luns, 15 de maio de 2017

Ofrenda floral na Calzada

Hoxe o alumnado de sexto tivo un protagonismo especial na celebración dos actos da ofrenda floral diante da estatua de Ramón Cabanillas co gallo da celebración das Letras Galegas. Os nosos alumnos Raúl, Paula recitaron o poema de Ramón Cabanillas titulado Galicia en tanto que  Pedro nos deleitou cunha extraordinaria interpretación da "Ribeiriña" aludindo ao serán dos campesinos, aoa que cabanillas facía referencia.
Logo de cantar o himno cos outros colexios, de cantar e bailar co grupo "Migallas" e de facernos un retrato diante do noso cartel, volvemos a clase non sin antes darlle unha ollada á nosa horta.
Un día certamente para recordar.
Noraboa rapaces.





Ao rematar a ofrenda floral, fomos pola horta para comprobar como medraran as nosas verduras e hortalizas. Certamente estaban ben grandes. Pronto se poderán recoller as leitugas! Xa temos tomatiños pequenos e unhas bonitas follas de acelga,





Ningún comentario:

Publicar un comentario