A profe Mirian demostrounos hoxe como conseguir un Globo inflado cunha reacción química moi interesante e que xa todos probáchedes no curso pasado preparando as erupcións dos volcáns.
Nesta ocasión a profe Miriam explicouvos que a unión dunha base (bicarbonato sódico) e dun ácido (vinagre) xenera dióxido de carbono, un gas co que se acaba inflando o globo. É ben interesante comprobalo en directo. Grazas, profe.
Reacción química
un ácido (vinagre ou ácido acético) +unha base (bicarbonato sódico) → sal (acetato de sodio) + agua +dióxido de carbono.
luns, 19 de decembro de 2016
venres, 16 de decembro de 2016
Clube de lectura: Contos de Nadal
Hoxe estivo na nosa aula Salomé, unha alumna de 4º que nos leu un anaquiño do libro "Contos de Nadal" da colección "Catro amigos e medio". Leuno tan ben que, de seguro, moitos imos querer facernos co libro para ver como remata a historia que nos contou. Noraboa Salomé. E grazas pola túa implicación.
luns, 12 de decembro de 2016
Electromagnetismo
Déixovos a ligazón ao vídeo que estivemos vendo na aula para que sigades repasando:
Para que practiquedes dunha forma máis divertida e comprobedes o dominio do tema, podedes facer os exercicios que aquí vos deixo. Clicade na imaxe:
Para que practiquedes dunha forma máis divertida e comprobedes o dominio do tema, podedes facer os exercicios que aquí vos deixo. Clicade na imaxe:
mércores, 7 de decembro de 2016
Estatutos
Na cooperativa estamos elaborando os estatutos entre todos. Aínda quedan moitas cousas por decidir.
Polo momento, estes son os aprobados xa:
MSC
Magariños Sociedade Cooperativa
ESTATUTOS
Artigo
1: Nome
A empresa funcionará baixo o nome de M.S.C ( MAGARÑOS SOCIEDADE COOPERATIVA)
Artigo
2: Obxecto
social
A nosa empresa ten a seguinte
actividade: Elaboración de produtos artesáns fabricados polos nenos.
Artigo
3: Duración
A empresa constitúese o día 28 de
outubro ata o mes de xuño.
Artigo
4:Enderezo
O enderezo social queda establecido en
Cambados Av Vilariño Nº29 Cep Antonio Magariños Curso 6ºB.
Artigo
5: O capital
O capital de investimento fixase en
110 euros. Divídese en 22 participacións de 5 euros por cada
socio/a.
Artigo
6: As contas
Os informes de contas presentaranse
aos socios/as cada 15 días.
Artigo
7: Recuperación
do investimento.
Unha vez finalizada a venda,todos os
socios e socias poderán recuperar todo o importe.
Artigo
8:
Utilización de beneficios.
Cos beneficios obtidos
Artigo
9: Outras
disposicións
Artigo
10: As
persoas que non poidan dar os cinco euros nun so mes, poderán fraccionar por 1
euro cada mes.

Sobre as pasadas eleccións a presidente da Cooperativa
Así se viviron, en primeira persoa, as pasadas eleccións a presidente da cooperativa:
(Os textos escritos polo alumnado estarán sempre en azul)
(Os textos escritos polo alumnado estarán sempre en azul)
Hoxe,día 18 de novembro do 2.016,os nenos e nenas de 6.B
estiveron organizando unhas eleccións.Estas eleccións consisten no seguinte: os nenos
fixeron unha especie de organización para vender cousas que eles mesmos
fabriquen e recaudar diñeiro; o que discutían,era ver quen era o presidente desa
empresa.Para esas eleccións presentáronse Laura,Román,Érika,Cristian e
Brais.
O presidente desa empresa tiña que cumplir uns requisitos imprescindibles:ser responsable,falar ben diante do público,...Estas eleccións xa se realizaran antes,deixando a Cristian como presidente,pero hoxe,repetíronse.Tras as novas eleccións,Cristian e Román empataron.O desempate será o vindeiro luns.

Autora: Aitana.
Hoxe
na clase de 6ºB houbo eleccións para presidente da M. S. C. (Magariños Sociedade Cooperativa). Xa van dúas! Os rapaces estaban
tolos por saber quen ía a gañar. Cando chegou o momento indicado
para a defensa da candidatura, por pouco cáiome da silla! Estaba
flipadamente, flipando co ben que as presentaron! Ao final, chegou o
momento máis desexado... O DE VOTAR! Eu votei por...
Espera! É un segredo! ☺! Prentáronse cinco rapaces polos que se estivo agardando para poder votar! Porque tiñan que defender as súas candidaturas! Pero antes de todo iso (que foi o máis divertido! ☺! ), estivemos falando das eleccións. Cando foi o momento de dicir quen gañara, todos estaban calados. E o gañador foi... Uih! Empate entre Cristian e Román! Todos estaban disgustados polo resultado, especialmente porque querían saber cal sería o seu novo presidente.

Na
miña opinión está ben que se fagan estas eleccións, porque así
os nenos aprenden a falar ben, a saber escoller o mellor presidente
non por amizade, senon por experiencia e habilidade. Tamén aprenden
a asumir derrota e felicitar ao gañador. Pero, sobre todo, aprenden
a ser máis e máis amigos aínda do que xa son e somos, formando
unha empresa de soños engaiolados!
Autora: Iria
martes, 6 de decembro de 2016
Celebramos a Constitución e o Estatuto
Para celebrar a festa da Constitución participamos, con todo o colexio na lectura de diversos artigos sobre a nosa Carta Magna. Participamos tamén na arriada das bandeiras de Galicia e de España no final do día.
Como a aula de 6ºB está adicada a CASTELAO recordamos a súa vinculación con aquel primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia que fora aprobado en plebiscito polo 99,24% dos galegos alá polo ano 1936, un 28 de xuño, e no que a participación fora altísima para aquela época (máis do 74% do censo). O Estatuto foille presentado ao presidente o 15 de xullo de 1936, máis o inicio da Guerra Civil uns días despois non fixo posible que se aprobase nas Cortes.
Así é que, agora celebramos que no ano 1981, aquel lonxano soño de Castelao e de tantos galegos, poidese ser unha realidade.

sábado, 3 de decembro de 2016
Magnetismo
Estudamos as tres propiedades fundamentais dos imáns seguindo a explicación dun "mestre" novo na aula.
Para os que queirades repasar e aprendelo ben para que non vos esqueza déixovos aquí o vídeo de repaso:
Os perigos das TICs
O uso sen control das novas tecnoloxías pode dar lugar a problemas serios. É importante coñecer como debemos actuar e que non debemos facer. Un vídeo elaborado por Miriam, a nosa mestra en prácticas e as súas compañeiras da Universidade de Lugo, serviunos para recordar os aspectos fundamentais dos que xa nos informara a Garda Civil no curso pasado e no que tamén insistiron as psicólogas do SPAD de Vilagarcía.
Se queredes volver consultalo cos vosos pais tendes aquí a ligazón:
xoves, 1 de decembro de 2016
Circuitos eléctricos: Uauuu!
Hoxe tres grupos máis amosaron as súas montaxes cos circuitos electricos e explicáronos o proceso de elaboración. Todos moi ben feitos e ... funcionan! Malia que un temos xa que reparalo.
mércores, 30 de novembro de 2016
Eleccións ao Consello Escolar
Onte celebráronse as votacións para a elección dos representantes do alumnado no Consello Escolar. Foron varios os candidatos que se presentaron de 6ºB porque, certamente, destaca a súa implicación e compromiso na mellora do contorno no que viven. Pero o voto estivo moi dividido, e finalmente foron dúas alumnas de quinto as que tiveron a maioría do alumnado. Como suplente quedou a nosa compañeira Kathia. Parabéns a todos os que se presentaron, a Kathia e a todos os que participáchedes tan ben en todo o proceso.
Na Deputación
Hoxe visitamos a Deputación de Pontevedra nun acto oficial na que estaban tamén outras cooperativas de alumnos da nosa provincia. Os presidentes das diferentes cooperativas expuxeron, no salón de plenos e ante a presidenta da Deputación o traballo que estaban a facer. Logo a presidenta fíxolle entrega do CIF a cada unha das cooperativas.
Román e Pablo, os nosos presidentes, fixérono moi ben. Parabéns aos dous e a todo o alumnado de 6º polo seu excelente comportamento durante todo o acto.
Tanto, que os presidentes das cooperativas tomaron asento e ... empezaron a aflorar os nervios.
Visitamos a sala de xuntas e o despacho da presidenta da Deputación, dona Carmela Silva.
E chegou a quenda das exposicións. Román fíxoo xenial. Foi un excelente representante da cooperativa, malia que empezou con moitos nervios.
Tamén, Pablo, o presidente de C.A.T. (Cooperar, Axudar, Traballar) de 6º A o fixo xenial.
Á saída fixemos unha foto de grupo cos alumnos/as de outras cooperativas da provincia.
E vimos como ían quedar xa os postos nos que logo poñeremos á venda os nosos produtos.
Para rematar colaboramos cos alumnos do instituto na gravación dun mannequin challenge.
Moitas emocións!!!!
Así o contaron na Deputación de Pontevedra:
Aquí tendes o vídeo que publicaron na Deputación:
Novas da Deputación
Román e Pablo, os nosos presidentes, fixérono moi ben. Parabéns aos dous e a todo o alumnado de 6º polo seu excelente comportamento durante todo o acto.
A entrada, a escaleira, os teitos ... deixáronnos abraiados:
Tanto, que os presidentes das cooperativas tomaron asento e ... empezaron a aflorar os nervios.
Visitamos a sala de xuntas e o despacho da presidenta da Deputación, dona Carmela Silva.
E chegou a quenda das exposicións. Román fíxoo xenial. Foi un excelente representante da cooperativa, malia que empezou con moitos nervios.
Á saída fixemos unha foto de grupo cos alumnos/as de outras cooperativas da provincia.
Para rematar colaboramos cos alumnos do instituto na gravación dun mannequin challenge.
Moitas emocións!!!!
Así o contaron na Deputación de Pontevedra:
Aquí tendes o vídeo que publicaron na Deputación:
Novas da Deputación
luns, 28 de novembro de 2016
Eufemismos e palabras tabú.
Hoxe falamos de eufemismos e palabras tabú. En concreto dunha das que máis dano fai e nos leva ao maltrato psicolóxico de moitas mulleres "PUTA". Si, cada vez que usamos esta palabra ou nos rimos da gracia, cando un compañeiro a usa, damos pasiños camiño de sermos tamén maltratadores. Tamén falamos doutro tipo de maltrato; o daqueles que pretenden levar un "control" das relacións, conversas, miradas, posturas, risas ... e relacións da persoa á que decimos querer. Ese tipo de control tamén é maltrato.
"E a ela parecíalle normal" ser así tratada e controlada.
Recordamos aquela historia que vimos no curso pasado e que vos deixo para recordar.
"E a ela parecíalle normal" ser así tratada e controlada.
Recordamos aquela historia que vimos no curso pasado e que vos deixo para recordar.
domingo, 27 de novembro de 2016
Estudo de mercado
Para preparar un bo estudo de mercado, temos que facer unha valoración previa, moi minuciosa das características e posibilidades do produto que imos propoñer para a fabricación e a venda. Empezamos cunhas sinxelas fichas de recollida de información. Xa temos as primeiras.
venres, 25 de novembro de 2016
Logo e Estatutos
Hoxe, finalmente, tivo lugar o desempate encol do logo da nosa cooperativa. Parabéns para a súa autora Lara
Parabén tamén para os finalistas: Román e Érika.
Tamén continuamos coa redacción dos estatutos. Despois de varias propostas e da defensa das mesmas acordouse que o capital que cada socio aportaría á cooperativa sería de 5€. Tamén se acordou que os socios podían fraccionar o pago dos mesmos segundo as súas necesidade económicas.Decidiuse, así mesmo que todos os socios recuperará o capital investido unha vez finalizada a venda dos produtos.
Por último decidiuse que as votacións se realizarán a man alzada se a unanimidade dos membros asistentes así o quere, pero que serán con voto secreto en caso contrario.
Na vindeira semana teremos que decidir que porcentaxe dos beneficios serán doado a unha ONG do Concello e que parte se empregará en financiar unha cea unha excursión.

Visita de Castelao
Hoxe tivemos o grandísimo privilexio de contar na aula coa visita de "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", interpretado polo actor Ademar Silvoso, exalumno do noso centro. Privilexio, porque conseguiu trasladarnos a todos aos anos de Castelao e sentir, vivir e experimentar moitos dos seus avatares da man das súas palabras cargadas de sentimento. Fíxonos moitas preguntas tamén e despertou en todos as ganas de saber máis, de investigar, de coñecer ... que é o primeiro paso para lograr unha aprendizaxe verdadeira.
Moitísimas grazas, Ademar, "Castelao", por acompañarnos.
Moitísimas grazas, Ademar, "Castelao", por acompañarnos.
xoves, 24 de novembro de 2016
Co Xuven
Hoxe estiveron no cole 10 xogadores da plantilla do Xuven e dous membros do equipo técnico. Todo un luxazo do que disfrutaron moito os alumnos. Quedamos convidados a acompañalos e animalos. Contade con nós.
mércores, 23 de novembro de 2016
Presidente da cooperativa
Defensa de candidaturas á presidencia:
A tenor do resultado das eleccións proclamamos como presidente da cooperativa MSC (Magariños Sociedade Cooperativa) a Francisco Román Santiago Varela, que como corresponde felicitou aos demais candidatos polas súas excelentes intervencións.
O presidente da cooperativa será o noso representante ante as institucións oficiais que temos previsto visitar a vindeira semana. Confiamos no seu bo facer.
martes, 22 de novembro de 2016
Declaración Universal dos Dereitos do Neno; Estatutos
Hoxe lemos a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. Celebrouse a data desa Declaración o pasado día 20 de novembro; pero a nós valeunos hoxe para introducir un tema fundamental: as normas e as leis que nos rixen e que acordamos de forma conxunta. Por iso, como cooperativa, temos tamén que redactar as nosas leis de funcionamento, o noso Estatuto. Iniciamos hoxe a redacción e xa imos polo artigo catro. Chegamos á parte crucial na que os socios han de decidir o capital que cada un ha de aportar. Mañá veremos o resultado.
Ovos
Estes días realizamos un experimento moi curioso: Puxemos un ovo nun bote de cristal cheo de vinagre, a semana pasada. Nas primeiras horas escoitamos burbulliñas e vimos que algo lle pasaba ao ovo. Hoxe sacamos o ovo. Tocámolo: Estaba blandísimo. Parecía de goma, como unha pelotiña branda. Non se lle vía casca. Tirámolo ao chan; non saltou como as pelotas, senón que rompeu. A clara estaba abrancuxada e a xema estaba perfecta. Cando tocamos ovo, comprobamos que era brando, si; pero quedounos un bo cheiro a vinagre. Lavade ben as mans!
Seguiremos investigando: Por que pasou esa reacción? Que aconteceu?. Pasa o mesmo se poñemos o ovo en outros líquidos? Queda moito por saber; moito por investigar...
Seguiremos investigando: Por que pasou esa reacción? Que aconteceu?. Pasa o mesmo se poñemos o ovo en outros líquidos? Queda moito por saber; moito por investigar...
xoves, 17 de novembro de 2016
Mapa Mental Electricidade
Tamén iniciamos a primeira rolda de exposicións orais encol da electricidade e sempre coa axuda dos mapas mentais, algúns cunha calidade exquisita.
Xa temos os primeiros circuitos
Hoxe o grupo Flecha de ouro sorprendeunos cun precioso circuito preparado par compoñer o portal de Belén. Mañá terán que explicarnos como o construiron.
domingo, 13 de novembro de 2016
Magosto
A celebración do magosto neste curso foi das mellores dos últimos anos. Xa no patio novo, cuns rapaces fantásticos e un equipo docente tan implicado non podía ser doutro xeito. Así é que so queda rememorar o arrecendo a lume, castañas asadas, festa, baile, xogos, risas, merenda compartida e moi, moi bos momentos. Excelente o comportamento e o ambiente no patio con todo o alumnado xunto, con todo o profesorado tan ben organizado. Parabéns a todos. E para rematar, o momento da recollida merece unha felicitación extra pois todo quedou moi limpiño e correcto. Grazas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)