martes, 31 de xaneiro de 2017

Celebrando o Día da Paz

Onte celebramos o Día da Paz.
Todos os cursos traballaron na clase ao longo do mes de xaneiro sobre este tema e o que podía facer cada un de nós por mellorar o contorno.
Na nosa aula reflexionamos especialmente sobre as consecuencias da falta de paz en dous temas de gran actualidade: a violencia de xénero, cando falla a paz na familia; e a situación dos Refuxiados, especialmente dos nenos e nenas, cando escapan das matanzas nos seus países, nas súas casas... Todos escribiron poemas ben bonitos que amosaban a dor, o sofrimento... pero tamén a esperanza nun mundo mellor.
No acto de onte todos os cursos puxeron en común moitas facetas imprescindibles e que nos levaron a reflexionar moito.
Os alumnos de 6ºA e 6ºB interpretaron coa frauta a "Sinfonía do novo mundo" e logo cantaron en inglés a canción de Imagine. Fixérono realmente ben grazas ao traballo constante dos profesores Carlos e Lucía.







xoves, 26 de xaneiro de 2017

Lecturas para a paz

Hoxe viñeron á nosa aula tres nenas de quinto para lernos un conto. Trataba de bullig e dos medos. Fíxonos pensar moito, sentir, recordar ... Mañá falaremos polo miúdo de todo o que reflexionamos con esta lectura.

Tamén será o momento de falarmos sobre un vídeo moi curtiño que trataba tamén sobre a violencia na escola.

Os nosos compañeiros do clube de lectura, mañá terán no recreo a sesión de tertulia  encol do último libro que leron "¿Y si me difiendo?" . De seguro que as súas aportacións son fundamentais para abordar este problema.

Recordade que, na sesión de debate falaremos sobre a violencia de xénero e a igualdade.

E con Lecturas para a paz, traballamos démoslle un bo repaso a toso o emocionario.
Mesmo tivemos que descubrir e expresar emocións fiando moi fino nas definicións e exemplos. Foi ben divertido. Case como xogar ás películas






Eloy quixo lernos o libriño da "Envidia" da colección ¿Como te sientes" da autora Violeta Monreal.

Grazas a Eloy puidemos aprender todos a fórmula para vencer a envidia e vivir con placidez. Por si queredes probala a fórmula é esta:
Xa o pillades???
"en + hora+ buena"

luns, 23 de xaneiro de 2017

Novos produtos para exame

Hoxe contamos coas propostas para a cooperativa de Miguel e Pedro, que xunto á de Alonso, completas o abano de produtos que presentamos para avaliar e valorar se é viable producir na aula.
As últimas propostas son estas:

Miguel 

Alonso

Pedro

Algúns socios fixeron propostas alternativas:

Dani

Raúl

Mariña

Pedro

Máis estruturas

Hoxe vimos a construción e a estrutura que nos preparou o equipo Frecha de Ouro. Moi interesante tamén. Mesmo atopamos varios planos inclinados. Falamos dos piares e, malia que non vimos as vigas, podiamos imaxinalas!

Fabricando produtos

Hoxe empezamos realizando a fabricación dos produtos máis votados: o peto, a bruxiña, pulseiras, caixiñas de agasallo, un gatiño, un moneco suxeitaportas e un puzzle. A sesión estivo moi ben e deunos bastante tempo para fabricar varios produtos.
Autor: Román





E estes foron os primeiros resultados:






venres, 20 de xaneiro de 2017

Preparando o globo da paz

Hoxe estivo de novo o profe Juan na clase e deulle a cada alumno a medida dun dos radios das circunferencias que van marcar o contorno do globo. Cada un vai ter que calcular a lonxitude da circunferencia que lle correspondeu e dividir o resultado entre os doce fusos que van facerse. Logo engadiranse dous centímetros para o pegado. Con todos estes datos logo so vai que dar medir, marcar, cortar, pegar e ... poñelo a voar. Non pode haber erros!

Os tan ansiados produtos!

Hoxe, día 20 de xaneiro,  empezou un debate para ver que produtos  fabricaremos na nosa empresa M.S.C. Na cuarta  hora, o tesoureiro, a secretaria e os ``axudantes´´ debatiron, co resto de socios sobre que productos fabricar; se son rentables, utilidade, calidade... Ao final temos que escoller sete produtos e xa hai 11 ideas na pizarra !!!!!!
Como quedará este debate incriblemente decisivo para a empresa?
                                                                             TAN,TAN,TAN
Autor : Román, presidente de M.S.C.

mércores, 18 de xaneiro de 2017

Preparando o globo da Paz co profe Juan

Hoxe contamos no cole co profe Juan.
Estivemos repasando todo o que aprendemos en 5º sobre a circunferencia (e que xa nos esquecera): centro, radio, diámetro, o número pi e  como calcular a lonxitude da circunferencia. Tivemos que facer moitos cálculos con números decimais, especialmente multiplicacións e divisións. Tamén comprobamos que se estimamos antes o resultado é máis probable non ter erros gordos despois, ou darnos conta a tempo si os temos. En calquera caso todos estes cálculos viñan a conto da construción dun globo de papel que poñeremos a voar o día da Paz. Foi complicado ver como ían facendose os fusos do globo con todas as medicións, paralelas e cálculos que hai que facer. Un traballo ben preciso. Grazas, profe Juan.

martes, 17 de xaneiro de 2017

Estudo de Mercado: Datos

Por fin temos xa os datos das enquisas que lle pasamos aos adultos. Os resultados foron ben sorprendentes e non se asemellan moito aos resultados que tivemos na clase. Temos moito que valorar a tenor dos resultados.O venres haberá que decidir, tendo en conta os resultados, cales son os produtos que imos fabricar. O luns próximo iniciaremos xa o proceso de fabricación.

A profe Mucha e a poesía

Hoxe estivo na nosa clase a profesora Mucha Durán. Agasallounos cun precioso poema e a partir del estivemos xogando a ser tamén poetas. Os poemas que escribimos foron ben bonitos tamén. Moitas grazas, profe Mucha.

luns, 16 de xaneiro de 2017

Estruturas

Hoxe o equipo Cazafantasmas presentounos na clase a súa construción: A Torre de San Saturniño, unha casa e a ponte. Un bo resumo do tema de estruturas pois baleunos para repasar os puntos fundamentais das estruturas que vimos na clase.

venres, 13 de xaneiro de 2017

Noraboa

Hoxe cabe deixar constancia dunha nota de felicitación para todo o alumnado da aula, pois mantiveron un ambiente de silencio perfecto no cambio de clase. Canto tempo se gana e cantas cousas impresionantes podemos facer cando cada un fai posible a maxia deses momentos!

Debate: máquinas e persoas.

O debate de hoxe foi sobre máquinas e persoas: "Son as máquinas máis eficaces que as persoas?".
O tema deu para moito. Foi difícil aprender a defender posturas diferentes ás propias e saber argumentar. Pero foi aínda máis difícil manter o orde e a quenda de palabra sen contraargunmentar fóra de tempo. Temos que seguir practicando.
Como sempre que facemos debate, todos queren seguir aínda que sexa xa hora de marchar!!! Faremos máis, porque aínda temos moito que mellorar, sobre todo en autocontrol.

Facendo observacións na horta

Hoxe volvemos baixar para observar como temos a horta, o que medraran as plantas e a variedade  de flora que hai. Pero atopámonos que todas as herbas están moi grandes xa e, malia movernos polos espazos sen herba, acabamos cunha tremenda molladura nos pés. Esperemos que a alegría de baixar non nos pase factura!!!

xoves, 12 de xaneiro de 2017

Cooperativa: capital e estudo de mercado

Hoxe cubrimos os datos para as fichas de socios, que a partir de mañá terán que ir traendo a súa aportación ao capital social da cooperativa: 5€ cada socio; tal e como se recolle nos estatutos da mesma.

Tamén fixemos hoxe o primeiro estudo de mercado cunha enquisa sobre os cinco produtos que comprariamos e o prezo máximo que pagariamos por cada un deles. Os resultados están sendo moi interesantes. Mañá teremos xa os primeiros datos deste estudo.

Pero o verdadeiro estudo de mercado hai que realizalo facéndolle unha enquisa á xente da rúa que poida acudir ao mercado un mércores calquera, os nosos posibles clientes. Saber as súas preferenzas vai ser clave para decidir cales serán os produtos que fabricaremos na aula.

martes, 10 de xaneiro de 2017

Empezamos

Empezamos cun moi bonito recordo de todo o vivido no Nadal. Falamos e escoitamos aos compañeiros coa axuda de Pepa Pig, a mascota que fabricou Kathia.


mércores, 4 de xaneiro de 2017

Nadal

Festival de Nadal, pinceladas:




Festa na aula cos afillados:






Na horta



Despedindo á profe Miriam


Ola de novo raparigos:
Mañá chega a tan esperada Noite de Reis. Espero que estiverades disfrutando moito destes días de descanso en familia.
Aqueles que queiran irse preparando para empezar con seguridade o vindeiro trimestre non lles viría mal facer os exercicios de repaso trimestral dos libros de matemáticas e lingua do primeiro trimestre. Como xa temos comentado na clase, se vos organizades ben, vaivos dar tempo para repasar, descansar, xogar e divertirvos moito.
 Deséxovos a todos un moi feliz ano e uns agasallos de Reis cheos de felicidade e moitas ganas de construir cada día un mundo mellor.
Unha aperta
A vosa mestra.