domingo, 21 de maio de 2017

Para facer e manter amigos ..., para comunicarnos mellor.

Na sesión do pasado venres fixemos varias postas en escena representando situacións que podemos atoparnos cando encontramos a outros rapaces e rapazas que non coñecemos, como probablemente ocorrerá no vindeiro curso ao chegar ao instituto. Logo analizamos na asemblea os elementos da comunicación verbal e non verbal que sempre debemos ter en conto. Foron saíndo aspectos claves como o saúdo, os xestos af
ables, o sorriso, as preguntas de cortesía, o respecto, o interese .. Tamén se mencionaron aspectos que debemos evitar, como encollernos de ombreiros, baixar a cabeza, amosar inseguridade ...
Sen embargo dous dos aspectos claves para iniciar e manter conversacións non saíron a colación nesta rolda, polo que fixemos un pequeno xogo no que tiñamos que falar durante 30 segundos co nosos compañeiro sobre a nosa viaxe favorita durante 30 segundos. De seguida o noso compañeiro facía o mesmo, pero nesta ocasión a persoa que tiña que escoitar mantíñase coa cabeza baixa mirando aos pés.
Descubrimos dese xeito a importancia de mirar aos ollos cando falamos e tamén cando escoitamos e de apoiar a nosa expresión oral con xestos da nosas mans, e cando escoitamos con xestos de asentimento e comprensión. Foi toda unha experiencia, que terá pronto unha segunda parte.




Ningún comentario:

Publicar un comentario