Onte, estivo no centro Olga Costa, (acompañada de Ani e outra cadeliña), responsable do Refuxio de animais de Cambados. Falounos do traballo que están a facer cos animais no Refuxio e na súa loita pola defensa da vida e do dereitoá vida de todos os animais; tamén daqueles que teñen algunha eiva. Esa defensa é o que identifica ao Refuxio e o diferenza dunha Canceira na que acaban sacrificando aos canciños por problemas de espazo en ocasións. Eran moitas as preguntas e pouco o tempo. Pero si que foi un orgullo moi grande para todos os socios entregar o donativo dos 45€ a unha entidade que tanto loita na defensa dos animais e da vida.
Hoxe estivo con nós Lolita Trigo en representación de Cáritas Parroquial. Eles foron os destinatarios dos outros 45€ de donativo que lle entregou noso presidente, Román. Lolita falounos da labor de Cáritas na parroquia, da atención aos transeúntes, da dignidade e respecto que merece toda persoa. Tamén nos falou de Cáritas Parroquial e do comedor social que lle da almorzo, xantar e cea diariamente a perto de 60 persoas. Xustamente ao comedor interparroquial irán os 45 € pois acaban de recibir unha solicitude de axuda urxente para repoñer aceite, azucre, café, leite, galletas ... e outros alimentos de primeira necesidade.
Foi unha gran alegría poder contribuir a mellorar o día a día de quen máis o necesita.
Grazas a todos, rapaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario