venres, 5 de maio de 2017

Unha decisión mellor



Na clase de sociais de hoxe falamos da poboación europea e do serio problema de envellecemento que está acontecendo.
Para explicar as causas desta situación indicáchedes moitas das respostas que escoitades de vosos irmáns e familiares que deciden non ter fillos. Foron varios os motivos que comentáchedes.

A decisión é dos mozos e mozas.

Non sempre é doado tomar decisións. Así é que rematamos a clase cunha sesión especial adicada precisamente á toma de decisións. En distintos grupos analizamos como responder en diversas situacións complexas nas que escoitamos voces opostas e non sempre está claro o camiño a tomar. A uns tocáballe defender unha postura, a outros outras. Do debate e a argumentación nun e noutro sentido todos os grupos acabaron chegando a decisións interesantes, aínda que ...nin todos o tiñan claro, nin sempre era doado levar a cabo o acordado, malia sentir que era o correcto ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario