mércores, 10 de maio de 2017
Charla sobre Carlos Casares
Hoxe tivemos a sorte de contar no centro con Antón Mascato, escritor e editor, amigo persoal de Carlos Casares a quen tanto coñecía e do que nos foi debullando aspectos da súa vida e obra, que so os achegados coñecen tan polo miúdo. Así puido falarnos dos seus amores con Cristina, a quen coñeceu nunha viaxe en tren e da que quedou tan namorado que se convertiu na súa muller tan so un mes despois do primeiro encontro. Falounos dos seus estudos no Seminario de Ourense e da súa heroica e silenciosa fuxida. Falounos dos seus anos de mestre, dos seus libros, das súas alegrías e frustracións. Soubo ilusionarnos coas súa paixón polos trens, as cámaras de fotos e as diferentes edicións de "O Principiño", libro que traduciu ao galego, xunto con outros libros como "O vello e o mar". Contounos como, despois do seu árduo e constante traballo, con 60 anos, sentíase xa un vello e sen horizonte. Carlos Casares morreu en Vigo un 9 de marzo de 2002.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario