Para celebrar a festa da Constitución participamos, con todo o colexio na lectura de diversos artigos sobre a nosa Carta Magna. Participamos tamén na arriada das bandeiras de Galicia e de España no final do día.
Como a aula de 6ºB está adicada a CASTELAO recordamos a súa vinculación con aquel primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia que fora aprobado en plebiscito polo 99,24% dos galegos alá polo ano 1936, un 28 de xuño, e no que a participación fora altísima para aquela época (máis do 74% do censo). O Estatuto foille presentado ao presidente o 15 de xullo de 1936, máis o inicio da Guerra Civil uns días despois non fixo posible que se aprobase nas Cortes.
Así é que, agora celebramos que no ano 1981, aquel lonxano soño de Castelao e de tantos galegos, poidese ser unha realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario