domingo, 23 de setembro de 2018

Ecopercusión

Este curso contamos de novo con Didier nunha sesión moi especial. De maneira maxistral, co apoio da profesora Lucía ensinounos a crear unha peza de percusión, unha batucada. Despois dunha hora de ensaio, fomos quen de interpretala, xunto cos nosos compañeiros de quinto, para o resto do alumnado do colexio, e de parte de Cambados.

O son da música traspasou os muros do colexio e o recinto do patio e envolveu cos seus ecos as rúas e as casas cercanas. Foron varias as persoas que, sorprendidas, se achegaron para disfrutar deste breve, pero sorprendente concerto, magníficamente interpretado. Os máis pequechos querían máis, pero será ... se todo vai ben, noutra ocasión.











Ningún comentario:

Publicar un comentario