Onte na horta traballamos arreo. Houbo que arrincar as malas herbas dos amorodos, cavar os repolos e mondar os chícharos. Pero tamén houbo que preparár os tallos para plantar as leitugas e logo pelar e levabtar e terra co legón para poñer os pementos, os tomates, calabacíns e dúas plantiñas de perexil.
Raúl e Eloy teñen moito xeito traballando co legón. Jose e Mariña foron os responsables de sachar os repolos. Aitana, Kathia e Maricielo arrincaronlle herbas aos amorodos. Dani, Román ... trouxeron auga e regaron as plantas. Pedro, Raúl, Mariña ... tamén se ocuparon de plantar. Acabamos agotados, pero moi satisfeitos do traballo realizado.
A recompensa foi especial, pois recollemos os primeiros amorodos, pequerrechos, pero cun sabor moi intenso. Estaban realmente deliciosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario