luns, 19 de decembro de 2016

Reacción química

A profe Mirian demostrounos hoxe como conseguir un Globo inflado cunha reacción química moi interesante e que xa todos probáchedes no curso pasado preparando as erupcións dos volcáns. 
Nesta ocasión a profe Miriam explicouvos que a unión dunha base (bicarbonato sódico) e dun ácido (vinagre) xenera dióxido de carbono, un gas co que se acaba inflando o globo. É ben interesante comprobalo en directo. Grazas, profe.

Reacción química  

un ácido (vinagre ou ácido acético) +unha base (bicarbonato sódico) → sal (acetato de sodio) + agua +dióxido de carbono.



venres, 16 de decembro de 2016

Clube de lectura: Contos de Nadal

Hoxe estivo na nosa aula Salomé, unha alumna de 4º que nos leu un anaquiño do libro "Contos de Nadal" da colección "Catro amigos e medio". Leuno tan ben que, de seguro, moitos imos querer facernos co libro para ver como remata a historia que nos contou. Noraboa Salomé. E grazas pola túa implicación.

Reseñas

Xa temos preparadas as primeiras reseñas dos nosos libros favoritos. Aínda quedan máis.

luns, 12 de decembro de 2016

Electromagnetismo

Déixovos a ligazón ao vídeo que estivemos vendo na aula para que sigades repasando:

Para que practiquedes dunha forma máis divertida e comprobedes o dominio do tema, podedes facer os exercicios que aquí vos deixo. Clicade na imaxe:
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/sexto_curso/naturales_6/electromagnetismo_6/electromagnetismo_6.html

mércores, 7 de decembro de 2016

Estatutos

Na cooperativa estamos elaborando os estatutos entre todos. Aínda quedan moitas cousas por decidir.
Polo momento, estes son os aprobados xa: 


MSC

Magariños Sociedade Cooperativa

ESTATUTOS

Artigo 1: Nome
 A empresa funcionará baixo o nome de M.S.C ( MAGARÑOS SOCIEDADE COOPERATIVA)
Artigo 2: Obxecto social
A nosa empresa ten a seguinte actividade: Elaboración de produtos artesáns fabricados polos nenos.
Artigo 3: Duración
A empresa constitúese o día 28 de outubro ata o mes de xuño.
Artigo 4:Enderezo       
O enderezo social queda establecido en Cambados Av Vilariño Nº29 Cep Antonio Magariños Curso 6ºB.
Artigo 5: O capital
O capital de investimento fixase en 110  euros. Divídese en  22 participacións de 5 euros por cada socio/a.
Artigo 6: As contas
Os informes de contas presentaranse aos socios/as cada 15 días.
Artigo 7: Recuperación do investimento.
Unha vez finalizada a venda,todos os socios e socias poderán recuperar todo o importe.
Artigo 8: Utilización de beneficios.
Cos beneficios obtidos
Artigo 9: Outras disposicións 
Artigo 10: As persoas que non poidan dar os cinco euros nun so mes, poderán fraccionar por 1 euro cada mes.
Artigo 4:Enderezo
O enderezo social queda establecido en Cambados Av Vilariño Nº29 Cep Antonio Magariños Curso 6ºB.
Artigo 5: O capital
O capital de investimento fixase en 110  euros. Divídese en  22 participacións de 5 euros por cada socio/a.
Artigo 6: As contas
Os informes de contas presentaranse aos socios/as cada 15 días.
Artigo 7: Recuperación do investimento.
Unha vez finalizada a venda,todos os socios e socias poderán recuperar todo o importe.
Artigo 8: Utilización de beneficios.
Cos beneficios obtidos
Artigo 9: Outras disposicións 
Artigo 10: As persoas que non poidan dar os cinco euros nun so mes, poderán fraccionar por 1 euro cada mes.

Sobre as pasadas eleccións a presidente da Cooperativa

Así se viviron, en primeira persoa, as pasadas eleccións a presidente da cooperativa:
 (Os textos escritos polo alumnado estarán sempre en azul)

Hoxe,día 18 de novembro do 2.016,os nenos e nenas de 6.B estiveron organizando unhas eleccións.Estas eleccións consisten no seguinte: os nenos fixeron unha especie de organización para vender cousas que eles mesmos fabriquen e recaudar diñeiro; o que discutían,era ver quen era o presidente desa empresa.Para esas eleccións presentáronse Laura,Román,Érika,Cristian e Brais.


O presidente desa empresa tiña que cumplir uns requisitos imprescindibles:ser responsable,falar ben diante do público,...Estas eleccións xa se realizaran antes,deixando a Cristian como presidente,pero hoxe,repetíronse.Tras as novas eleccións,Cristian e Román empataron.O desempate será o vindeiro luns.

Autora: Aitana.




Hoxe na clase de 6ºB houbo eleccións para presidente da M. S. C. (Magariños Sociedade Cooperativa). Xa van dúas! Os rapaces estaban tolos por saber quen ía a gañar. Cando chegou o momento indicado para a defensa da candidatura, por pouco cáiome da silla! Estaba flipadamente, flipando co ben que as presentaron! Ao final, chegou o momento máis desexado... O DE VOTAR! Eu votei por... 

Espera! É un segredo! ! Prentáronse cinco rapaces polos que se estivo agardando para poder votar! Porque tiñan que defender as súas candidaturas! Pero antes de todo iso (que foi o máis divertido! ! ), estivemos falando das eleccións. Cando foi o momento de dicir quen gañara, todos estaban calados. E o gañador foi... Uih! Empate entre Cristian e Román! Todos estaban disgustados polo resultado, especialmente porque querían saber cal sería o seu novo presidente.

Na miña opinión está ben que se fagan estas eleccións, porque así os nenos aprenden a falar ben, a saber escoller o mellor presidente non por amizade, senon por experiencia e habilidade. Tamén aprenden a asumir derrota e felicitar ao gañador. Pero, sobre todo, aprenden a ser máis e máis amigos aínda do que xa son e somos, formando unha empresa de soños engaiolados!



Autora: Iria 

martes, 6 de decembro de 2016

Fracciones

Para practicar

Fracciones. Repasa y juega

Ordenar fracciones

Representa fracciones. Luego compara

Fracción y número mixto


Suma. Repaso método de productos cruzados

Acentuación

Para practicar:

Celebramos a Constitución e o Estatuto

Para celebrar a festa da Constitución participamos, con todo o colexio na lectura de diversos artigos sobre a nosa Carta Magna. Participamos tamén na arriada das bandeiras de Galicia e de España no final do día.





Como a aula de 6ºB está adicada a CASTELAO recordamos a súa vinculación con aquel primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia que fora aprobado en plebiscito polo 99,24% dos galegos alá polo ano 1936, un 28 de xuño, e no que a participación fora altísima para aquela época (máis do 74% do censo). O Estatuto foille presentado ao presidente o 15 de xullo de 1936, máis o inicio da Guerra Civil uns días despois non fixo posible que se aprobase nas Cortes.
Así é que, agora celebramos que no ano 1981, aquel lonxano soño de Castelao e de tantos galegos, poidese ser unha realidade.

sábado, 3 de decembro de 2016

Magnetismo

Estudamos as tres propiedades fundamentais dos imáns seguindo a explicación dun "mestre" novo na aula. Para os que queirades repasar e aprendelo ben para que non vos esqueza déixovos aquí o vídeo de repaso:

Os perigos das TICs

O uso sen control das novas tecnoloxías pode dar lugar a problemas serios. É importante coñecer como debemos actuar e que non debemos facer. Un vídeo elaborado por Miriam, a nosa mestra en prácticas e as súas compañeiras da Universidade de Lugo, serviunos para recordar os aspectos fundamentais dos que xa nos informara a Garda Civil no curso pasado e no que tamén insistiron as psicólogas do SPAD de Vilagarcía.
Se queredes volver consultalo cos vosos pais tendes aquí a ligazón:

xoves, 1 de decembro de 2016

Circuitos eléctricos: Uauuu!

Hoxe tres grupos máis amosaron as súas montaxes cos circuitos electricos e explicáronos o proceso de elaboración. Todos moi ben feitos e ... funcionan! Malia que un temos xa que reparalo.