domingo, 23 de setembro de 2018

Elección de delegado e subdelegado de curso

Este ano foron catro alumnos os que se presentaron ao cargo de delegado de clase: Mateo S, David, Iago e Brais. Os catro fixeron unha excelente defensa da súa candidatura e dos catro destaca a amabilidade e un exquisito respecto polos demais candidatos. Parabéns aos catro e grazas tamén aos catro por presentarse  para asumir as responsabilidades que este posto implica.



Despois da primeira rolda de votacións podemos xa felicitar ao delegado de clase que nos representará neste curso escolar: Iago. Parabéns.
O próximo luns teremos unha nova rolda de votacións para escoller ao subdelegado, xa que houbo empate entre outros dous candidatos. Luns saberemos  quen é o noso subdelegado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario