martes, 30 de maio de 2017

Hoxe no mercado en Pontevedra

Coa actividade de hoxe no acto de clausura da Deputación de Pontevedra puxemos o punto final ao traballo realizado ao longo do ano. Agora queda facer a recollida e o balance, devolver a inversión realizada polos socios e realizar as aportacións acordadas nos estatutos ás dúas ONG coas que imos colaboras. E como non, disfrutar das ganancias nunha fantastica festa final.



luns, 29 de maio de 2017

Charla sobre "Acoso escolar"

Hoxe dous representante do corpo da Garda Civil déronnos unha charla sobre o Acoso escolar e aclararon moitas dúbidas dos rapaces e rapazas ao respecto; oitas relacionadas sobre todo con situacións que podemos confundir con acoso e non o son. O Acoso é algo moi grave que debemos recoñecer e evitar por todos os medios. Agora sabemos máis sobre como recoñecelo,  como evitalo,  como denuncialo ... Sabemos que  o noso papel como expectadores é clave e determinará se apoiamos ao agresor ou se defendemos á víctima. Sabemos que seremos mellores cando aprendamos a poñernos na pel do outro, do que sofre ... ; seremos mellores cando non fagamos sofrir aos que están ao noso arredor.

Teatro e Música no Auditorio

Unha boa parte dos rapaces de 6ºB participaron na posta en escea da obra titulada "O peor inimigo", unha adaptación dun conto de Jorge Bucay, que levaban tempo preparando co grupo de teatro do colexio. Fixéreno todos moi ben. Logo puideron disfrutar da peza que representaron os alumnos do IES Asorey "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" de Carlos Casares. Concluiu o acto co "Coro das emocións". Os compañeiros de cuarto fixeron unha interpretación excelente de dúas cancións brasileiras. Estiveron acompañados de Marco Lucato e a nosa querida profesora Lucía. Parabéns para todos.

Con esta actuación damos por rematada a actividade extraescolar de teatro no centro. Así se despide a nosa compañeira Iria:

mércores, 24 de maio de 2017

No mercado

Por fin chegou o tan ansiado día de poñer á venda os produtos fabricados na cooperativa.

Empezamos preparando os postos

Cambiamos de quendas cada media hora:

Viñeron visitarnos os nenos do cole cos profes:


Tivemos moitos clientes:


 Por supostos, pagamos as tasas correspondentes de venda e de limpeza.

Atendemos á prensa  e aos médios de comunicación. Pedíronos unha chea de entrevistas.


 Visitounos a alcaldesa e o concelleiro de economía do Concello de Cambados.
 Fixemos moita publicidade con carteis e cancións.
 Rexistramos minuciosamente cada unha das ventas.



A experiencia foi moi enriquecedora para todos.

Na sesión extraordinaria da asamblea de socios da cooperativa celebrada o luns acordárase facer un reparto das ganancias de xeito que se doase o 25% das mesmas para o Refuxio de animales de Cambados. outro 25% para Cáritas e logo co 50% restante fariamos unha merecida festa de fin de curso moi especial.

O balance do do día de hoxe foi moi positivo, dado que se venderon practicamente todos os produtos. O posto quedou case baleiro cando chegaron os responsable da última quenda.

Con todo,  aínda non está pechado o proceso dado que xa se están fabricando aínda produtos para o mercado da vindeira semana en Pontevedra. Todo un reto!

A prensa escrita fíxose eco da noticia que apareceu publicada en varios medios:



En La Voz de Galicia

domingo, 21 de maio de 2017

Preparándonos para o mercado

Primeiras prácticas de venda no colexio cos compañeiros de cuarto










O venres continuamos cos trámites para realizar a venda dos produtos da nosa cooperativa o vindeiro mércores, día 24.
Ao longo da semana estivemos tamén preparando a cartelería para poñer no día da venda.
Aínda quedan os retoques finais,pero xa vai collendo forma.

Últimas etiquetas

Preparando as bolsiñas.

Bolsiñas co noso logo corporativo.


Catálogo de produtos

 Licenza Municipal





Departamentos

Pintando o patio

O venres pola tarde foi unha xornada realmente especial, na que profesores, nais, pais e alumnos traballamos xuntos para pintar o patio dos pequenos. Foi incrible a colaboración, sintonía, coordinación e traballo conxuntos de grandes e pequenos. E máis incrible aínda foi o resultado.
A nosa clase estivo representada por Sabela S., a nosa delegada, Mariña, Jose e Sabela P. Moitísimas grazas a todos.