Hoxe plantamos ceboliño, leitugas da variedade "Folla de roble", acelgas e xudías. Pero cunha pequena variación ao respecto da plantación anterior: Hoxe botámoslle á terra esterco de coello que, xenerosamente, nos trouxo a profe Paula.
Por suposto, tamén houbo que regar as plantas anteriores, que medran moi ben, arrincamos as herbas dos chícharos e das patacas e recollemos amorodos.
Mañá toca saborealos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario