mércores, 7 de decembro de 2016

Sobre as pasadas eleccións a presidente da Cooperativa

Así se viviron, en primeira persoa, as pasadas eleccións a presidente da cooperativa:
 (Os textos escritos polo alumnado estarán sempre en azul)

Hoxe,día 18 de novembro do 2.016,os nenos e nenas de 6.B estiveron organizando unhas eleccións.Estas eleccións consisten no seguinte: os nenos fixeron unha especie de organización para vender cousas que eles mesmos fabriquen e recaudar diñeiro; o que discutían,era ver quen era o presidente desa empresa.Para esas eleccións presentáronse Laura,Román,Érika,Cristian e Brais.


O presidente desa empresa tiña que cumplir uns requisitos imprescindibles:ser responsable,falar ben diante do público,...Estas eleccións xa se realizaran antes,deixando a Cristian como presidente,pero hoxe,repetíronse.Tras as novas eleccións,Cristian e Román empataron.O desempate será o vindeiro luns.

Autora: Aitana.




Hoxe na clase de 6ºB houbo eleccións para presidente da M. S. C. (Magariños Sociedade Cooperativa). Xa van dúas! Os rapaces estaban tolos por saber quen ía a gañar. Cando chegou o momento indicado para a defensa da candidatura, por pouco cáiome da silla! Estaba flipadamente, flipando co ben que as presentaron! Ao final, chegou o momento máis desexado... O DE VOTAR! Eu votei por... 

Espera! É un segredo! ! Prentáronse cinco rapaces polos que se estivo agardando para poder votar! Porque tiñan que defender as súas candidaturas! Pero antes de todo iso (que foi o máis divertido! ! ), estivemos falando das eleccións. Cando foi o momento de dicir quen gañara, todos estaban calados. E o gañador foi... Uih! Empate entre Cristian e Román! Todos estaban disgustados polo resultado, especialmente porque querían saber cal sería o seu novo presidente.

Na miña opinión está ben que se fagan estas eleccións, porque así os nenos aprenden a falar ben, a saber escoller o mellor presidente non por amizade, senon por experiencia e habilidade. Tamén aprenden a asumir derrota e felicitar ao gañador. Pero, sobre todo, aprenden a ser máis e máis amigos aínda do que xa son e somos, formando unha empresa de soños engaiolados!



Autora: Iria 

Ningún comentario:

Publicar un comentario