venres, 31 de maio de 2019

O Libro Viaxeiro

Andamos xa cos últimos retoques para a entrega da edición deste ano do Libro Viaxeiro adicado a Xulio Verne. Nós traballamos co libro "Un capitán de quince anos" e démoslle unha voltiña  ao mundo das viaxes que tanto lle apaixoou a Xulio Verne. Unha reflexión que nos fixo pensar en viaxes que van máis alá do turismo, o ocio, a aventura e que nos falan doutras viaxes máis cargadas de dor: a emigración, os refuxiados, os exiliados, as viaxes forzosas ás que someteron aos escravos noutro tempo ... ou tal vez neste?

Diseño de cartelería

Para preparar a publicidade que repartiremos polos establecementos de Cambados anunciando o mercado do vindeiro mércores, día 12, varios nenos e nenas andiveron dándolle voltas ao programa CANVAS de diseño por ordenador de carteis. Xa parecen proifesionais!
Sempre co logo corporativo. Recordade

Operadores mecánicos

Gabriel presentounos hoxe unha impresionante roda dentada; unha sorprendente montaxe que permite observar con moita claridade e sinxeleza como se transmite o movemento. Moitas grazas, Gabriel.

Máis experimentos

Xabier tiña preparado un experimento fantástico: unha reacción química que transformaba o zume de limón, por acción da calor, noutra substancia que permitía ver nun papel, o que ata ese intre parecía invisible. Pero o experimento non saíu como era de esperar, dado que achegou a candea ao papel tanto que o papel se queimou, para susto de Xabi e de media clase. En calquera caso atopámonos ante outra reacción química: a combustión, segundo a cal, un combustible (papel, neste caso) xunto co osíxeno e a enerxía (o calor da candea) dan lugar a cinzas, anhídrido carbónico e vapor de auga. O papel seguíu ardendo xa no chan; era o intre de aplicar os coñecementos adquiridos no curso pasado cando fomos visitar o parque de bombeiros e o helicóptero: como apagar un lume; "eliminándo o osíxeno", por exemplo, isto é, pisándoo. Pero xa se apagou soíño ao pouco de chegar ao chan. Así é que acabamos falando e vivindo moi de preto dúas reaccións químicas nada menos.

Hoxe foi Nicolás o que nos presentou a experiencia do ovo saltarín. Tróuxonos un ovo que xa tiña preparado ao efecto da casa para ver o resultado final, un ovo "saltarín". Para conseguilo meteu o ovo en vinagre. Vai quedar todo o fin de semana na clase e o luns veremos como está. Será tempo suficiente? Haberá que velo e tomaremos nota. Polo de pronto estamos ante unha nova reacción química. Vemos que unha substancia aceda, como o vinagre e a cáscara caliza do ovo reacciónan (reactivos) e a casca do ovo transfórmarase nunha substancia distinta (produtos).

Por último foi Olalla a que nos preparou o sempre sorprendente fluído newtoniano. De certo todos volvemos quedar abraiados ao comprobar como un aparente líquido no que metemos os dedos con facilidade e nolos molla se convirte nun sorprendente sólido ao golpealo con forza. A explicación deste fenómeno quedará aprazada ata o instituto.

mércores, 29 de maio de 2019

Benvida Maroa

Temos unha compañeira nova na clase. Para darlle a benvida o noso compañeiro Iago preparou unha marabillosa presentación sobre a súa terra e ela puido confirmar que, de certo, así eran as comidas, os costumes, os monumentos dos que el nos falou. En breve faémoslle unha presentación da nosa terra para que coñeza Galicia máis polo moúdo.
Benvida Maroa.
Moitas grazas Iago

Letras Galegas

O Día das Letras Galegas celebrouse o pasado día 17 de xuño. O noso centro e os demais centros do concello de Cambados asistiron á calzada para facer alí a ofrenda floral a Cabanillas e recitar ou cantar poemas e cantigas en recordo do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas Fragua. A nosa clase, xunto con 6º A representou ao colexio. Cantamos a canción do carro, fixemos unha foto xa co cartel rematado e escoitamos algunhas canción dun simpático grupo de teatro.





martes, 28 de maio de 2019

Instancia para o Concello

Hoxe, despois dunha intensa sesión no día de onte recollendo ideas, propostas e argumentos de distinto tipo, a nosa presidenta redactou a instancia para  enviarlle a alcaldesa solicitando permiso para a venda dos nosos produtos no mercado de cambados e a colocación da publicidade.


Tamén estamos preparando carteis para ese día.