xoves, 27 de abril de 2017

Visita ao Parlamento de Galicia











Hoxe fixemos unha visita ao Parlamento de Galicia.
Estivemos sentados nos escanos das súas señorías,os deputados e tamén os conselleiros.Tivemos unha pequena comisión para propoñer leis e fixemos un pequeno debate encol das mesmas, estivemos na sala de prensa e respondemos ás preguntas dos "xornalistas"; admiramos as pinturas, esculturas, vidrieiras, salas, biblioteca e demais estancias desta institución na que se deciden e aproban as leis polas que nos reximos. Aprendemos moito e vivimos un anaquiño do traballo que fan para nós os nosos representantes no Parlamento.
Na Sala das Letras Galegas atopamos ao pai da nosa compañeira Aitana que nos veu saúdar.
En Santiago fixemos un moi pequeno percorrido polo casco vello e xantamos na Alameda; alí encontramos a Andrea, a iirmá de Sabela. Mágoa do reloxo que non fixo andar moi á presa. O certo é que nos quedaron ganas de máis.
Pero ademais, para moitos alumnos tivo un valor especial a viaxe en si mesma, xa que era a primeira vez que subían a un tren. Dende os vagóns disfrutamos das fermosas paisaxes da Ría de Arousa; paisaxes que se viron enturbiadas no regreso por un penoso incencio que ensombreceu o ceo e as nosas ilusións.

Agradecémoslle a visita ao Parlamento de Galicia e tamén o detalle que tivo ao agasallarnos cun fermoso libro de Fina Casalderrey no  que relata tamén a visita doutros nenos a esta institución e que sempre nos lembrará a nosa viaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario