mércores, 31 de outubro de 2018

Profes en prácticas

Hoxe foi un día de despedidas. A nosa profesora en practicas, Eva, rematou esta breve etapa na nosa aula e xa a botamos en falta. A súa proximidade, creatividade, a amabilidade coa que sempre estivo a carón de cada un dos que precisaron a súa axuda ... déixannos un pouco orfos, pero quedan con nós os materiais que nos preparou e moitas das súas ideas e propostas para a mellora da aula. Comprometeuse a visitarnos en breve e esperamos que  sexa pronto.
Tamén se despediu Helena, profesora que fixo as prácticas co profe Carlos en inglés, e como moi boa profe de inglés, ao igual que Carlos, falou sempre con todos, en inglés, claro!, con palabras garimosas e cun permanente sorriso que seguirá iluminando o recordo que nos deixa.

Queridas profes, desexámosvos un moi bo e feliz curso e esperamos contar con vós nas nosas aulas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario