xoves, 2 de febreiro de 2017

Máis estruturas

Hoxe, o equipo "Porquiños" presentounos a súa estrutura que levaba incorporada un operador mecánico das máquinas compostas: unha manivela. Ademais de presentar un moi bo proxecto destacou a beleza e a calidade do mesmo.

 Pero ademais, Sabela tróuxonos unha estrutura sorprendente que construira a súa irmá cuns compañeiros no instituto: estaba feita con paus pequenos e era case oca. Aínda así puido soportar o peso da nena. Está claro que as estruturas triangulares teñen unha gran consistencia.


Por últimos visitounos Teo, que nos presentou a "Ponte autoportante" de Leonardo da Vinci. Con dez pauciñiños grandes e cinco pequeños, con muescas perfectamente talladas foi construíndo unha ponte perfecta que foi quen de soportar a carga dunha pila de libros.



Aínda quedan dous grupos por expoñer. Con que nos sorprenderán? Perfecto remate para un tema sorprendente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario