios de Cambados para que as palabras bonitas, os sentimentos e a beleza saian das portas do cole e inunden o pobo todo.
Pensamos entre tanto,
nas persoas coa Síndrome de Down,
e en crear, con elas tamén
un mundo máis acolledor para todas.
Non sempre o conseguimos
pero non nos rendiremos
nin decaerá o noso ánimo
ou os nosos intentos,
porque, como dicía Lorca:
"O mundo é grande,
todos teñen cabida nel!"
Fagámolo posible,
fagámolo mellor empezando así:
A escola é grande
ou pequena
maís todos teñen
cabida nela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario