Hoxe o noso compañeiro Brais trouxo unha maqueta dun transbordador espacial e contounos moitos datos e anécdotas curiosas sobre as viaxes ao espazo e as viaxes á lúa. Quedamos abraiados! Moitísimas grazas, Brais por querer compartir connosco todo o que sabes!
venres, 28 de setembro de 2018
O libro perdido
Hoxe os nosos compañeiros de teatro representaron para as dúas clases de sexto a obra titulada "O libro perdido".
Despois da excelente explicación das normas de funcionamento da biblioteca do profe Jaime, hoxe recordamos, repasamos e repensamos como han de colocarse os libros ... para non cometer erros.
Despois da excelente explicación das normas de funcionamento da biblioteca do profe Jaime, hoxe recordamos, repasamos e repensamos como han de colocarse os libros ... para non cometer erros.
mércores, 26 de setembro de 2018
Preparados para estudar?
Recordade que temos que empezar a mellorar os mapas mentais con información clave e imaxes significativas que nos permitan facer unha boa exposición oral ... desta volta sobre os Cinco Reinos.
Aquí vos quedan algúns mapas dos compañeiros de clase. Cal vos axudaría máis? Con toda seguridade o que vós mesmos facedes.
Aquí vos quedan algúns mapas dos compañeiros de clase. Cal vos axudaría máis? Con toda seguridade o que vós mesmos facedes.
Mirando o mundo moi de preto
Hoxe colocamos dúas lupas binoculares e iremos observando as pequenas marabillas que a natureza nos prepara. Empezamos con dúas, pero ao remate da mañá xa tiñamos tres lupas e un microscopio, e xa podemos ver nada menos que as células de cebola. Aí é nada!
luns, 24 de setembro de 2018
O alfareiro
Hoxe foi preciso revisar o pequno vídeo sobre un alfareiro; a historia dun aprendiz que soñaba ser tan bo como o seu mestre. Conseguiuno logo de practicar unha e outra vez: logo de moitos andeis cheos de pezas imperfectas; logo de moitos intentos. Pero traballando sempre para realizar unha peza cada vez mellor que a anterior, aprendendo dos erros. Si. Conseguiuno.
Nós tampouco nos rendiremos e aprenderemos dos erros.
Pero respectamos os tempos e as decisións que cada un vai tomando neste camiño. Con gran pesar, Mateo retirou a súa candidatura, polo que quedou como subdelegado de clase o noso compañeiro David. Parabéns.

Hoxe, un grupiño de alumnos e alumnas de sexto representaron para os máis pequenos do cole, os nenos e nenas de 1º e 2º, unha peciña de teatro titulada "O libro perdido" co fin de ensinarlles como funciona a biblioteca e como podemos atopar nela calquera libro. As actrices e actores fixérono moi ben. Parabéns, equipo!
Ensaiando na clase ... no recreo! O libro perdido
domingo, 23 de setembro de 2018
Ecopercusión
Este curso contamos de novo con Didier nunha sesión moi especial. De maneira maxistral, co apoio da profesora Lucía ensinounos a crear unha peza de percusión, unha batucada. Despois dunha hora de ensaio, fomos quen de interpretala, xunto cos nosos compañeiros de quinto, para o resto do alumnado do colexio, e de parte de Cambados.
O son da música traspasou os muros do colexio e o recinto do patio e envolveu cos seus ecos as rúas e as casas cercanas. Foron varias as persoas que, sorprendidas, se achegaron para disfrutar deste breve, pero sorprendente concerto, magníficamente interpretado. Os máis pequechos querían máis, pero será ... se todo vai ben, noutra ocasión.

Elección de delegado e subdelegado de curso
Este ano foron catro alumnos os que se presentaron ao cargo de delegado de clase: Mateo S, David, Iago e Brais. Os catro fixeron unha excelente defensa da súa candidatura e dos catro destaca a amabilidade e un exquisito respecto polos demais candidatos. Parabéns aos catro e grazas tamén aos catro por presentarse para asumir as responsabilidades que este posto implica.
Despois da primeira rolda de votacións podemos xa felicitar ao delegado de clase que nos representará neste curso escolar: Iago. Parabéns.
O próximo luns teremos unha nova rolda de votacións para escoller ao subdelegado, xa que houbo empate entre outros dous candidatos. Luns saberemos quen é o noso subdelegado.

martes, 18 de setembro de 2018
Cooperativa... primeiros pasos
Xa contamos coa experiencia do ano pasado e este ano ... imos con máis seguridade. Xa temos presidenta: Salomé e David será o vicepresidente.
Este ano a tesoureira será Carolina e o secretario Iker.
Este ano a tesoureira será Carolina e o secretario Iker.
Benvidos ao novo curso 2018-19
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)