Hoxe contamos no cole co profe Juan.
Estivemos repasando todo o que aprendemos en 5º sobre a circunferencia (e que xa nos esquecera): centro, radio, diámetro, o número pi e como calcular a lonxitude da circunferencia. Tivemos que facer moitos cálculos con números decimais, especialmente multiplicacións e divisións. Tamén comprobamos que se estimamos antes o resultado é máis probable non ter erros gordos despois, ou darnos conta a tempo si os temos. En calquera caso todos estes cálculos viñan a conto da construción dun globo de papel que poñeremos a voar o día da Paz. Foi complicado ver como ían facendose os fusos do globo con todas as medicións, paralelas e cálculos que hai que facer. Un traballo ben preciso. Grazas, profe Juan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario