mércores, 26 de decembro de 2018

Visita ao Asilo

No medio da inmensa dor que o última día do cole nos embargaba a todos saímos camiño do Asilo, para acompañar aos nosos maiores, facerlles un pouco máis ledo o día e desexarlles unha moi felices festas.






xoves, 20 de decembro de 2018

Día de loito na clase



Hoxe a nosa clase viviu, como todo o cole, como todo o pobo de Cambados momentos moi grandes de dor pola morte dos tres mariñeiros do Sin Querer 2, no día de onte, un deles pai da nosa querida alumna en prácticas Mirian e tío do noso compañerio David.
Ao longo da mañá escribimos poemas para amosar a nosa dor e o noso pesar e fixemos entre todos un barco grande no medio do mar en recordo do acontecido.
Baixamos ás once ao patio cuberto e alí, entre un profundo silencio escoitamos palabras e poemas que os nenos de distintas clases prepararon para amosar o seu cariño e cercanía para cos nosos compañeiros.
Un saúdo e o noso máis sentido pésame para todos os familiares que están a pasar estas duras horas de dor.

luns, 17 de decembro de 2018

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis

Este libro tan orixinal e curioso foi o motivo de que de novo, as nosas preciadas actrices e actores, os nosos contacontyos visitasen de novo a EEI a Pastora para faceren partícipaes aos máis pequechos das aventuras de Martiño nesa noite tan especial. E deixáronos con ganas de máis.





mércores, 12 de decembro de 2018

Cooperativa

Xa temos logo gañador para a nosa cooperativo. O seleccionado este ano foi o de Candela.
Noraboa, Candela, por un traballo excelente.

Quedou a so un punto o de Irene, así é que tamén para ela van os nosos parabéns así como para o dos demais compañeiros que realizaron composicións moi bonitas.





Exposicións orais

Chegou o momento das exposicións orais dos grupos. Onte foi o equipo Escurridizo o que fixo unha fantástica exposición sobre As plantas. Hoxe era a quenda de Tomatides que empezou a falarnos dos fungos, pero aínda nos quedamos na metade. Mañá rematarán. Preparados os demais? Recordade que é tan importante ter preparada a propias exposición oral como o foi a preparación dos materiais. Adiante.

luns, 10 de decembro de 2018

Estrelas de Nadal

Chega o Nadal. É tempo de adornar as casas, as rúas, a clase ... Así é que ide practicando como podedes facer estrelas de Nadal. Imos poñer en práctica varias técnicas. Esta será unha delas:

xoves, 6 de decembro de 2018

Excreción

Por se non vos resultou doado responder as preguntas do xogo sobre a excreción adiántovos este vídeo no que podedes aprender moito sobre o funcionamento dos aparatos implicados na mesma.

Tamén podedes ler o voso libro e ir aprendendo o fundamental.

mércores, 5 de decembro de 2018

Novos produtos para a cooperativa

Temos dous novos produtos para a nosa cooperativa. Neste caso Mariña preséntanos unha preciosas pulseiras e Aldara un divertido e orixinal xogo de pesca. Grazas rapazas. Pronto teremos o inventario completo para facer o estudo de mercado.

Constitución e Estatuto.

Hoxe, todo o colexio estivo na aula de usos múltiples. Alí fomos lendo e escoitando os artigos da Constitución e do Estatuto que cada curso tiña preparado.
Este ano nós centámonos no artigo 167 que fala da Reforma da Constitución por dous motivos; un, porque é un tema constante de debate nestes momentos e dous, porque estamos traballando as fraccións e víñanos moi ben para aplicar os coñecementos matemáticos ás ciencias sociais. Así ensinámoslle aos máis pequenos como se calcula a maioría de tres quintos no Congreso e o Senado, a maioría absoluta no Senado, a maioría de dous terzos  ou a décima parte de deputados e senadores que podería solicitar o Referendum de calquera proposta de Reforma. Vimos a diferenza entre maioría simple, maioría absoluta e maioría cualificada. O luns teremos que escoller o logo para a cooperativa. Farémolo por maioría simple, absoluta ou cualificada???

En canto ao Estatuto lemos o artigo 18 que fala do Presidente da nosa Autonomía e de cando procede ou non que sexa detido, inculpado, xulgado ... e por quen. Viña moi a conto dalgún dos acontecementos recientes que vimos de vivir.


Semana da ciencia en galego: Mencía e Martiño, Irene e Xiana

Martiño e Mencía trouxeron a clase unha impactante estrutura de volcán. Logo procederon meticulosamente a poñer en funcionamento unha estudada mestura de ingredientes que ía simular a erupción volcánica e así foi. Mágoa que non desbordade a erupción pola ladeira do volcán. Aínda así foi todo un éxito. Noraboa, rapaces.--

Xiana e Irene, cos mesmos ingredientes, conseguiron inflar un globo sen soplar!

martes, 4 de decembro de 2018

Cine co SPAD

Hoxe, da man de Ángeles, a responsable do SPAD de Vilagarcía, asistimos a unha sesión de cine. Desta volta visionamos a película "Sang Woo y su abuela". Unha historia na que todos nos puidemos ver un pouco reflectidos en canto a comportamento se refire. Pola parte das profesoras tamén nos veu ben aprender a ensinar con algo máis de dozura e paciencia, como a avoa de Sang Woo. Procurarei telo presente, polo que a min se refire. Non é doado, pero cada un de nós pode intentar mellorar un pouquiño e conseguirémolo.

sábado, 1 de decembro de 2018

Xogando aprendemos mellor

Hoxe déixovos un xogo no que podedes comprobar canto sabedes sobre o aparato excretor.
O xogo váivos pedir un código e tendes que escribir 593490. Xa me contaredes!


Eleccións ao Consello Escolar

Tiveron lugar o venres as eleccións ao Consello Escolar nos tres sectores.
Cabe felicitar ao noso compañeiro Mateo Santos que foi escollido polo alumnado como o seu representante neste importante órgano de goberno do centro.
 Noraboa, Mateo! Queda un gran traballo por diante.

Exposicións

Estamos coa parte final do trimestre e xa iniciamos a rolda das exposicións orais dos traballosrealizados nos diferentes grupos. Polo momento fonos os Melóns os que nos expuxeron un excelente traballo sobre as Bacterias, os Tomatoides expuxeron a súa maqueta sobre o curso do río, como moi ben fixeran antes os Espárragos. En breve escoitaremos as propostas e os traballos dos demais compañeiros.




Publicidade

Susana, a educacora social do SPAD (Servizo de prevención e asistencia de drogodependencias de Vilagarcía de Arousa) explicounos as técnicas que utilizan as emprezar para anunciar e prmocionar os seus produtos ou as actividades que realizan e dalas a coñecer. Aprendemos moitas cousas sobre a publicidade e falamos de aspectos relacionados co coidado da nosa saúde e das persoas que queremos.

mércores, 21 de novembro de 2018

Consello Escolar

Estimadas familias:
Abriuse  un prazo extraordinario para presentar candidaturas ao Consello escolar ata mañá xoves ás 11:00 horas. Animádevos a presentarvos.

martes, 20 de novembro de 2018

Día Internacional do neno.

Día do neno é unha xornada dedicada aos nenos, que ten por finalifade a visibilización e promoción dos seus dereitos así como concienciar as persoas respecto destes.


A idea de festexar o “Día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente.
Desde aquela, cada país conta cun día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.
E nós no cole celebrámolo ao grande enchendo o patio de moitosa xogos populares e facéndoo coincidir coa festa do Magosto. Mañá falaremos máis polo miúdo dos dereitos e deberes da infancia.

Magosto

Hoxe tivemos a festa do magosto, pero non foi unha festa como a de anos anteriores. Desta volta sorprendeunos a gran diversidade de xogos populares que enchían o patio e non deixaron a ninguén indiferente. Tamén destacou o exquisito comportamento de todo o alumnado, especialmente o da nosa clase que deixou o espazo limpo, sen o menor rastro de cáscaras. Para iso fomos provistos de dous cucuruchos de papel reciclado (xornais e papeis vellos).
Cabe especial mención o traballo dos monitores de xogo, sempre atentos ao bo funcionamento dos mesmos. Na nosa clase, Mateo S estivo moi pendente de axudarlles a todos os compañeiros do cole co xogo "Os chanzos". Grazas, Mateo.
Foi un pracer disfrutar dunha festa tan alegre e pacífica. Noraboa de novo, rapaces e rapazas.

Países de Europa

Xa coñecemos os ríos, montes, illas, mares e penínsulas de Europa. Agora toca percorrer os países que a conforman e coñecelos algo máis polo miúdo. Hoxe faláronnos Salomé, de Andorra; Victoria, de Liechtenstein e Carolina, de Suíza. Aprendemos moito sobre eles, e máis que nos queda por saber.
É hora de ir dominando xa, como mínimo o nome de todos os países e capitales europeas e a súa ubicación.Ánimo!



Mencía fálanos dos indios americanos

Mencía fixo un fantástico traballo de investigación e presentounos unha gran cantidade de información sobre os indios americanos. Destacou ademais a calidade e orixinalidade do álbum que deixou na clase. Grazas, Mencía.

Xabi e o seu trombón

Hoxe Xabi trouxo o seu trombón á aula e interpretou unha parte da música de star wars. Precioso. Foi incrible apreciar o que tanto aprendeu Xabi dende que nos presentou o trombón no curso pasado. Tiña ganas de ensinarllo máis polo miúdo aos compañeiros pero non nos deu tempo. Quedamos á espera de que outro día poida traernolo de novo. Grazas, Xabi,

domingo, 18 de novembro de 2018

Produtos para a cooperativa

Aínda non están todos, pero estas van ser algunhas das propostas presentadas este ano.
 Martiño

   Mateo M

 Candela

  Eulogio

   Irene
 
 Mateo S

  Mencía

  Xabier

  Iago

  Victoria

 Olalla