Hoxe celébrase o Día Internacional contra o acoso escolar. Xuntámonos todos no patio e cantamos "Se buscan valientes", porque non queremos nenos aillados, tristes, sufrindo ... no noso colexio.
Hai moitos conflitos ao noso redor. Hai coimpañeiros que fan dano, con palabras e xeitos que, sen seren insultos, doen.
E xa chega.
Canto máis se a situación se repite día a día, se son varias as persoas que se xuntan para facer dano, se nos quedamos aillados un día e outro ...
Así é que contamos no patio cun fantástico grupo de mediación para resolver eses problemas diarios e os malentendidos que fan dano.
Así é que, ademais buscamos valentes que digan en voz alta o que está acontecendo ao noso redor para que non se repitan situacións que xeran dor, aillamento, rexeitamento ... Valentes que acompañen ao que sofre e denuncien ao agresor.
Ollo, que a veces, sen pretendelo, tamén podemos ser agresores. Temos que estar moi atentos a como se sinten os demais coas nosas palabras e cos nosos actos.
De todo isto falamos hoxe na clase e seguiremos falando todo o que sexa preciso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario