mércores, 31 de outubro de 2018

Samaín

Hoxe o cole estivo rebosante de cabazas e contos e historias de medo. As cabazas deslumbraban pola súa orixinalidade, cada ano máis sorprendentes.



 Na nosa aula escoitámoslle a Cayetana un precioso conto de medo, Drácula, que empezaba falando de amores. Curioso inicio que promete un desenlace moi interesante e que aínda non coñecemos porque o tempo do contacontos foi breve. Quedamos con ganas de concluír a historia, pero será xa na biblioteca. Grazas Cayetana.










Para rematar,  hoxe foi a última representación da obra "A bruxa Regañadentes". Despois das sesións de onte na Escola da Pastora as nosas queridas contacontos completaron a xira no colexio noutra das aulas, desta volta sen Salomé, pero con táboas de sobra, para defender con firmeza o papel asignado. Mil grazas, raparigas.

Profes en prácticas

Hoxe foi un día de despedidas. A nosa profesora en practicas, Eva, rematou esta breve etapa na nosa aula e xa a botamos en falta. A súa proximidade, creatividade, a amabilidade coa que sempre estivo a carón de cada un dos que precisaron a súa axuda ... déixannos un pouco orfos, pero quedan con nós os materiais que nos preparou e moitas das súas ideas e propostas para a mellora da aula. Comprometeuse a visitarnos en breve e esperamos que  sexa pronto.
Tamén se despediu Helena, profesora que fixo as prácticas co profe Carlos en inglés, e como moi boa profe de inglés, ao igual que Carlos, falou sempre con todos, en inglés, claro!, con palabras garimosas e cun permanente sorriso que seguirá iluminando o recordo que nos deixa.

Queridas profes, desexámosvos un moi bo e feliz curso e esperamos contar con vós nas nosas aulas.

xoves, 25 de outubro de 2018

Contacontos de medo

Hoxe as nosas actrices da aula tiveron unha sesión de contacontos cos pequerrechos de 3ºA. Leron e representaron o conto: "A bruxa Regañadentes". Mañá farán o contacontos na nosa aula. Grazas, raparigas.

martes, 23 de outubro de 2018

Rap

Dentro de nada empezaremos a repasar o proceso dixestivo. Así é que aquí vos deixo un rap moi divertido para que vaiades vendo ... e aprendendo!

luns, 22 de outubro de 2018

Sandías Artesás

Pois si! Este será, nin máis nin menos, o nome da nosa cooperativa este ano.
Agora temos que ir presentando os produtos e preparar o logo e o debuxo escollido.
Veremos como nos queda.
Xa sabedes: a creatividade ao poder!

Repasando divisións

Hoxe repasamos a mecánica da división. Imaxinamos unha excursión na que todo o cole podía pasar unha fin de semana fóra e calculamos canto tería que pagar cada alumno. Levou moito tempo facela ben. Así é que hai que segui practicando moito o cálculo mental de divisións. Aquí vos queda a ligazón para practicar  co ordenador. Clicade en iniciar e "a practicar"

xoves, 18 de outubro de 2018

Julio Verne e o mar de Vigo

Na saída de hoxe percorremos as distintas salas do MARCO de Vigo adicadas a Julio Verne.
Antes de entrar fixemos un xogo para centrar a atención en tres segundos despois de moita dispersión e resultou moi ben, merendamos e entramos.

Descubrimos datos fascinantes sobre a súa vida e a súa obra








Logo, no barco vimos en directo unha exploración incrible dos fondos mariños. Un día inesquecible.








.

martes, 16 de outubro de 2018

Xa escollemos logo para a nosa cooperativa

Hoxe concluiros as eleccións de logo para a nosa cooperativa. Estes son algúns deles:



 




O logo escollido foi o diseño presentado por  Eulogio.








                    Parabéns para el e para todos os que vos esmeráchedes en presentar propostas tan bonitas.

Mañá teremos un sesión extra para buscarlle un nome

mércores, 10 de outubro de 2018

Excursión a Vigo


O día 18 de outubro imos ter unha excursión a Vigo. Iremos a unha exposición sobre Julio Verne. Será onde o ano pasado foi a de Leonardo Da Vinci. Sairemos, como de costume, en autobús. A excursión será de 9:30 ata as 14:30. Creo que será moi interesante. Espero que vaian todos os alumnos para disfrutala ao máximo e que todos aprendan, polo menos, un pouco sobre este famoso escritor.

Autor: Mateo Santos. Cambados.

domingo, 7 de outubro de 2018

Placas Tectónicas

Que son as placas tectónicas?
Como se moven as placas?
Que consecuencias ten  movemento das placas?

Escoita con moita atención:

mércores, 3 de outubro de 2018

Polis e cacos

A sesión de Educación Física de hoxe foi ben diferente.
Quedamos na clase e falamos sobre o que está pasando no patio, dos xogos, das normas, das trampas...

Cabe ante todo felicitar todos os nenos e nenas que foron sinceros e foron quen de recoñecer cando facían trampas e de darse conta das consecuencias que estas accións teñen na boa marcha do xogo e das relacións entre compañeiros. Cando menos a sesión valeu para decatarnos da importancia de ter unhas normas de xogo claras, que todos os que xogan deben coñecelas e tamén da importancia de respectalas.

Por suposto que todos poden acordar cambiar as normas e mesmo poden inventarse xogos novos e novas normas. Pero os que participan no xogo, en calquera, han de coñecelas e respectalas sempre.
Despois de falar, reflexionar e consensuar o que todos queremos tentamos recollelo por escrito:






Podedes darlle unha ollada a algún desstes xogos para inspirarvos. A claridade é fundamental:

Normas dos xogos

Normas de polis e cacos e variantes        Polis e contrabandistas

Polis y cacos e outros xogos

Máis ideas para un recreo diferente

Máis xogos: as normas claras

Aprendendo máis sobre diferentes culturas

Brais hoxe trouxo da casa unha impresionante embarcación romana e explicounos as súas partes,as características máis salientables, a súa función e unha morea de curiosidades interesantes. Tamén espertou a nosa curiosidade sobre a cultura exipcia, o mundo das pirámides, do máis alá, das constelacións ... Por último falounos do accidente  do Columbia. Pero quedamos coas ganas de saber moitas máis cousas interesantes porque o tempo se nos foi voando.
Moitas grazas, Brais, por seguir investigando e especialmente, por espertar as nosas ganas de saber.