venres, 12 de maio de 2017

Visita a Martín Códax

Dentro das actividades programadas para coñecer o eido empresarial, onte fixémoslle unha visita á cooperativa vitivinícola de Martín Códax. Alí explicáronos como xurdiu a cooperativa, alá polo ano 86, coa ilusión de 50 socios que buscaban xuntar esforzos para sacar adiante os seus produtos. Agora son xa máis de 250 os socios, 300 os colaboradores e 50 os empregados desta fantástica empresa. Amosáronos as distintas instalacións e faláronos da distribución destas en funcións dos Departamentos que nela funcionan: ventas, administración, publicidade, produción ... Ensináronos o proceso de elaboración do viño e contáronos a história da elección deste tan curioso nome e do diseño das súas etiquetas. Finalmente disfrutamos dunha deliciosa sesión de "cata" no que aprendimos a ver, ulir e saborear ... auga con sabor. Despedíronos cun agasallo: un chaveiro moi orixinal c no que está impresa a partitura do máis famoso poema deste trobador vigués "Ondas do mar de Vigo". E así, malia a choiva e o mal tempo, fixemos a andaina de regreso ao colexio cun excelente recordo desta bonita vivencia.











Ningún comentario:

Publicar un comentario