Hoxe cubrimos os datos para as fichas de socios, que a partir de mañá terán que ir traendo a súa aportación ao capital social da cooperativa: 5€ cada socio; tal e como se recolle nos estatutos da mesma.
Tamén fixemos hoxe o primeiro estudo de mercado cunha enquisa sobre os cinco produtos que comprariamos e o prezo máximo que pagariamos por cada un deles. Os resultados están sendo moi interesantes. Mañá teremos xa os primeiros datos deste estudo.
Pero o verdadeiro estudo de mercado hai que realizalo facéndolle unha enquisa á xente da rúa que poida acudir ao mercado un mércores calquera, os nosos posibles clientes. Saber as súas preferenzas vai ser clave para decidir cales serán os produtos que fabricaremos na aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario