xoves, 28 de marzo de 2019

Música e poesía

Hoxe contamos na clase con música e poesía da man de Xiana, Irene e Jimena que nos deleitaron coa marabillosa combinación dos instrumentos musicais e as palabras dun precioso poema que falaba da física e química do amor. Grazas, raparigas.


Da clase de 6ºB os que puxeron voz e música para achegarnos á música e á poesía foron Xabier e Aldara, que o acompañaba coa guitarra. Xabi leu un precioso poema de Mónica Varela.

luns, 25 de marzo de 2019

Loxística

Temos que ir pensando no empaquetado dos nosos produtos. Así que nos van vir moi ben estas indicacións de como facer caixiñas con tapa.


Así nos quedaron de bonitas:




venres, 22 de marzo de 2019

Un novo profesor

Hoxe Iago fixo as súas primeiras prácticas de mestre. Tocoulle explicar e dirixir a clase de matemáticas. Fíxoo moi ben. Como el mesmo apuntaba, a clave consiste non só en saber explicar, senón en que os alumnos atendan na explicación é manteñan un silencio que permita escoitar e concentrarse na tarefa. Todo un reto!Grazas, Iago, pola túa aportación.

xoves, 21 de marzo de 2019

Día Mundial da Síndrome de Down- Día Mundial da poesía





Hoxe todos na clase lemos e escollemos poemas, ilustrámolos dun xeito propio e persoal, compartímolos cos compañeiros, empaquetámolos en caixiñas de agasallo e ímolos enviar por todos os comercios de Cambados para que as palabras bonitas, os sentimentos e a beleza saian das portas do cole e inunden o pobo todo.

Pensamos entre tanto,
nas persoas coa Síndrome de Down,
e en crear, con elas tamén
un mundo máis acolledor para todas.

Non sempre o conseguimos
 pero non nos rendiremos
nin decaerá o noso ánimo
ou os nosos intentos,
porque, como dicía Lorca:
"O mundo é grande,
todos teñen cabida nel!"

Fagámolo posible,
fagámolo mellor empezando así:

A escola é grande
ou pequena
maís todos teñen
cabida nela.


martes, 5 de marzo de 2019

Carboncillo

Neste tempo de inverno estivemos traballando en plástica cun material ben bonito e ben curioso: o carbón que queda na estufa estes días de frío. Con el fixemos traballos xogando coas sombras e os volumes e conseguimos experimentar e crear composicións interesantes.




Máis ONG

Carolina, fai uns días fíxonos unha exhaustiva exposición sobre Cáritas, Vicki sobre o Refuxio de animais de Cambados e Iago sobre a Asociación contra o cancro. Grazas rapaces polo voso traballo e a investigación realizada. Dentro de pouco teredes que decidir a que ONG destinaremos parte dos beneficios da cooperativa




venres, 1 de marzo de 2019

Entroido

Hoxe celebramos, despois de moitos ensaios e preparativos, o festival de Entroido,
Realmente, pagou a pena tanto esforzo, porque quedou ben bonito.

Rapaces, rapazas ... Noraboa!!!
Faredes grandes cousas, pensando, imaxinando e traballando xuntos. Porque hoxe disfrutamos das ideas e do bo facer de todos e cada un de vós. Así sempre!! Imaxinando, creando e traballando xuntos o futuro será vosos