Onte puidemos volver novamente á nosa horta.
Observamos o que nos medraran os repolos, que xa naceran os chícharos e que os amorodos xa tiñan froito. Pero tamén medraran as herbas e tivemos que cavar co legón para quitalas. As dos amorodos e os chícharos queitámolas arrincándoas coas man (mondándoas).
As plantas semellabas algo secas con tanto calor polo que trouxemos auga e ragámolas.
Finalmente puxemos dúas filas de patacas e sementamos unha nova variedade de chícharos (Senior- Cambados).
Como moitas das follas dos repolos estaban peteiradas dos paxaros, acordamos facer un espantallo para evitar que no las coman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario