Hoxe foi preciso revisar o pequno vídeo sobre un alfareiro; a historia dun aprendiz que soñaba ser tan bo como o seu mestre. Conseguiuno logo de practicar unha e outra vez: logo de moitos andeis cheos de pezas imperfectas; logo de moitos intentos. Pero traballando sempre para realizar unha peza cada vez mellor que a anterior, aprendendo dos erros. Si. Conseguiuno.
Nós tampouco nos rendiremos e aprenderemos dos erros.
Pero respectamos os tempos e as decisións que cada un vai tomando neste camiño. Con gran pesar, Mateo retirou a súa candidatura, polo que quedou como subdelegado de clase o noso compañeiro David. Parabéns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario