martes, 31 de xaneiro de 2017

Celebrando o Día da Paz

Onte celebramos o Día da Paz.
Todos os cursos traballaron na clase ao longo do mes de xaneiro sobre este tema e o que podía facer cada un de nós por mellorar o contorno.
Na nosa aula reflexionamos especialmente sobre as consecuencias da falta de paz en dous temas de gran actualidade: a violencia de xénero, cando falla a paz na familia; e a situación dos Refuxiados, especialmente dos nenos e nenas, cando escapan das matanzas nos seus países, nas súas casas... Todos escribiron poemas ben bonitos que amosaban a dor, o sofrimento... pero tamén a esperanza nun mundo mellor.
No acto de onte todos os cursos puxeron en común moitas facetas imprescindibles e que nos levaron a reflexionar moito.
Os alumnos de 6ºA e 6ºB interpretaron coa frauta a "Sinfonía do novo mundo" e logo cantaron en inglés a canción de Imagine. Fixérono realmente ben grazas ao traballo constante dos profesores Carlos e Lucía.







Ningún comentario:

Publicar un comentario