mércores, 21 de novembro de 2018

Consello Escolar

Estimadas familias:
Abriuse  un prazo extraordinario para presentar candidaturas ao Consello escolar ata mañá xoves ás 11:00 horas. Animádevos a presentarvos.

martes, 20 de novembro de 2018

Día Internacional do neno.

Día do neno é unha xornada dedicada aos nenos, que ten por finalifade a visibilización e promoción dos seus dereitos así como concienciar as persoas respecto destes.


A idea de festexar o “Día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente.
Desde aquela, cada país conta cun día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.
E nós no cole celebrámolo ao grande enchendo o patio de moitosa xogos populares e facéndoo coincidir coa festa do Magosto. Mañá falaremos máis polo miúdo dos dereitos e deberes da infancia.

Magosto

Hoxe tivemos a festa do magosto, pero non foi unha festa como a de anos anteriores. Desta volta sorprendeunos a gran diversidade de xogos populares que enchían o patio e non deixaron a ninguén indiferente. Tamén destacou o exquisito comportamento de todo o alumnado, especialmente o da nosa clase que deixou o espazo limpo, sen o menor rastro de cáscaras. Para iso fomos provistos de dous cucuruchos de papel reciclado (xornais e papeis vellos).
Cabe especial mención o traballo dos monitores de xogo, sempre atentos ao bo funcionamento dos mesmos. Na nosa clase, Mateo S estivo moi pendente de axudarlles a todos os compañeiros do cole co xogo "Os chanzos". Grazas, Mateo.
Foi un pracer disfrutar dunha festa tan alegre e pacífica. Noraboa de novo, rapaces e rapazas.

Países de Europa

Xa coñecemos os ríos, montes, illas, mares e penínsulas de Europa. Agora toca percorrer os países que a conforman e coñecelos algo máis polo miúdo. Hoxe faláronnos Salomé, de Andorra; Victoria, de Liechtenstein e Carolina, de Suíza. Aprendemos moito sobre eles, e máis que nos queda por saber.
É hora de ir dominando xa, como mínimo o nome de todos os países e capitales europeas e a súa ubicación.Ánimo!



Mencía fálanos dos indios americanos

Mencía fixo un fantástico traballo de investigación e presentounos unha gran cantidade de información sobre os indios americanos. Destacou ademais a calidade e orixinalidade do álbum que deixou na clase. Grazas, Mencía.

Xabi e o seu trombón

Hoxe Xabi trouxo o seu trombón á aula e interpretou unha parte da música de star wars. Precioso. Foi incrible apreciar o que tanto aprendeu Xabi dende que nos presentou o trombón no curso pasado. Tiña ganas de ensinarllo máis polo miúdo aos compañeiros pero non nos deu tempo. Quedamos á espera de que outro día poida traernolo de novo. Grazas, Xabi,

domingo, 18 de novembro de 2018

Produtos para a cooperativa

Aínda non están todos, pero estas van ser algunhas das propostas presentadas este ano.
 Martiño

   Mateo M

 Candela

  Eulogio

   Irene
 
 Mateo S

  Mencía

  Xabier

  Iago

  Victoria

 Olalla


Visita á panadería A Modia

A sesión de hoxe foi realmente especial, pois visitamos a panadería "A Modia" onde, ademais de aprender a facer pan, empanada e outros boliños, nos explicaron o funcionamento dunha empresa. Ademais fixemos a viaxe de ida e volta en Pavitren, o que, para moitos, foi unha experiencia nova moi interesante tamén. Un día redondo,como os panciños con que nos agasallaron na panadería. Sempre quedará para con eles o noso máis sincero agradecemento.







xoves, 15 de novembro de 2018

Desmontando órganos

Hoxe Xabi e Mariña estiveron amosándonos o proceso dixestivo botando man dos órganos en relieve que ían collendo e amosando da nosa querida "Matilde". Outro días tocaravos a outros explicar o proceso. Ide aprendéndoo ben.

Aldara toca a súa guitarra

Aldara hoxe ofreceunos un pequeno concerto de guitarra. Foi un pracer escoitala pois puidemos deleitanos co melodiosos son das cordas e percibir unha profunda paz. Tamén quixo ensinarlle a Xabier como tocar. Eran moitos os interesados en aprender, pero non nos deu tempo. Se cadra, noutro momento, pode ensinarnos algo máis  aos apaixoados pola música deste magnífico instrumento.

Moitas grazas, Aldara.