venres, 7 de abril de 2017

La Brújula

Hoxe visitamos a fábrica de conservas "La Brújula". Alí puidemos observar todo o proceso de fabricación das conservas de peixe e marisco; de sardiñas, no caso de hoxe.
Tamén nos falaron dos distintos departamentos dos que consta a empresa: administración, loxística, I+D+i, publicidade, vendas, fabricación, limpeza e informática.
Explicáronos a importancia de apreciar os nosos produtos, e de coidar con mimo o noso mar, do que dependen, non so a vida dos peixes e mariscos, senón tamén o traballo de moitas das nosas familias.
Para visitar a fábrica tivemos que poñernos gorros, calzas e batas, pois as medidas de hixiene son moi estritas.
Tivemos unha videoconferencia coa central de Madrid en directo. Visitamos a sala de xuntas e alí fomos recibidos polo seu director.
Logo percorremos cada unha das dependencias da fábrica seguindo o mesmo itinerario que siguen os produtos dende o momento que entran na mesma ata que son almacenados e supervisados lote a lote no laboratorio.
Foron moitas as máquinas que nos sorprenderon, pois é unha fábrica artesanal na que as traballadoras preparan os produtos con moito mimo e sabiduría, pero tamén moi moderna e bonita.
Ao rematar a visita fomos agasallados cun bocadillo, un botellín de auga e unha lata de sardiñas. Os bocadillos estaban moi ricos.
Moitas grazas a todo o grupo de responsables que tan amablemente nos atenderon.





Ningún comentario:

Publicar un comentario