martes, 27 de xuño de 2017

Felices Vacacións

Deséxovos a todos unhas felices vacacións e que disfrutedes dun moi merecido descanso.

Recórdovos que o mércores, día 28, ás doce da mañá debedes pasar polo centro para recoller os vosos historiais académicos.

Feliz descanso.

mércores, 21 de xuño de 2017

Mañá... recollida

Recordade que mañá temos que recoller os últimos produtos da horta.
Vinde con roupa e calzado axeitados.

Reciclaxe

E para irnos do centro co compromiso permanente na defensa e mellora do Medio Ambiente, hoxe estivo con nós Eloy para falarnos de como facer para mellorar os nosos  hábitos de cada día na separación do lixo e na reutilización, así como de todo o que podemos lograr grazas á RECICLAXE.
Grazas, Eloy. Ímolo ter ben presente.

Entrega dos donativos ás ONG

Onte, estivo no centro Olga Costa, (acompañada de Ani e outra cadeliña), responsable do Refuxio de animais de Cambados. Falounos do traballo que están a facer cos animais no Refuxio e na súa loita pola defensa da vida e do dereitoá vida de todos os animais; tamén daqueles que teñen algunha eiva. Esa defensa é o que identifica ao Refuxio e o diferenza dunha Canceira na que acaban sacrificando aos canciños por problemas de espazo en ocasións. Eran moitas as preguntas e pouco o tempo. Pero si que foi un orgullo moi grande para todos os socios entregar o donativo dos 45€ a unha entidade que tanto loita na defensa dos animais e da vida.

Hoxe estivo con nós Lolita Trigo en representación de Cáritas Parroquial. Eles foron os destinatarios dos outros 45€ de donativo que  lle entregou noso presidente, Román. Lolita falounos da labor de Cáritas na parroquia, da atención aos transeúntes, da dignidade e respecto que merece toda persoa. Tamén nos falou de Cáritas Parroquial e do comedor social que lle da almorzo, xantar e cea diariamente a perto de 60 persoas. Xustamente ao comedor interparroquial irán os 45 € pois acaban de recibir unha solicitude de axuda urxente para repoñer aceite, azucre, café, leite, galletas ... e outros alimentos de primeira necesidade.
Foi unha gran alegría poder contribuir a mellorar o día a día de quen máis o necesita.

Grazas a todos, rapaces.

venres, 16 de xuño de 2017

De recollida na horta

E chegou por fin o día de recoller os froitos.
Así é que hoxe cada neno levou unha leituga, un calabacín, ou unhas acelgas, segundo as preferencias de cada un.Agora toca disfrutalo sabendoque son totalmente ecolóxicos.

xoves, 15 de xuño de 2017

Escola das Familias; será o luns

A reunión prevista para hoxe da "Escola das Familias" aprázase para o vindeiro luns.

Visita ao instituto

Punto departida para unha nova etapa.
 Espérannos unhas instalacións incribles: pavillón, laboratorios, aula de arte, caferetía ... e un profesorado moi acolledor.
Agora queda rematar o curso  para estarmos ben preparados. É un gran salto.

Visita a Lugo

Visita monumental a unha cidade preciosana que vivimos experiencias moi bonitas que vos iremos desgranando aos poucos.

venres, 9 de xuño de 2017

Exposicións

O grupo Cazafantasmas presentou onte o seu traballo sobre o SIDA. Fixérono realmente ben. O traballo estaba moi coidado e a información era breve, pero precisa.

Hoxe, Pedro presentou un excelente power point sobre o Acoso escolar. As imaxe seleccionadas foron moi interesantes e a información estaba moi clariña e era fácil de entender. Grazas, Pedro, polo teu esforzo e por adicarnos o teu tempo.

Falando dos avós

Hoxe Sabela ensinounos un sombreiro que o seu avó trouxera de México cando, fai moitos anos, tivera que irse a aquelas terras. Tamén nos contou como era a escola no tempo da súa avoa e trouxo un velo. Daquela as mulleres tiñan que levar velo cubrindo a cabeza cando entraban na igrexa. Díxonos que nas escolas lle daban leite en po e pola tarde, pan con manteiga. Eran anos moi duros e houbera moita fame.
Raúl contounos o mérito que tivo o seu avó, pois aprendeu a ler, escribir, as contas e a falar noutro idioma el soíño.
O avó de Sabela P. navegou en barcos moi grandes polo norte de Europa. Nun deles había 31 cociñeiros.
As historias dos nosos avós constrúen a historia. Escoitádeos sempre.

Experimentos

Ao longo desta semana empezamos a disfrutar xa dos primeiros experimentos que nos presentaron os nosos compañeiros do grupo "Porquiños" e tamén dos que prepararon Iria e Marycielo. Grazas por permitirnos disfrutar da ciencia en directo. Estamos impacientes por descubrir novas e sorprendentes experiencias.

luns, 5 de xuño de 2017

Expertos

Hoxe, na horta, foron varios os nenos os que decidiron deixar o seu tempo libre do recreo para supervisar o crecemento das plantas, regar, cavar e atar os tomates ... como expertos.
Non hai máis que velos:








venres, 2 de xuño de 2017

Recollemos chícharos

Hoxe, por fin, recollemos chícharos na horta, puidemos saborealos e compartilos co profesorado do centro. Estaban deliciosos.
Tamén tivemos que reparar o composteiro, que sofrira un percance..., Arrincamos herbas do ceboliño, cavamos os pementos, atamos os tomates e regamos todas as plantas. Moito traballo, pero mereceu a pena o esforzo.